O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, novembro 15, 2012

"AUGAVELLA", A LICOREIRÍA DE CHANTADA, SELA A SÚA ALIANZA COA LNB ABASTECENDO DE LIKOR CAFÉ Á AUTÉNTICA NA SÚA DEFENSA EN XIXÓN DA COPA CANTÁBRICA!!















Non estás soñando , podes peliscarte incluso se non acabas de crer o brutal e histórico paso ó fronte que a Licoreiría de Chantada AugaVella acaba de selar co seu apoio á Auténtica ó converterse en patrocinadora oficial da Seleccion Nacional de Billarda unha alianza que se escenificará o vindeiro 1 de decembro na praza da Llaboral de Xixón durante a desputa da Copa Cantábrica e do Abiertu do Liet International . 

  A sucesión de éxitos acadados nos Abertos de Billarda no CastañazoRock donde AugaViva estivo presente nos premios e a victoria da AkipaLNB nos recentes xogos bravús fixo que os irmáns de AugaVella non dubidaran ren ante a posibilidade de acompañar á Auténtica nos sucesivos retos internacionais , é por elo que serán unha serie de exclusivas botellas de Augavella as protagonistas na explosiva cata de Likor Café paralela á espicha de sidra coa que irmandar pobos e gorxas no Liet-Cantábrico - Só unha Licoreiría valente coma AugaVella e o seu exquisito Licor Café pode ser quen de guiar os pasos da Auténtica cara o espellismo da victoria final...AugaVella Sempre , Adiante co Varal!! 

ABERTINHO DA QUEIMADA CO "CASTRU DO CNL" PREPARATIVO PARA A COPA CANTÁBRICA!!



















E coma gran adestramento para os palanadores e palanadoras da Auténtica iste mesmo sábado, como previo de luxo do gran Aberto de Flores ,  no marco do Magosto dos irmáns dos Amigos da Gaita celebrarase un Abertinho co sistema de "encastrau" para ir preparando estratexias cara á defensa da Copa Camtábrica e os feroces ataques da sidra e dos machetadores e machetadoras asturianos. Castañas , billarda e viño e para o campion ou campioa do Abertinho un par de botellas de magnifica Queimada da Casa coa que combatir a friaxe e o insomnio...colle o palán e Conxúrate!!