O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, outubro 16, 2012

"Plataforma Galega polo Voto Chourizo" , A ÚNICA FRONTE QUE CONCORRE ÁS ELECCIÓNS DO 21-O QUE SE DIRIXE ÓS PALANADORES E PALANADORAS DA LNB!!
























Iste mércores como sabedes remata o prazo para o voto por correo polo que aínda estades a tempo de introducir a vosa loncha de chourizo de porco galego ou celta no voso sobre electoral , isa é a máxima que nos comunica a Plataforma Galega polo Voto Chourizo a única fronte que tivo a ben dirixirse ós palanadores e palanadoras sistematicamente esquencidos e aldraxados polo resto das candidaturas que tentan engañar á sociedade galega para colarse no parlamentiño e poder roubar e mexar por todos con impunidade total. É por elo que non podemos máis que servir de altofalante do Candidato Chourizo para que iste 21-O poidas expresar o teu desafío á ista dictadura , e non só iso xa que dende a PGVCh poñen niste ultimo treito a explosiva campaña interactiva " Galeguiza España co teu Voto Chourizo" e incluso se queres realizar algunha consulta o candidato chourizo resposta , só tes que enviarlle un mail e terás no teu buzón isa resposta indixenista que tanto estabas precisando...

MONTOUTO SOUND MACHINE > CHOURIZOS DE CABALO CONTRA O TERRORISMO FINANCEIRO !!



E como non podia ser a campaña anti-electoral da Plataforma Galega polo Voto Chourizo van acompañada dunha espectacular Banda Sonora , trátase so novo estalo de Montouto Sound Machine , o músico aborixe de Sabucedo exiliado na meseta que todos coñecemos xa por ise seu xa mítico "ás tres corre a vez " tema estrela do República Billarda , lanza agora á rede ise novo desafío sonoro á dictadura financeira e do capital pedindo a man dunha namorada finxindo ser banqueiro . Terrorismo Financeiro será adamáis unha das explosivas aportacións á edición dixital do República Billarda . Prepara o Chourizo e racha coas estratexias de mercado electoral que todos temos que imitar como se fosemos ovellas!!

1 Comments:

  • At 1:32 PM, Anonymous Anônimo said…

    O voto a Mario Conde conta como voto chourizo?

     

Postar um comentário

<< Home