O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, outubro 14, 2012

"VITILLA#BILLARDA" A PODEROSA NOVA ALIANZA INTERNACIONAL DA LNB QUE FAI SALTAR TODAS AS ALARMAS NO CONTINENTE AMERICANO E NA GALIZA!!















Cos ollos en Cerceda donde a Conferencia NorOeste prantexa iste domingo ás 11:30 h.  o seu novo desafío regular e unhas horas máis tarde cos ollos chatados no que acontece en Roswell donde sobre as 13:30 hora galega o paracaidista extremo Felix Baumgartner ten pensado comezar a súa ascension en globo para tirarse dende os 37 km e tentar converterse no primeiro ser human en superar a velocidade do son , falamos naturalemtne do mundial,ente coñecido coma o Red Bull Stratos Mission , unha marca que aposta firmemente por deportes como o paracaidismo extremo e no país irmán da República Domincana polo super-popular deporte de rúa, irmán da Billarda, chamado  VITILLA...


















Dende fai un tempo a LNB ven establecendo contactos con xogadores de Vitilla , unha espectacular disciplina sucedanea do beisbol que arrasa nas rúa da República Domincana e en cidade dos USA coma Florida e Nova Iorque que se practica no canto dunha pelota cunha tapa dos grandes bidóns de auga e se golpexa cun bate  cilindrico coma un palán duns 80 cm. Fai uns días puido producirse ne Ribadeo isa primeira e histórica xuntanza transatlántica entre a Vitilla e a Billarda que de seguro vai desembocar nas pistas da LNB e abre a firme posibilidade para que a Auténtica se enfornte nun futuro próximo a un pais do continenete Americano.














Estamos a falar pois dun desporto irmán cuxa popularidade e poder de convocatoria en toda a república Dominacana salta á vista para ollos tan axenos coma os nosos cando vemos por exemplo as fotos das pistas ateigadas e o patrocinio dos grandes torneos de entidades coma Red Bull .

















Intre absolutamente histórico para a Vitilla xa que podemos ver nista sobrecolledora imaxe a Michael e Pablo dous dos integrante do primeiro equipo de Vitilla na Galiza adestrando no primeiro clinic de Vitilla coordiando pola LNB en Ridadeo , unha accion que tivo como telón de fondo a furgoneta de Pizzbur anunciando a Galipiza , pode ser algo premonitorio para un posíbel patrocinio disa tan desexada nova aventura internacional da Auténtica.

























E como non podía ser doutro xeito o espectacular logo da agrupación de Ligas do país Dominicano xa deixa entrever as súa similitude co mundialmente coñecida marca das liga de Beisbol , desporto ó que moitos Vitilleiros acceden xa que a destreza necesaria para golpexar unha tapa no ar é moi superior á necesaria para golpexar unha pelota cun bate , e incluso ó reves , moitos bateadores profesionais xogan á bitilla para afiar os seus reflexos...


















Aquí se pode ser a intre no que a primeira Vitilla voa no ar galego dirixida ó "home" no que está situado o bateador disposto a golpexala e lanzala fóa do alcance dos cachers que ocupan as dúas bases.


















Cada equipo esta formado por catro xogadores polo que os palanadores e palanadoras que queiran formar o  primeiro equipo de Vitilla ou franquicia LNB que queira constituir unha division Vitilla xa pode facelo para medirse ós Ridadeo-Vitilla que están xa formándose.


















E como non podía ser doutro xeito , chegou o intre no que os Vitilleiros trocaron o bate polo palán a na terra mollada tiveron os eu bautismo de sangue  , de feito xa anteriormente tiveran contacto visual con algun Aberto celebrado na vila e xa pensaron que eles a iso que xogan os galegos poderían ter posibilidades ...e vaia se teñen , impresionante os golpexos baseados na técnica e mecánica da Vitilla.




E por se non foran poucas similitudes a Vitilla tampouco se entende sen unha Banda Sonora propia e ó igual que nos desfrutamos cada Aberto co República Billarda atronando na pista no desporto irmán dominicano tamén teñen grandes éxitos musicais que narran as fazañas do "Vitillero" coma o tema que amosamos e que podería ser o equivalente dominicano-vitilleiro ó noso gran " Amo da Billarda"

















Unha vez máis a LNB racha moldes e procura novos horizontes baseados na autoxestión e na cordialidade internacional con xentes e paises irmáns , porque en tódalas pistas de Vitilla de Nova Iorque , Florida , Santo Domingo hai bombas por estourar e da Galiza as da LNB non íamos ser a excepción , non imos parar ate xogar en todas partes...Vitilla Sempre, Adiante co Varal!!