O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, setembro 23, 2012

AVANTE BILLARDA.... A TERRA E O MAR SABE A LOITA!!


















Arrincou unha nova xeira regular na Conferencia Mae e fixoo como xa é norma dende fai uns anos en Burela  da man dos irmáns do Buril cos que sincrinizamos de novo os reloxos pola hora natual galega nun mar de intensiadades compartidas que chegou ó seu culmen coa pequena apresentación a pé de pista do espectacular libro sobre a Loita Agraria Galega escrito polo histórico activista do SLG Emilio López ( Milucho ) páxinas nas que ademáis apercen palanadores  de diferentes franquicias da Norleste.

















Accion de ataque frontal o que ista tarde de sábado puxo en marcha a LNB que fixo que os irmáns do FERVEDEOIRO convertera o espectacular campo de Os Albariños de Cuntis nunha auténtica ola a presión de billardas e palanadores buscando O Varal coa forza dun xabarín ferido.


















A LNB estreou esceario na vila de Burela , un mar,  O Ceip Vista Alegre , perfecto para que o gran batuxo billardeiro volte en vindeiras edicións ceibar o anzó na caza do espectacular exemplar de Bonito do Norte..
















E en terras do sur , pendentes do acontecido no Aberto da cachiza de Bueu e do Cultura Proletaria de Vigo , temos que refregar os ollos ante o exitazo acontecido en Cuntis , donde o gañador do Aberto foi Luis Camiña , dato isto de escasa importancia cando a segunda edición do Aberto de Cuntis e a súa posterior e explosiva foliada fan diste torneo un estalo absolutamente referencial para todo o resto da tribo billardeira.



















Mentras en Cuntis de vacían as botellas para celebrar o éxito en Burela se prepara a tixola para que Eric, o gran palanador de Os Outros , poida saborear o espectacular exemplar de Bonito que o acompañou na seu retorno á casa despois da súa gran vistoria fronte a dous finalistas de máximo nivel como foron Martinho dos Remourlle Bulls coma 2º e Richard de Tropa-Lixieira 3º , que obrigou ó palanador de ribadeo a facer dous varados para subir o peixe abordo...Viño e Bonito Sempre, avante co varal!!