O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, novembro 12, 2012

A AUTÉNTICA COLLE O RELEVO DE "MAFIA GALEGA" COMA REPRESENTANTE ÚNICO DO GALEGO NO LIET INTERNATIONAL_2012!!


















A luz que faltou no pavillón da Adina que producíu a suspensión do Aberto da Conf. RíasBaixas iste sábado e a que alumeou o horizonte da NorOeste no gran Aberto de Oleiros que catapultou a Daniel de Roteiros coma Monteiro do Meixonfrio é a mesma que alumeou o espírito indomábel da gran serpe multicor para propiciar o brutal chimpo mortal dende o esceario de Lorient que terá o seu aterraxe dous anos despois na espectacular praza da Llaboral de Xixón donde iste vindeiro 1 de decembro se celebrará a nova edicion da Copa Cantábrica de Liriu#Billarda no marco do referencial Liet Internacional Asturies_2012 , o festival das linguas minorizadas da europa na súa primeira edicion Ibérica motivado pola gran xestión conxunta dos estamentos CNL ( Conceyu Nacional del Liriu ) e a LNB lograron que o Liet International  incorporase por primeira vez na súa história a Billarda e o Liriu entre as súas activiades paralelas , un triunfo por todo o alto na internacionalizacion do conflicto billardeiro que terá á Autentica de Flores recollendo o relevo da mítica actuacion dos Mafia Galega no salón sindical de An Oriant.



















Pola mañá terá lugar a desputa no espectacular espazo da praza da Llaboral de Xixón dunha nova edición da Copa Cantábrica donde de novo Asturies e Galiza medirán forzas para facerse coa copa das nacións á que cada vez están máis preto de sumárense os poderosos belits dos Paisos Cataláns e as txirikilas de  EuskalHerria donde se celebrará un previo de luxo unha semana antes , será en Pasaia o sábado 24 de Novembro donde se celebre unha edicion más do xá mítico Aberto de Txirikila#Billarda , semente da poderosa seleccion euskaldum de txirikila que o ano pasado visitou Marín pàra medirse á Auténtica.

















Nada tería sido posíbel sen a fenomenal xestion da activista da Llingua Pepa la Hevy , o actor e machetador Sergio e o Comandante do Liriu e criador de coellos Hevia tres pilares básicos do universo Liriu que xunto coa forza e a determinacion da Auténtica foron quen de rachar unha vez máis cos chantos da vergoña que propiciaron que ista acción máxica teña lugar nun contexto coma o do Liet International que terá a súa guinda na tarde do 1 de decembro coa desputa do Abiertu Liriu#Billarda Liet International con espicha  de sidra e cata de Likor Café a pé de pista que promete intercabio de golpes e fluidos como nunca antes se viu en toda a europa dos pobos...unha festa de imprevisíbeis consecuencias que será antesala da gran final do festival das Linguas minorizadas do Liet Asturies 2012 ne espectacular salón de actos da Llaboral , xunto enfronte á pista de xogo....Vaite preparando porque cando Lirius e Billardas comezan a fungar os dentes e os fígados podes atopar!!