O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, outubro 18, 2012

#PALANSENALTO ...CONTRA A XENOCIDIO MEDIOAMBIENTAL , ISTE SÁBADO EN MUIMENTA "PLANTA-TE" NA PONTE DE OUTEIRO!!


































Aínda cos paláns quentes despois da gran accion billerdeira no San Froilán a sepre multicor da LNB tira de novo cara á chaira Luguesa para iste sábado celebrar un explosivo Aberto Puntuábel no bravo concello de Muimenta. Coordiando pola referencial Asociación Cultural e equipa LNB "O Carabullo" o que vai acontecer na Ponte de Outeiro vai ser moito máis ca un torneo de billarda senón que unha accion de resposta ó xenocidio ecolóxico que a instalación de minas de extraccion de minerais vai supor á populación e ó entorno .  O tu palán e a túa billarda tornaránse pois en cocteles molotov cos que defendermos a nosa terra da inxuria dos intereses coloniais do capital que quere convertir a Galiza nun estado saqueado coma o Congo . Para elo os irmáns do Carabullo prepararon ademáis uns espectaculares e referenciais trofeos con arbores vivos baixo o impertivo de seren prantados complementados ademáis cunhas fabas da Veiga do Curral de Lourenzá polularmante coñecidas xa coma " AS FABAS DO GARDARRÍOS " xa que de novo a foto do referencial fuxido acribillado a tiros en Lourenzá estará presidindo iste Aberto anti-colonial  na Ponte de Outeiro.



E non pode ter mellor Banda Sonora iste Aberto que o mítico tema dos Skornabois , Plánta-te , o brutal estalo de electro-metal galaico realizado fai xa uns anos contra as bioinvasions de "cálitro" resoará de novo na Ponte de Outeiro en cada golpe da madeira contra a madeira....Caciques e eucaliptos a mesma merda son os dous chupanlle o sangue a quen teñen ó redor..PLANTA-TE!! 



















Todo preparado na Ponte de Outeiro ( Muimenta ) como se pode ver na imaxes dos adestramentos da Equipa Carabullo pois para acoller a gran festa da LNB que despois do Aberto terá continuidade cunha gran Foliada Billardeira polo que non deixes os teus instrumentos na casa e méteos canda os paláns e billardas para armar festa e na Norleste se che coincide que iste mesmo sábado á mesma hora estás no hemisferio sur da Galiza, en Bordóns, concello de San Xenxo tes unha cita nunha nova enganchada puntuábel da Conferencia Ríasbaixas. ...Billarda Sempre contra calquer tipo de reflexión, #palansenalto!!