O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, outubro 24, 2012

"O TEMPO DE AFIAR NUNCA É PERDIDO"..XOSÉ REGUEIRO O NAVALLEIRO NACIONAL VISITA A CANTINA DA LNB ANTES DA SÚA PRIMEIRA DEFENSA DO TÍTULO!!




Iste sábado pola tarde acción doble e simultanea na Conferencia Norleste co gran Aberto do Ferro da Pontenova e cunha nova acción puntuábel na Área Estornela co Aberto de Castrofeiro no campo da Madalena . Ante tal intensidade a tan só unha horas das dúas grandes enganchadas non podemos mais que abrir a mítica Cantina da LNB para botarlle uns grolos e calmar tensións e impulsos , como non podía ser doutro xeito un dos que se achegaron ate a barra é o actual Navalleiro Nacional , Xosé Regueiro , o gran planador das Troitas Bravas inxire unha Menduiña e conversa co camareiro mentras acariña suavemente a Navalla no Peto...











Benvido Regueiro á cantina da LNB, un espazo coma calquera dos miles de bares e taskas do país adiante donde realmente a cultura e o activismo galego está burbulleante ó carón dos grolos e do lume esparexado da conversas , espazos estes donde  apartires de agora será mais necesario ca nunca ir armado en vista do cheque en branco que a sociedade galega lle otorgou a un goberno que ve na nosa fala e en cada un dos nosos acenos coma aborixes unha sinal para a intervención e aniquilación, é por elo que o primeiro convidado da tempada diante da barra tiña que ser o actual Navalleiro Nacional da LNB que iste sábado defende o seu prestixioso título.





















- Como primeiro Navalleiro Nacional da história, título que defenderás iste sábado no Aberto do Ferro na Praza dos Fornos da Pontenvoa , ves con bos ollos que a LNB agasalle armas brancas ou incluso nun futuro rifres de asalto como trofeos nos seus Abertos?

- Non sei se as navallas e os rifres de asalto serán suficientes para salvagardar a nosa lingua e a nosa cultura dun ataque tan brutal como o que estamos a piques de sufrir por parte deses inimigos de calquer sinal de identidade galega.





















- A túa evolucion na competición é fantástica , pos o teu título de Navalleiro Nacional sobre o ring da Praza dos Fornos nun dos teus picos de forma da tempada como se demostrou na Ponte de Outeiro quedando de segundo despois dunha final épica no lusco e fusco contra Markitos , a arbore e as Fabas do Gardarríos son un plus de forza para revalidar un dos mais prestixosos títulos da tempada regular da LNB??

- Sen dúbida os fabulosos trofeos do aberto da Ponte de Outeiro servirán para seguir con forza o resto da tempada. Árbores e fabas serán semente de victoria.



















- Coma palanador implicado ate as últimas consecuencias sabes que para nada unha carreira remata cando a túa billarda atravesa o Varal senon que a túa militancia implica  unha responsabilidade 25 horas ó día os 8 días da semana , na túa condición de Navalleiro Nacional foi espectacular verte mutado xunto con Paulo teu compañeiro tamén en Troitas Bravas en Gadanheiro no xa mítico concerto dos Ex_tension Agraria no festival da Chaira, como foi ise brutal proceso de translación da Navalla cara á Gadaña que rematou no espectacular esceario de Baltar??

- Colaborar con Ex_Tensión Agraria foi un luxazo. Por se fora pouco, acompañado por Paulo e en Baltar, na casa. Navalleiro e gadanheiro...o tempo de afiar nunca é perdido.




- O teu activismo billardeiro lévate a militar tamén en diferenctes colectivos entre os que destaca a túa laboura no eido da defensa e desenvolvemento sostíbel do rural co exterminio actual que dende institucións e as multinacionais se está a producir do noso sector primario , coma telon de fondo
acabamos de coñecer as escalofriante cifras coas que a Xunta quere implantar artificialmente un deporte coma o padel no rural galego , 423.104 millons de euros que a Axencia Galega de Desenvolvemento do Rural vai destinar exclusivamente á instalacións das pistas e gaiolas de transparentes nas que se practiva o tamén coñecido coma deporte do expresidente español Aznar. Estamos pois ante un proceso similar á limpeza étnica aplicado ó deporte da billarda no rural galego aplicado polo goberno da Xunta que para máis inri ten un programa na grella da televisión pública chamado "Queremos Padel" que tenta lavar o cerebro dos galegos animándoos á practica diste deporte totalmente minoritario na Galiza mentras pecha as portas con candado para todo o que ten que ver coma promoción e difusión da Billarda. Como ves iste proceso gubernamental de redefinición antinatural deportiva e social no rural galego??

- Mentras o rural, e as persoas que desenvolvemos a nosa actividade nel, agonizamos, os miserables que nos gobernan construen pistas de pádel. É vergoñento!.













- Beizóns fondas Regueiro por interrrompires por uns intantes a túa  prepación para a defensa do título de Navalleiro Nacional que vas efectuar iste sábado na Praza dos Fornos da Pontenova e diríxete á famenta tribo da LNB para que rachen a gaiolas e se acheguen ás pistas da LNB ...

-Só me queda animar a toda aquela persoa que aínda non coñeza o gran deporte da billarda, a que se achegue a algún dos moitos abertos que se celebran en toda Galiza e que se sume á gran revolución billardeira.