O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, novembro 07, 2012

CANARIAS TREME ANTE O HELICOPTERO DOS SELECTAH PILOTADO POLO BEATBOXER E PALANADOR DA COCHIKEIRA!!




Iste pasado sábado un comando Cochikeiro adentrouse nas terras de Arteixo para refrendar a semente billardeira cunha pequena palestra e un Abertinho pola causa , foi o comandante Verdillo quen dirixiu a avanzadilla,  unha aposta firme polo difusion nacional e internacional do noso deporto que ista find dende a mesma casa e coa mesma sangue vai partir cara a illa de Canarias para que palanador e raggaman galego con katiuscas contaxie dende un escario dun clube guanche a furia dub-billardeira cara a toda o pobo irmán canario . SELECTAH IN HELICOPTA SOUND como apresenta e difunde o irmán e palanador GendBeat niste explosivo video-estalo en compaña da súa referencial equipa tecnica que xa formaron parte de episodios tan míticos coma o Billarda All Stars de Cerceda , estarán iste sábado nas Canarias dandoo todo e tentando conectar coas células billardeiras de resistencia nas illas...á por elo que dende a Cochikeira informan que entre a quipaxe no caiuco irán tamén uns paláns e billardas polo que poida pasar diante dos espítiros gunaches!!











E xunta coa boa e mala herba que sempre acompaña á comunidade rastafari internacional a galega sempre vai cun complemento de luxo , ise LK DA CASA que sela e marca os grandes momentos de seguro que non faltará na equipaxe de viaxe ó continente africano dos Selectah...




...ó igual que tempouco faltou o espesial  LK da Casa na delirante irrupción sonora no EuNavia dos Ex_tension Agraia no que a botella de Likor introducida polo palanador dos Filloas de Sangue Sak no Estudo da Veiga desatou a loucura absoluta e foi clave para crear isa auria máxica na que os músicos ceiban toda ise océano furia e carraxe necesaria...porque no esterco nacen as mellores flores, billarda e Likor Kafé Sempre!!