O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, setembro 17, 2012

CATALUNYA E ANDALUCÍA ....VARADOS DE IRMANDADE CARGADOS CO PODEROSO EFECTO INTERNACIONALISTA!!



































Á acombulsion absoluta que supuxo a manifestación da diada pola independencia de Catalunya súmase o brutal paso á fronte que dan os nosos irmáns do Bélit ó amosando os dentes e o camiño para que clubes de futbol coma o Barça ou Espanyol abandoen urxentemente a competición da LFP para competir nunha auténtica competición nacional plena allea a calquera xugo alleo , o Bélit pois ó contrario que desportos coma o futbol , basket ou hockey si escoita e asume ás dispisicións que o povo dicta polo que dispóñense a por en marcha do 1º Campionato de Bélit da Catalunya Central , unha iniciativa histórica que porá en marcha unha serie de torneos regulares normalizando e dotando dun entramado competitivo nacional que vai disparar o bélit ate cotas fai uns anos nunca imaxinadas , hai que salientar que varios xogadores das principais equipas bélit militaron en franquicias LNB polo que de seguro que a experiencia militando nunha liga xa consolidada coma a nosa será un importante referente para que ista  criaça que nace agora no marco central , medre e englobe moi pronto todo o ambito dos Països Cataláns. Toda a info nise referente vital e mediático chamado TotBélit donde xa te podes inscribir tanto ti coma o teu equipo se ides estar ista tempada acariñand@s pola brisa mediterranea...

1º ABERTO DE IRMANDADE ANDALUZ-GALAICO EN CHICLANA!!



















E como xa viñams anunciando iste pasado find, produciuse o primeiro encontro billardeiro en Cádiz de irmandade entre o povo Andaluz e Galego , impresionante a imaxe na que destacados palanadores e apalanadores da LNB participaron niste Aberto que servíu tamén para apresentar un libro sobre mariñeiros galegos na costa gaditana que moi pronto teremos nas pistas de Billarda.



















E como non podía ser doutro xeito , o humor e o Nom-Natal fixo acto de presenza antes, durante e despois do Aberto , un evidente toque de atención dende o Al-Andalus para que o Apalpador vaia preparando tamén a súa coleccion de traxes de outrono-verán cos que desfilar nas pistas da LNB ...Non imos parar ate xogar , rirnos , desfrutar e compatir en todas partes!!