O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, dezembro 19, 2012

A VISITA DO APALPADOR E O FUME DAS COLILLAS DE COMPOSTELA ALERTAN DO PERIGO INMINENTE DO VARADO-INDÍXENA!!



O poder indixena da LNB non se podería entender sen a forza e impulso que recibe por istas datas do único referente posíbel niste noso Natal Galego , O Apalapador estivo fai uns días entregando o espectacular galo da LNB a Marcos Chankli mais tivo tempo para facer unha visita á Set LNB de Tele-Varal  a pé de pista acompañado do seu escurridizo axudante e da súa traductora oficial ó vervo xido , un explosivo coctel cuxa mecha acende o espectacular estalo billardeiro de L-as Colillas de Compostela que poñen a primeira pedra para un novo e aterrador recopilatorio do República Billarda baixo o prisma do indixenismo que subxace da incendiaria letra do tema titulado "A Fume de Billarda" . Lobishomes e mulleres nas pistas da LNB aclamando a Romasanta Coroceiro Nacional , arrima os fuciños ás fiestras da liberdade , colle o palán , as brosas e as guitarras electricas para construír o teu alebrestrado e incendiario Varado Indíxena...Vacavou , Vacavou Chegou o Apalpador, Xido Luceiro Dangre!!