O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, setembro 14, 2012

DO VERMÚ DE REMOURELLE Á ROBALIZA DE VIVEIRO E DE CHICLANA A BRETONHA....BILLARDA E CALVETE SEMPRE!!























Non pasa un segundo sen ue a presenza do noso único DEUS BILLARDEIRO nos guíe dentro e fóra da paista mais iste domingo no Aberto de Remourelle o seu brilo será de todo abrasador xa será o marco elexido para o tan desexado I Memorial Calvete . E nos só a todos e cada un dos palanadres e palanadoras da LNB Calvete nos ilumina senón que tamén a luz que guía ó #CiclistaLNB que ista finde desputa a Volta á Galiza . A cita apartires das 12 h na pista de Remourelle con xantar de irmandade posterior na Taberna de Lola. Info e Inscripcion : 605.316896











E no serán no contexto da espectacular xornada de Xogos tradicionais que iste domingo se celebra en Viveiro os irmáns de Xotremu coordinan un explsovo I Aberto da Robaliza , con impresionate exemplares diste peixe do cantábrico para os primeiros clasificados. Iste domingo apartires das 17 . ceiva o anzó no Paseo de Vovas no I Aberto da Robaliza. Info e Inscripción>> 676597050






















E que mellor que soltar un pouco o brazo antes de coller o carro do supermercado ,  enchelo de alimentos básicos e saír pitando a toda ostia sen pasar pola caixa rexistradora ....pois iso poderán facer os que iste domingo en Chiclana Cádiz acudan ó I Aberto de irmandade  Andaluz-Galega que se enmarca nos fachos da presentación do libro que conta a história dos mariñeiros embarcados que tiñan asentamento en Cadiz. Atención porque ise libro que conta con varios palanadores coma protagonistas chegará tamén ás pistas da LNB. Info e Inscripción>> 680.531760 
















E se libros falamos iste sábado en Bretonha , a terra santa billardeira e donde triscan os dentes Ex_Tension Agraia , realizarase a espectacular Romagem Literária da Pega no livro , alí estarán activistas da LNB.. cunha man no palán e noutra un libro en lingua portuguesa!!