O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, setembro 19, 2012

"BONITO E BILLARDA É" A GERRILHA CONTRACULTURAL DA LNB XA TEN UN NOVO FRONTE!!



















Nunca antes sucedeu o que iste vindeiro sábadO no arrinque da competIción regular en Burela vai acontecer...sincronizade os reloxos pola hora galega dos irmáns do bURIL porque a pista da LNB ademáis dun Territorio Galego Ceive vai converterse nun brutal espazo artístico no que a maxistral obra "Bonito-Billarda é" que estades a ver perpetrada polo palanador Muriego dos Remourelle Bulls vai tomar vida propia cos xostregazos do incombustíbel aborixe do EoNavia . Paláns en alto na nova edición do Aberto do Bonito donde tamén se apresentará a nova xeira da publicación O Bruar dos Bulls e atención porque se quedas con fame ó día seguinte en Piñeira ( Ribadeo ) confirmouse un novo Aberto apartires das 17 h . con espectaculares premios niste torneo non puntuábel pero si extremadamente apetecíbel!!

CONFERENCIA SUR...PREVENIDOS, ACCIÓN!!


















E moita atención porque donde tamén andan ó bonito é na conferencia Sur que ista tarde de mércores segundo o ultimo parte policial puido verse a un comando de palanadores mercando plantilina nos arrabaldos de vigo polo que é moi posíbel que se iste noite conectas co seu web-blog che estoure nos fuciños o explosivo audiovisual que de arrinque de tempada na implacábel e irreductíbel Conferencia Sul da LNB...Pincha Sempre , Adiante co Varal!!