O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, outubro 23, 2012

RADIO MÚSICA EN GALEGO , NAVALLAS , FERROS E CHOURUZOS!!














Mentras sintonizamos de novo o noso transistor dixital con " Radio Música en Galego" emisora oficial da LNB trastocada polos ventos feixistas post-electorais e afiamos as billardas para iste sábado de novo invadir a Praza dos Fornos  na procura das míticas Navallas da Pontenova no Aberto do Ferro dista vila coa que a serpe multicor da LNB volta traspasa a sempre perigosa raia da Chaira cara as terras da Mariña , unha raia a da dignidade que tamén traspasaron varias dúcias de votantes galeg@s nistas eleccions nacionais introducindo o voto chourizo como nos indican os activos anonimus do Varal que nos pasan tamén o explosivo link dun activista da Bezouqueira que acudíu ó colexio electoral das Mercedarias en Ferrol Terra cunha ristra de chourizos colgada no pescozo. ...Médo, Pánico, Terror a un planeta Chourizo e Billarda!!