O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, setembro 30, 2012

COA PINCHA ENTRE OS DENTES A TRIBO CACHIZA INVADE BUEU E ARRASA CONTODO!!
















Iste sábado a Conferencia Sur voltou á acción e fíxoo no espectacular campo da Estacada de Bueu , alí foi donde o palanador neandertal cunha billarda entre os dentes e con aterradores berros guturias saíndo da súa gorxa liderou á sempre perigosa e impredecíbel cun palán entre as mans ou entre as pernas tribo Cachiza
















Acompañou a tarde e a implicación absoluta duns palanadores e palanadoras da Conferencia Sur que despois do exitazo do Aberto de Cuntis e da Cut en Vigo da fin de semana anteriro chegaban a Bueu con gañas de botarse á terra batida da estacada para invadir coa súa firme carraxe billardeira os Varal e todo o que se puxera por diante...
















Como aconteceu a find pasada en trazo no Aberto da Conf. Centro coa reenganchada á competición dunha franquicia mítica da LNB en Compostela como é a Gentalha do Pichel , a Bueu retornaron tamén e coas pilas ben carregadas os irmáns da Ghudalha que xa estiveran en Vigo no Aberto da Cut tamando impulso..
















Un impulso que de novo puxo en marcha ise tsunami mediático chamado Radio Cabaliño que despois das lamanetábeis abaneos co mainstring nun festival en Boimorto voltaron ó rego da crúa realidade e do sufrimento  que son os Abertos da LNB. Impresionate a maxistral xestion de Manuel Outeiro e de toda a súa equipa que fixeron posíbel a nova xeira billardeira en Bueu e impresionante tamén a dóbel acción coma locutor cru e varadista do Croceiro Nacional que tirou polo chan ise dito de ovella que fala varado que perde...
















Un podium de luxo para un Aberto que deixa semente de victoria tanto nos máis de medio cento dos seus participantes coma nos milleiros de ollos postos dende o mundo enteiro, como dicían na bola de Cristal e recordou iste pasado venres na emisión pirata de CarneCruda - só non podes , con amigos si...Bueu Sempre, Adiante co Varal!!