O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, setembro 26, 2012

PARA OS COELLOS NON ...A CARICIA DO PALÁN PARA OS DEPUTADOS , POLICÍAS E IMPUTADOS!!


















Un palanador ou planadora da LNB cando acode a unha Aberto de Billarda faino para atoparse e compartir espazo e inquietudes con homes e mulleres da mesma especie mais de moi diferente pelaxe ideofóxica , iso aconteceu por exemplo o pasado sábado en Cuntis , Burela ou Trazo e no Bar O Xeitoso de Castrillón donde se ultimaron os parámetros para o inico da acción na Conf. Noroeste e vai acontecer iste próximo sábado en Bueu no primeiro Aberto puntuábel da incendiaria Conferencial Sul  agora máis ca nunca nun intre de absoluta combulsion social no que os partidos políticos demostraron a súa total  ineficacia , as pistas da LNB teñen que servir ademáis da xestion de varados para exercer tamén de plataforma dende as que reforzar e asentar os pilares dunha resposta popular en marcha contra unha estructura absoleta de poder que representa ista falsa democracia que moi pronto dun outro xeito vai saltar polos aires...










E mentras varios membros da nova franquicia ExTension Bilharda traballan na primeria cooproducción audiovisual billardeira Galego-CaboVerdiá , os membros da súa división sonora xa entenderon a mensaxe e convertiron o pasado martes o seu local de ensaio nun vivo foro de debate sobre a situación político-social de ruptura na que como pobo todos estamos inmersos. Colle o palán e a por eles!!