O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, novembro 19, 2012

ABERTINHO NOCTURNO DA QUEIMADA >> MAL DE OLLO , NEGROS MEIGALLOS , CHEIRO DOS MORTOS ,TRONOS E RAIOS!!



















A noite , o lume e a augardente son aliados naturais da LNB polo que iste pasado sábado no marco do Magosto organizado polos irmáns de Amigos da Gaita en Ribadeo foi espazo perfecto para a celebración dun explosivo Abertinho da Queimada que deu continuidade á gran Torneo nocturno do Zocheiro celebrado no mesmo sitio o ano pasado . Noite de cans que servíu ademáis de brutal ensaio co Castru do CNL para a defensa da Copa Cantábrica que o vindeiro 1 de decembro a Auténtica realizará na espectacular Praza da Llaboral de Xixón no marco do festival Liet International no cal acaban de incorporarse ó cartaz coma banda invidade os míticos Dixebra.



















Un Abertinho que gozou dunha gran espectación do público congregado no interior da Praza de Abastos Ribadense que abarrotaban as escaleiras da entrada a modo de bancadas bulideiras para seguir as intensas roldas clasificatorias...



















O ambiente estaba "calente" como se di na linguaxe propia dista beira do Eo , tanto na cozola de lata na que se preparaba a queimada coma na pista donde a tapa da cozola facía as veces de Castru improvisado donde encestar os grans de café mutados en billardas ardentes na noite



















Un abertinho no que a perigosidade do mesmo motivado polo apelotoamento de coches e o complicado do xogo fixo que se reducira a inscripción a planadores e palanadoras experimentados na LNB entre os que estaba o mítico palanador dos Petapouco David Díaz e que foi tamén o primeiro seleccionador asturiano sen o cal nen a LNB nen a Copa Cantábrica de seguro terían existido. Lucía adiantándose unhas horas ó exitazo do seu compañeiro de franqucia Marcos dos  Remourelle Bulls colouse nunha desputadísima final a tres acompañando a Daniel dos Billardeiros Musicais e ó actual Zoncheiro Regueiro das Troitas Bravas.



















E despois dunha loita fraticida baixo a escuridade e o barruzo foi o palanador local Daniel quen se fixo coa victoria , na súa faciana se pode ver ledicia inmensa ó conseguir o tan desexado brevaxe que por instantes víu perigar polo gran xogo de Regueiro e de Lucía.



















Daniel recibíu a espectacular Botella de Queimada da LNB como non podia ser doutro xeito de mans do Zoncheiro de Ribadeo Regueiro que estaba acompañando do representante de Siareir@s Galeg@s da Mariña Queipo que xa están movendo os fíos para tentar realizar unha apresentación na vila do espectacular partido da seleccion Galega de futbol fronte a Kurdistan o 29 de Decembro en Pontevedra precedido do xa mítico Aberto de Billarda da Auténtica. Non puido Daniel ó día seguinte en San Miguel no Aberto de Flores repetir posicion no pódium mais demostrou unha vez máis niste gran Aberto Nocturno do Magosto que é un dos grandes non só polo xogo que desprega habitualemnte na pista senón polo seu magnífico xeito de entender e transmitir paixón e compromiso billardeiro .... Queimada e Billarda Sempre , Adiante co Varal!!