O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, outubro 28, 2012

"GINES" EN CASTROFEITO E "RICHARD" NA PONTENOVA FURAN O CENTRO E O NORDESTE CUN SECO VARADO!!

















As facianas trocan e os corpos se transforman co impulso brutal necesario para acadar un varados , aconteceu na pista da Madalena cunha tarde de sol e estorneal fantástica en Castrofeito , aconteceu na Pontenova odnde os palanadores e palanadoras da Norleste desafiaron unha crúa tarde de chuvia e barruzo e aconteceu no páis entiro que se extremeceu diante da television vendo o espectacular programa adicado ó bulir e palpexar vital da Liga Nacional de Billarda.


















A praza dos fornos da Pontenova foi de novo o epicentro elexido para a desputa do título de Navalleir@ Nacional , un marco perfecto con covertizos laterais e frontais e algo importantísimo..cun bar a pé de pista donde os palanadores e palanadores poder aplacar a sede de gloria.

















E ó contrario acontecía na Conferencia Centro que no val que forma a pista da Madalena mutábase por momentos nun fantástico microclima cálido e perfecto para a practica da Billarda . Ambientazo niste novo Aberto Puntuábel que confirma o potencial e atraccion do universo estornela.

















Lastras molladas , chuvasqueiros e os fornos coma testigos de luxo niste aberto no que as navalladas comezaban asomar a medido que avanzada a competición.

















Unha find. sen acción  noutras conferencias é unha motivación para o nomadismo iso foi o que fixeron dende o hemisferio sul os referenciais Gharabotos e dende as terras da Cochikeira un comando no que participou o comandante Verdillo que estará tamén iste vindeiro sábado encabezando un comando de intervencion rápida con Palestra + abertinho en Arteixo ....Únete ó comando Osos de Santo >> 679.908773 - fbestilleiro@gmail.com

















E mergullados no tramo final da competición na Pontenova fumeaban os espectaculares cinceiros-forno do bar a pé de pista para apagar os cigarros , farias e xarutos con misturas varias cos que os xogadores tentan aplacar a brutal tension diste gran torneo a ceo aberto....



















Un torneo no que Richard , o gran palanador dos Tropa Lixeira de Meira deu o seu definitivo chimpo de calidade que se intuía xa no seu explosivo inicio de tempada acadando o segundo posto en Burela e confirmando a súa posta de longo na pista dos Fornos na Pontenova arrasando contodo converindose por méritos propios no novo Navalleiro Nacional nun contexto ademais de rivalidade obsoluta porque a trinca Meira-A Pontenova só pode compararse á forza centtípeta que emerxe dun Celta-Depor que a isa mesma hora arrincaba en Balaidos.
















E atencion porque a rotativas do Buar dos Bulls acaban de paralizarse xunto no intre de confirmase dende a pista de Castrofeito a espectacular victoria de Gines, actualmente nas filas dos Furabolos mais que arrincou a súa militancia billardeira nas filas dos Remourelle cos que incluso desputou finais nacionais na mitica area de Conxo . Ginés , o Javi Martinez da billarda , seguido de Rubén dos Trouleiros e Gelín de Gharabotos confirma así o seu excelente intre de forma tanto nas pistas da LNB coma súa outra gran paixón da cal parte todo o seu impuso que é a precisión nas latras dos campos de Bolos.  Todos os ollos orintados á proxima portada do Bruar dos Bulls que a estas horas estadan o seu agardadísmo chimpo ó formato blog co análise en prfundidade dista gran victoria do seu ex-palanador



















A friaxe non foi impedimento para que a representante institucional da Pontenova vestira de curto á hora da cerimonia de entrega dos fabulosos premisos , o novo Navalleiro Nacional Richard recibíu a espectacular Navalla , a réplica artítica dos fornos para acontinuación brindar con Cervexa  Menduiña arroupado polo seu compañeiro de equipa Oscar coma 2º clasificado e por Regueiro que ocupou o 3º posto . Reyes gañou a navalla á mellor palanadora e os Tropa Lixeira levan a Navalla á mellor equipa. Viño, cervexa , navallas e billarda sempre!!