O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, novembro 28, 2012

ISTA COPA CANTÁBRICA A AUTÉNTICA VAI DE MERENDERU ....TODO LISTO PARA O ESPECTACULAR XANTAR DE IRMANDADE NA SIDRERÍA EL CRUCE DE XIXÓN!!

















Non é nengún segredo para naide que o éxito total dun grande estalo billardeiro coma o que iste vindeiro sábado 1 de decembro a Auténtica vai afrontar nunha nova edicion da Copa Cantábrica dista volta en Xixón , mídese en grande medida na eleccion do sitio para o xantar de irmanda. Dista volta tivemos de novo a un dos referentes do Liriu como é o comandande Hevia que guiou a toda a sepre multicor dun e outro lado da ría ó espectacular Restaurante-Sidrería El Cruce de Xixón a escasos 300 metros da pista de xogo na Llaboral.

















E atencion porque a selección Asturiana e a Auténtica terán un espazo de auténtico luxo no comedor de madeira de El Cruce, un xantar alumeado ademáis pola espectaculares luces dos caldeiros que prenden das paredes e do teito

















Un espectacular menú centrado na Fabada e cun seundo prato a elexir entre os dispoñíbeis na carta , todo elo con auga e viño a feixes ...un plan que tumbaría ó mesmísimo Chicote, e que de seguro convertirá nun inferno o intre de retorno á pista de xogo para a desputa posterior do Abiertu do Liet International .








E por leccion do comandante Hevia o postre será un exquisito arroz con leite eleborado ó xeiro tradicional asturiano , un manxar que o propio comandante Hevia  probou ista semana antes de pechar o trato acompañado nada máis e nada menos que con Quini , o mítico dianteiro do Sporting e do Barça que estuda incluso deixarse caer ista sábado pola pista de xogo para apoiar á selecicons Asturiana do Liriu niste seu tento de conquista á Copa Cantábrica. Unha excelente elecicon sen dúbida a da Sidrería el Cruce que tamén é Merendeiro polo que se alguén desexa comer a ceo aberto para que lle dea o ar non terá problema nengun...Liriu Sempre, adiante co Varal!!