O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, janeiro 31, 2012

A AURORA BOREAL E A FRIAXE SIBERIANA ANUNCIAN UNHA BRUTAL LOITA ENTRE TRIBOS POLA CONQUISTA DO LACÓN DE MEIRA!!
















A aurora boreal billardeira levanta o cerco invernal na Conferencia Centro que xa afía as armas para iste vindeiro 11 de Febreiro botarse ás xeada terras de Vilarromariz nunha nova enganchada putuábel no universo da área estornela , e istas aterradoreas luces do norte e a friaxe siberiana serán as que tamén guíen a viaxe das tribos esquimós da NorLeste que iste vindeiro sábado xunguirán os cans de palleiro ós seus trineos e sintonizando con Radio Musíca en Galego donde xa estouran os impactantes estalos do concuros de Jingles , achegarse as terras de Meira donde os iglús de Tropa Lixeira xa agardan con augardente de caña e licor café para quentar o corpo durante a desputa do mítico Aberto do Lacón no que atraídos polos  golpexos dos palanadores e palanadoras pode que incluso figuras mitolóxicas tan potentes coma o Trasno de Vilarxubín acuda en axuda das poderososas franquicias da Pontenova para desnivelar a balanza niste derbi a morte entre franquicas da chaira...Trasnos, mouras , lobisomes e cobras....todos á chaira a polo Lacón de Meira!!

segunda-feira, janeiro 30, 2012

REPÚBLICA BILLARDA ,O PASAPORTE SONORO DA LNB INVADE O ZIG-ZAG DA TVG2!!


E a billarda mantívose detida durante uns segundos no ar, comprendeu entón o porqué do furioso vendabal de sons, letras e actitudes- Billarda Sempre, Adiante co Varal!!

domingo, janeiro 29, 2012

TOT BÉLIT , UN ANO DE LOITA E COMPROMISO ABSOLUTO COA IDENTIDADE CATALÁ E INTERNACIONAL DO NOSO DESPORTO!!


Impresionante celebración iste pasado sábado 28 de xaneiro dos irmáns de Casus Bélit  do seu primeiro aniversario coma equipa oficialmente formada e competindo nos diferentes frontes nos Paisos Cataláns e nas xiras internacionais que afortunadamente teñen a Galiza coma un dos seus puntos de clave es estratéxicos.Máis un ano que serán miles para iste referencial franquicia Verde-Camuflaxe que para o acasión organizaron unha explosiva celebración entorno ó Casal Independentista de Sants con xornada de mañá e tarde para a que nun xesto que os honra por riba de todo , convidaron ó seus aférrimos inimigos na pista de Panarrés , Can Barraca e Belit Nord equipa ista última que tensionou o enfrentamento ate límites insospeitados guindando no seu web-blog ista espectacular foto dun xogador do seu equipo felicitando o cabo de ano apuntando cunha pistola na súa caluga. Exemplar lección de convidencia e humor a que nos amosan os nosos irmáns do universo Bélit para que tod@s vaiamos collendo recortes e comprendendo que como din os Labazada no seu referencial corte do República Billarda  , iste noso deporte é o mellor xeito de alibiar tensións nistes perpétuos días raros que nos tocou viver.                                 















E temos que seguir mergullados na fronte bélit donde fai uns días puidemos ver  , grazas ó seguimento  de palador@s galeg@s realizado polo seleccionador galego Flores,  á gran palanadora da Auténtica que milita coma anti-comunitaria nos Casus Bélit exercendo labouras se Sementeira perante uns xovens valores da Masia-Bélit , podemos ver pois que nos PP.CC coma na Galiza a utilización da saba ou rede de dianas é un dos xeitos máis precisos e seguros para que os cativos den os seus primeiros pasos mais é tamén un elemente absolutamentefundamental para a realización de probas de precisión e habilidade en competicións tan espectaculares e impactantes coma as do Billarda All Stars e atención porque a saba da LNB xa se está preparando coas dianas incluídas ás que ti poderás por foto para iste vindeiro 25-F en Cerceda voltar desafiar a gravidade...Bélit Sempre, adiante co Varal!!   

sábado, janeiro 28, 2012

POLO SAN BRAIS .....VIÑO, FURANCHOS , BILLARDA E DÚAS HORAS MÁIS!!

Cunha intensísima nova  find que nos ven enrina con multitude de pólas da gran  árbore billardeira invadindoo absolutamente todo , xunguimos o carro de bois e cargados con pláns e billardas arrincamos tomandolle unha en Bembibre no Furancho "Chegar e Encher " que iste venres abriron os irmáns do Faisca para ir quentando motores cara o sempre explosivo San Brais. E non podemos arrincar o camiño sen unha ollada cara os referenciais mapas sonoros dos referenciais webs de Malmequer e Musica en Galego que guiarán os noso pasos e paláns cara os puntos quentes da xeografía galega , mais se queres rachar as cadeas das fronteiras artificiais,  na Veiga iste sábado dende as 20 h no marco do festival Benéfico da Fundación Edes que se celebrará na Casa da Cultura da Vila ,varios grupos subirán ó esceario para apoiar a iniciativa e dous deles con importántísma presenza billardeira , por unha banda Markitos o palanador de Billardeiros Musicais formando nas filas de CÁDAVA e por outra a palanadora ribadense e distribuidora oficial na vila do República Billarda , Ruth , estreándose ademáis sobre as táboas coma nova cantante dos FOLKGAZAIS . E por se non foran poucos puntos "calentes" como se di na Veiga , en Compostela a cousa vai ferver xa que na mesmísima asemblea de BNG , na listaxe da corrente Movemento Galego cara ó Socialismo podemos atopar a un importántisimo palanador e ex-concelleiro de San Xoan de Río , portando nunha man o Kapital e noutra un palán para que ista terceira vía socialista-billardeira poida rachar a bipolairidade e incluso chegar a dar a campaada nista XIII Asemblea Nacional que se dilucirá durante toda ista find.
















E como entre Furanchos anda a xogada o novo asalto da Conferencia Salnés non podía ter mellor emprazamento que no corazón mesmo do mesmísimo Xerro do Salnés , e atención porque alertan con antelación para que prepares a cunca xa que a cita será o vindeiro domingo 12-Febreiro ás 12 h . na pista dos Pasales ( Dena ) . E atención porque membros dista activa Conferencia coordinarán unha nova acción da Semente Billardeira no marco das Noites Abertas no concello de Pontevedra nas que xa podes inscribirte no telf .>> 659.553543- Billarda Sempre , Adiante co Varal!!

quinta-feira, janeiro 26, 2012

CEIBA A TÚA LINGUA E PARTICIPA NO EXPLOSIVO I CONCURSO DE JINGLES RADIO-MÚSICA EN GALEGO!!


















Que nen as billardas nen a túa lingua pare un só instante , é por elo que xa está en marcha o explosivo I Concurso de Jingles Radio-Musica en Galego que en colaboración coa LNB buscan a túa implicación de xeito activo na eleboración dunha emision continua e impactante  baseada na música en galego e condimentada coas explosivas mensaxes corporativas de palanadores e palanadoras. Tanto nas pistas de xogo como en calquer intre da túa vida colle un telfono , tableta, mp3 ,radioK7...ou calquer aparello gravador para ralizar o teu estalo no que deixes constancia o teu apoio á Radio Musica en Galego e envíao ó enderezo >> musicaengalego@gmail.com . Dende iste web-blog , o de Tropa-Lixeira ou dende o zulo de MeG xa podes sentir as primieras impactantes creacións sintonixando coa emisión 24 h que van loitar pola espectacular Lingua salgada de Xato.


















E non só Jingles podes enviar para apoiar ista gran iniciativa de Radio-MeG , todas as canción que teñas no teu computador , que descargues ou rippees en mp3 dos teus cds , vinilos ou k7 de grupos ou intérpretes que utilicen a nosa língua podes envialas ó enderezo >> musicaengalego@gmail.com para que automaticamente se unan á fantástica grella de sons , letras e actitudes que estouran automaticamente cando sintonizas con Radio-MeG....Billarda Sempre, Adiante co Varal!!

quarta-feira, janeiro 25, 2012

"REPÚBLICA BILLARDA" .... SONS , LETRAS E ACTITUDES NO ZIGZAG DIARIO DA TVG2!!













Con Maghua intervindo e interactuando en clave billardeira na pasada edición do Lume na Palleira , con Montouto Sound Machine uníndose ó caiuco LNB navegando na espectacular travesía nas ondas da Radio-Oceánica iste mércores un outro comando nunha acción lóstredo coordinada nas poderosas terras da Conferencia Centro durante a celebración do Abertinho do Repolo inxectarán coa furia e carraxe sonora inxertada no República Billarda o explosivo micro-documental que se emitirá no ZigZag Diario na TVG2 nas marcas horarias das 16:30 e 21 h. E atención porque como se vía nas fotos do como se fixo , aparecerán imaxes nunca antes captadas por unha nano-cámara inxertada no palán do ex-campión nacional de Varados Hugo....Non imos parar ate soar en todas partes!!

terça-feira, janeiro 24, 2012

AS CRIANÇAS DA LNB TOMAN A PALABRA NO EXPLOSIVO I CONCURSO DE JINGLES DE Radio Musica en Galego!!!


Dende o inicio dos tempos a LNB sempre tivo clara que a sen a implicación dos màis novos nada diste ten sentido , é por elo que a irrupción do I Concurso de Jingles Radio Música en Galego é plataforma perfecta para como fixo Mencía  a xove palanadora dos Tropa Lixeira de Meira , niste seu fantástico audio-estalo que podes escoitar xa sintonizando coa emisora oficial da LNB. Ista é a chamada para que as crianças da LNB collan o palán e o micro e se faigan escoitar e loiten pola espectacular língua de Xato, simbolo supremo do poder verbal que comunica os pulso vital co froito da terra .


















Nun intre que as palanadoras se reivindican co seu poderoso xogo e presenza nas pistas , as crianças da LNB tamén conquistan espazos en Abertinhos , Foliadas e nos Centros de Ensino e agora tamén irrupen cos facianas pintatadas collendo os paláns e participando activamente no concurso de Jingles de Radio Música en Galego , ünete ó Komando Rebinxe e fai que a túa voz se sinta , no teu ordenador, no telefono , no mp3....calquera aparello vale , grava o teu estalo e envíao a >> musicaengalego@gmail.com  - Billarda Sempre , Adiante co Varal!!

SEMENTE BILLARDEIRA , O DECIDIDO IMPULSO CARA Á IRRUPCIÓN DA LNB NOS DIFERENTES CENTROS DE ENSINO DO PAÍS!!

Iste luns 23 de Cachiza escríbese xa con letras de lume no Almanake-LNB xa que se producíu a impresionate irrupción da billarda coma unha activade deportiva máis para as afortunadas crianças do Gregorio Sanz de Ribadeo.

















Non foi Teoría do Inverno , un libro que chegou  por casualidade ó Billarda-Book Experience de Castro a pasada semana , senón que foi o firme nexo de unión dos nosos pasos coas activiades de empurre e autoxestion absolutamente referenciais da Escola Semente dos irmáns da Gentalha do Pichel que botou a andar en Cospostela sendo un referente absoluto para todos aqueles que pensan que na autoxestion e na decisión está o único camiño. Cun éxito sen precendentes as billardas invadiron as instalación do colexio público de Ribadeo espantando pantasmas cos paláns os nenos e nenas deron unha demostración impresionate e desacomplexada para demostrar que o noso deporte , por suposto, que pode estar en igualdade de condicións con calquera outra disciplina polo que a LNB xa traballa en colaboración co centro Ribadense na posibilidade histórica de integrar a billarda coma unha actividade regularmáis na programación escolar. Estamos pois fronte a unha das fantástica espectativa que de que o noso deporte unha vez máis acade unha nova conquista social, cunha espectacullar equipa humán coma o que ten a LNB e cuns rapaces e rapazas famentos de billarda coma os que hai en Ribadeo e no páis enteiro , será imposíble non conseguir que isto se torne en realidade , unha realidade que ven da decida acción de sacar o conflicto billardeiro á rúa en festivais , foliadas e todo o que se poña por diante.

















Teoría do Inveno ( os presentes do Apalpador ) que apresentaron en Castro os Gaiteiros do Apalpador de Almuinha xunto co seleccionador nacional Galego , Manolo Flores,  que foi o a fenomenal figura do Apalpador nas pistas da LNB, foi adquirida por varios palanadores para contribuir e apoiar a Escola Semente forza que nutre e nos guía cara un xeito de ensinar e aprender proprio e alleo ós sociocentrismo distorsionador . >> Este livro nom ven de cima. Nasce lá em baixo , no formigueiro , nos obradoiros da Galiza. Uns obradorios situados nos baixos do Páis donde cada vez somos mais a trabalhar ...Semente Billardeira xa, Adiante co Varal!!

segunda-feira, janeiro 23, 2012

A LEÑA E O ESPECIAL RADIO OCEÁNICA DA RGM INVADEN A FURGONETA IMPOSÍBEL DA LNB!!















A furgoneta imposíbel da LNB xa lista e preparada para continuar espallando a intensidade dun proxecto chamado República Billarda que escorrega por fóra, colle a brosa e sintoniza o impactante estalo billardeiro do Radio Oceánica mentras partes unhas estelas para facer músculo e encher a furgo de leña e ilusións compatidas , o único combustíbel posíbel para alimentar iste imparábel estourido que xa prepara a súa brutal irrupción internacinal... non imos parar ate soar en todas partes!!

sexta-feira, janeiro 20, 2012

ARRINCANDO AS PEXAS E INVADINDO AS ONDAS ASÍ CHEGAN OS XINETES DA APOCALIPSE Ó ESPECIAL República Billarda DISTE DOMINDO NO RADIO OCÉNICA!!

















Estercando e arrincando os chantos ....así se consolida un descomunal proxecto chamado República Billarda que racha con xugos e cordas , o imparábel boi da chega que cada billarda leva dentro funga e estoura en cada recuncho do país ó berro unísono de Billarda Sempre. Fai unhas semanas Sak dende a súa nave nodriza da Radio Galega Música realizaba un especial baseado no disco República Billarda mais iste domingo apartires das 22 h , Sak voltará a abrir o artefacto sonoro da LNB acompañado ista vez de dous cosmonautas billardeiros que exercerán de xinetes da apocalipse ó carón do gran comandante de Radio Oceánica nista sempre intensa e perigosa traveseía intergaláctica.

Fai como cousa dun ano un fantástico artigo sobre a música electrónica feita na Galiza de Daniel Salgado publicado no País , xornal que iste venres voltou por o foco no universo Billarda , alertou a un aborixe do curro de Sabucedo que habitaba en terras lonxanas , Paulo era o seu nome e Montouto Sound Machine o seu explosivo proxecto sonoro , despois dunhas intensas verbas o seu abrumador estalo no que colabrorou a súa AVOA ,  ás tres corre a vez, desembarcou no peirao Billarda aportando non só un tema màis senón que nos transmitíu a forza e a tenazidade necesaria para seguir sorteando obstáculos no noso tránsito contra os elementos e conseguir que o República Billarda vira a luz , unha luz que é tan intensa que é normal que poida incluso chegar a cegar a propios e estranos. Paixón , compromiso e amizade é o brutal agasallo que Paulo trouxo consigo para compartir unha histórica xornada na presentación oficial do República Billarda no Radio Oceánica, iste domingo achegai pois o ouvido ó voso receptor mais con moito coidado porque trabamos....e transmitimos a raiba!!

quinta-feira, janeiro 19, 2012

BILLARDA-BOOK EXPERIENCE EN CASTRO>> O VERVO XIDO!!

Non pode haber mellor intre posíbel que entre carreira e carreira mentras agardas o teu turno  sorbendo unha cervexa, fumando , laretando... para coller un libro e comentar a xogada cos compañeiros ó carón da pista de xogo . Con isa filosofía nace o Billarda-Book Experience, un xeito intenso e anovador de entender a interacción coa literatura en marcos abertos e pouco habituais. E atencion porque parello ó Vervo Xido en todas a librarías do país poderás atopar iste venres na edición galega de El País , un espectacular estalo sobre o República Billarda artellado polo Das Kapital  Daniel Salgado. 

Castro foi o punto de partida e O Vervo Xido do irmán  Calros Solla , foi o explosivo libro escollido para arrincar con ista brutal aposta . Coordinada a acción polo grupo de conversa en Arxina da LNB o libro chegou a mans rapidamente e de xeito natural a un dos coñecedores da fala dos Canteiros de Castro xa que  niste concello e no resto da terra cha luguesa existíu un poderoso grupo gremial que mantiñan as súas realcións nista lingua cooficial na LNB

Mais o Vervo Xido ademáis de ser un xeito bárbaro para arrumar recordos dos xa coñecedores dista ancestral  fala , foi tamén na pista de Castro da LNB o marco perfecto para que os novos falantes coma Rodrigo Castañal , o cantante dos polémicos Extensión Agraria afondase nos caracteres dista lingua que iste potente grupo con base en Bretonha , xa utiliza no proceso de xestación do seu explosivo repertorio. 

Un traballo impresionante o de Calros Solla e un luxazo para a LNB que por inicativa do grupo de conversa en Arxina puidera arrincar o Billarda-Book Experience con iste fantástivo eco da fala dos canteiros. Pedra e madeira xunguidas e corpo a corpo acurralando sen complexos  os desafíos do presente e do futuro. E non foi o únio estalo , atentos porque o Billarda-Book Experience tivo aínda máis ramificación ó longo dista intensísima xonada en Castro Ribeiras de Lea....Lea e Lea alto e claro!!

quarta-feira, janeiro 18, 2012

BRINDES NO FAISCA POLO 5º ANIVERSARIO DE VIDA E PAIXÓN NO REFERENCIAL CENTRO SOCIAL DA CIDADE DE VIGO!!



Dende o 2006 á eternidade ....un grupo de rapaces colle o sachos e os paláns para prantar decididamente billardas e pesegueiros no asfalto da cidade o Vigo, unha referencia absoluta e un exemplo para a xuventude alegre e combativa de toda a Galiza.... Billarda Sempre, Adiante coa Faisca!!

ZOCOS E BILLARDA , UNHA ALIANZA PERFECTA PARA O DESENROLO GLOBAL DUN XEITO PLENO DE ENTENDER O NOSO DEPORTE!!

Imposíbel esquencer a accción perpetrada fai uns anos polo referente absoluto da filosofía LNB chamado Toño Randeira , cando no Aberto da Auténtica celebrado na Coruña saltou á pista de xogo calzado cunhas espectaculares zocas pondo así as firmes base para a busqueda urxente dun calzado propio e autóctono para a práctica do noso desporto. Tivemos que agardar meses e incluso anos que se fixeron eternos para que iste pasado sábado en Castro, Noelia , a gran palanadora do Spartak de Muimenta dera por fin co dardo xusto no centro da diana ó acudir ó campo de xogo cuns espectaculares Zocos realizados pola deseñadora Elena Ferro , unha artesá do coiro de Vila de Cruces que está a desenrolar unha explosiva liña de Zocos para home e muller cunha estética e aerodiáminca totalmente axeitada para ser o calzado que todo palador ou palanadora necesita para rendir ó máximo na pista de xogo . Seguiremos moi atentos á carreira dista deseñadora e en breves lanzaremos os puntos donde se podes adquirir os seus espectaculares productos que serán a guinda perfecta para ise desenvolvemento dun uniforme LNB que os irmáns de Tenda-Galiza están xa procesando.















E coma a forza e empurre dun Aberto de Billarda transcende totalmente das pistas de xogo durante a celebración do terceiro tempo no Aberto de Castro os referenciais Tropa Lixeira de Meira acudiron como non podía ser doutro xeito a un bar na vila chairega donde se servía a Cervexa Menduiña , a cervexa oficial LNB e un dos pilares básicos da emerxente Plataforma comercial de apoio ó nosos movimentos , apareceu para de novo sumerxernos nunha festa que naide nen nada poderá deter...billarda sempre , adiante co Varal!!

terça-feira, janeiro 17, 2012

ALMANAKE LNB....CONVERTE A TÚA CASA NUN FOGAR CON IDENTIDADE PROPIA!!


















En nengún despacho oficial  teñen o distintivo definitivo e definitorio dun palanador e palanadora que milita e participa dende que se ergue ate que se deita os 12 meses do ano na filosofía de acción da Liga Nacional de Billarda. Ate o de agora sabiamos do xeito de organizar o tempo das diferente culturas pola existencia do calendario Chinés , Hindú, Xaponés. Musulmán, Persa , Hebreo....mais agora xa temos tamén o calendario da cultura billardeira organizado polo Almanake LNB . 12 meses 12 denominanción billardeiras baséase nos estudos etimolóxicos realizados polo referencial doutor Ricardo Pérez i Verdes sobre os diferentes nomes que recibe na Galiza o noso desporto , dende o día 1 da CACHIZA ( anteriormente coñecido  coma 1 de xaneiro ) xa podes conseguir o teu Alamanake 2012 da LNB no cal sinalar os torneos e diferentes citas billardeira sen ter que depender dun calendario dunha cultura e demarcación allea. A loucura foi total no Top-Mantelo no Aberto de Castro donde se realizou a presentación oficial e donde comezou a súa distribución cara os fogares dos palanadores e palanadoras , atención porque ademàis dos sucesivos Top-Mantelos xa o podes conseguir tamén xunto co disco República Billarda no C.S Madia-Leva de Lugo. E non perdas o fío xa que en Castro se realizou tamén a espectacular acción do Billarda-Book Experience no que libros e billardas avanzaron xuntos baixo a xeada...veñen as canículas!!!

EXTENSIÓN AGRARIA ACENDE O LUME EN BRETONHA DO FRAGASAURUS TOUR-FEST!!


O berro lanzado polos centos de persoas que sairon á rúa istes días non pode quedar en saco roto e dende logo que fai que grupos coma Extension Agraria impliacado ó máximo no desenrolo social e deportivo do noso país non poida quedar á marxe diste xúbilo , é por elo que hoxe martes realiazran un explosivo Ensaio Aberto con barra ceive no teleclube de Bretonha para que @s anti-fans que o desexen poidan brindar e brincar sen medo a represarias . E atención porque xa varios grupos da temíbel escudaría República Billarda coma Las Colillas se poñen á túa disposición para saltar ó ring nun novo asalto diste inaudito festival nómade que invadirá de chapapote sonoro e escumoso bieiteiro o ter corpo enteiro...abertinhos e concertos porque agora a rúa é nosa!!

segunda-feira, janeiro 16, 2012

LOITO OFICIAL VS FRAGASAURUS FEST!!

Ós tres días de loito oficial decretados pola xunta as rúas e a xuventude alegre e combativa dun país que ferve antepoñen o dereito absolutamente democrático que un outro loito é posíbel . E máis cando unha inciativa coma a do champaneo popular , emanada directamente dun palanador da LNB , está a espallarse imparábel polas redes sociais para iste luns 16 de Cachiza xuntarse nas prazas do país e despedir con honras e burbullas de estado. Á festa concerto  de Vigo de hoxe únense o Madia-Leva en Lugo , Sem Um cam de Ourense, O Alfaiate da Coruña , A Revolta de Vigo , Bar-Cabaleiros Lourenzá ,  O Bar Luar de Vigo ,  Barna en Canaletas ,  En Compostela na Praza do Obradoiro , e para mañá martes xa se organizan mais adeuses....

domingo, janeiro 15, 2012

-NON ME ESPEREDES QUE ESTOU NA CAIXA!!















Foron moitos os que se mofaron da dor do pobo irmán de korea do Norte polo falecemento do gran lider , a morte do expresidente da xunta e mito do franquismo enche de ledicia e dor a un mesmo pais sumido na máis absoluta miseria , non será pois a LNB quen gaste bágoas nen ramos, nen coroas , o máximo respeito pois para os que senten a perda coma para os que ista noite brinden con Escumoso Bieiteiro que baixo  terra hai un xenocida menos.. "lo único interesante que ha enseñado esa señorita ha sido su escote"- Fai uns dias un rapaz falaba polo móbil dende unha sucursal da entidade actualmente coñecida coma Nova Galicia Banco, o tipo decía - Non me esperedes que estou na Caixa.....pois iso!!

A VICTORIA DE GENI DOS OUTROS NA NOROESTE CONFIRMA O ESPECTACULAR PLENO FEMININO NOS ABERTOS DA FIND.!!!


Fai unha semana moitos palanadores e palanadoras participaron na marcha ás cadeas oranizada polos irmans de Ceivar para transladar alento e solidaridade cos compañeir@s pres@s , hoxe coa celebración dun novo Aberto puntuábel na Conf. NorOeste no que os elementos tentaron facer estragos dende o mesmo intre no que os carros botaron a andar , as ráfadas de neve na estrada que varios comandos billardeiros sufriron durante o seu desprazamento fan necesario o aviso que para sucesivos movementos niste tempo ademàis de paláns e billardas se metan cadeas nas maletas. Un temporal que fixo que a tribo do NorOeste decidira por unanimidade na pista do Parque de Santa Margarida transladarse ate unha pista pista cuberta de Perillo. Xestion fantástica para un novo éxito de particiaciòn nista referencial conferencia atlantica que situou na final a dous axentes nómades , dende Marin a brisa subxahariana representada por Luis Camiña e dende o Norte o poderoso vento xeado representado por Geni, a gran palanadora dos Outros de Ribadeo.


















E nunha find. no que en Castro se impuxo o Palanadora-Power en Perillo confirmouse a impresionate pegada feminina na LNB ó Geni proclamarse campiona absoluta niste gran Aberto da NorOeste. Felidades inmensas para Geni e para todas as palanadoras da LNB que con firme pulso en cada aberto demostran pegada e implicación a feixes nun deporte de xénero e inxenio feminino total como é a Billarda....LNB , FEMININO PLURAL SEMPRE!!

SÓ REGUEIRO SOPORTA O BRUTAL EMPRURRE DAS PALANDORAS QUE SITÚA A BEA COMA 2º E A REYES COMA MONTEIRA DE CASTRO E GRAN CAMPIOA DO GALO DE MOS!!


















Para quentarse no inverno, antigamente  todos procuraban achegarse á quentura da cociña de ferro que permanecía acendida durante a maior parte do día. Os adultos adoitaban fregar as mans e estender de seguida as palmas por riba dos forniños, en tanto que, por veces, os nenos metían de xeito alternativo os pés e as mans na portiña do forno da cociña bilbaína. iste pasado sábado baixo a brutal xeada de Castro no lusco e fusco a billarda foi o sustituto perfecto para as estelas que arden e quentan as fantásticas cociñas de ferro centrais das casas da terra cha luguesa. Reyes a gran palanadora dos Outros conseguíu proclamarsennun novo Aberto multitudinario,  Monteira de Castro , no que é xa a súa terceira victoria nista tempada regular na Conf. Norleste , un triunfo co que súma un espectacular exemplar de Galo de Mos á súa xa impresionate e impactante vitrina de trofeos billardeiros-   


















Tremendamente frías adoitaban ser as pensións nas que paraban os estudantes, ás veces en cuartos sen ventilación, ou en dormitorios compartidos. "O Fontes, nun cuarto interior cheo de fume de cigarro, patalexaba para escorrentar o frío e pronunciaba alto as verbas solemnes: apopletiforme, leucocitemia...", iste texto extraido de referencial Os Camiños da Vida de Otero exemplifica á perfeccción a viaxe de retorno que troixo de volta ás terras da Mariña á gran planadora Bea dos Remourelle Bulls despois de conformar a súa solidez e implacáble xogo na pista proclamandose subcampioa do Aberto de Castro vencendo nunha final de desempate polo 2º e 3º posto ó mesmísimo Navalleiro da Pontenvoa Regueiro das Troitas Bravas. Un carro compartido por palanadores dos Bulls , Ekipa Bíters e Galo de Mos desafiaron a friaxe exterior e a nevoa con feixes de calor avícola e irmandade . . 

















Nas aldeas tardaron en chegar as bolsas de auga -que eran de goma, ás veces provistas dun forro de la ou felpa- para quentar os pés na cama. As nais empregaban uns recipientes de barro que fabricaban os alfareiros, ou ben simples botellas de gasosa que tiñan un peche de certa seguridade, obtida mediante a suxeición dun tramado de aramios. A istas botellas normalmente tomábase a precaución de meterlle previamente uns cravos dentro para que non rebentara a botella cando se introducía nela a auga fervendo. Non sabemos se o Navalleiro da Pontenova e Zoncheiro da Foliada de Ribadeu quentou a auga para durmir isa noite despois de acadar os ovos de galiña de Mos que o acreditan coma terceiro clasificado no Aberto de Mos , o que si sabemos é que puxo a tixola ó lume para cear un espectacular revolto de cogumelos mesturados cos manaxares que o Excm. Alcaide de Castro lle entregou . Fantástica xestión de novo dos irmáns do CADAVAL que coordiaron iste nova acción billardeira en Castro e atención porque iste domingo xornada puntuábel na NorOeste , alerta de temporal na pista e en Tele-Varal donde os cambatentes herculinos preparan estouridos , alerta mñaxima porque en tamén se amosarán os sucesivos estalos realtivos á irrupción do Top-Mantelo na Chaira coa primeira edición do explosivo Billarda-Book Experience , a irrupción nas pistas do Almanake LNB e a apresentación mundial do primerio calzado propio e específico para practica da billarda dunha forma galega que prepara a irrupción nas pistas de xogo.....billarda sempre , adiante co Varal!! 

sexta-feira, janeiro 13, 2012

LUME NA PALLEIRA EN CASTRO , A CORUÑA E NA RADIO GALEGA!!!






















Todo listo e disposto para a primeira incursion na tempada regular naindomábel Terra Cha luguesa , a cita será no antigo campo de futbol de Castro Ribeiras de Lea donde apartires agardará a galiña de Mos e todo o seu exercito de palanadores e palanadoras para adornar con prumas a Monteira do campión do II Desatuo de Ghumarreira de Mos , atención porque no Set-Lab da LNB haberá as presentacións literarias de O Vervo Xido e Teoría de Inverno ( os agasallos do Apàlpador )  , ambas coordiandas polo grupo de conversa en Arxina que de novo a pé de pista estará amosando as brutais posiblidades da lingua dos coanteiros como sabedes cooficial co galego nas pistas da LNB . E Atención porque na primeira irrupción do explosivo Top-Matelo na Terra Cha ademàis do disco República Billarda poderase adquirir o espectacular ALMANAKE 2012 DA LNB , e incluso é posíbel que o Top Mantelo realice unha acción lóstrego no bar Suso de Castro na xuntanza dos catxorr@s NNXX....12 meses , 12 denominación billardeiras, sempre!!                                     

MAGHUA NO LUME NA PALLEIRA DA Radio Galega E NO ABERTO PUNTUÁBEL DA CONF.NOROESTE NA CORUÑA!!













E simultaneo ó Aberto da Galiña de Mos en Castro se sintonizades o referencial programa de folk da Radio Galega LUME NA PALLEIRA , alí estarán os irmáns de Maghua nunha entrevista en profundidade e falando da súa brutal estalo no REPÚBLICA BILLARDA. E como a billarda coma o folk-bravo de Maghua se espalla coma o lume na herva seca , da Palleira de Emilio Españadero a un novo Aberto o domingo na cidade da Coruña puntuábel para a Conferencia NorOeste, atentos ó seu web-oficial e facebook porque asan carne....Lume na Palleira e nas pistas de billarda!!

quinta-feira, janeiro 12, 2012

E A VELLEZ , DERROTADA , CHAMOU POLAS CRIANZAS:

..."Non son dos que cre que as tradicións son absolutamente boas polo feito de selo. Un pobo, unha nación, unha identidade, fórmanse por elementos en permanente construción e as súas tensións políticas son case sempre produto dese proceso. Non penso que todo o que vén das nosas raíces sexa bo, e moito menos que o sexa por ser máis puro e máis apegado a elas. A tradición tennos que servir para recoller os elementos que nos permitan construír o futuro. Creo que a billarda é un deses elementos: un xogo sinxelo e apaixonante, con vocación de asolagar o país e devolvernos unha parte das cousas que esquecemos: que o pau serve tamén para bater nos inimigos e a billarda para non esquecer como se fan voar os soños." Dende o referencial  Porto dos Escravos , o irmán Mario Regueira , lanza de novo as súas certeiras psicofonías-billardeiras cara ó sempre perigoso varal de torres electrificadas de intenside e absoluta  paixón compatida e contemporanea . Compartindo trincheiras e pistas de xogo , dentro e fóra do país ,  donde cada asubío do bélit e da billarda se converte nun calafrío que esperta en nós os nosos maís altos instintos . A billarda non é boa porque é nosa , é boa porque é internacional!!

ABERTO DA GALIÑA DE MOS DE CASTRO .....BILLARDA-BOOK  EXPERIENCE!!

Iste domingo na Conferencia NorOeste , atentos ó seu web-blog e facebook oficial poque ultimas xornada puntuábel na cidade da Coruña que acompañará á tribo do NorLeste que iste sábado apartires das 15:30 h.  invadirá Castro Ribeiras de Lea donde  afondando no brutal sustrato literio que subxace na acción billardeira a pé de pista o grupo de coversa en Arxina apresentará o referencial libro O Vervo Xido do irmán Calros Solla que servirá de trampolín para continuar con ista explosiva acción de rebeldía verval. E xunto co Vervo Xido na pista de Castro tamén estará o libro Teoría de Inverno ( os presentes do Apalpador ) que se apresentará no Madia-Leva de Lugo iste venres e que  chegará temén ó antigo campo de futbol de Castro donde se desputará o Aberto da Galiña de Mos de mans da referencial equipa da cidade das Murallas . Polo que tanto Vervo Xido coma Teoría do Inverno serán os dous grandes estalos-literarios que se apresentarán no referencial Set-Lab da LNB....sons, letras e actitudes sempre, Adiante República Billarda!!

quarta-feira, janeiro 11, 2012

A CONFERENCIA NOROESTE ADIANTASE Ó IMPRESENTÁBEL LANZAMENTO DO XATCOBEO!!



















Un pequeno paso para o palanad@r mais un grande paso para a LNB xa que antes que o Xatcobeo , ise compendio impresentábel de cartos despilfarados pola xunta anti-galega e pola UVI , que iste 9 de febreiro van por en órbia o satélite frijolito posibelmenta co nome máis horríbel de toda a galaxia, dende a base espacial LNB da Coruña artelllada con retallos enviados polos excosmonautas soviéticos,  ista pasada madrugada nunha espectacular acción a miles de pés da terra o cosmonauta Sak logrou aranxar o referencial satélite dixital da Conferencia NorOeste que xa está emitindo información despois de varias semanas averiado polo acoso dos meteoritos  "L" . E atención, ide preparado os vosos receptores luares porque iste domingo dende Radio Oceánica da RGM, o Cosmonauta acollerá na súa nave un perigoso comando intergaláctico da República Billarda...  Billarda Sempre , Xatcobeo never more!!

terça-feira, janeiro 10, 2012

A GALIÑA DE MOS , PROTAGONISTA ABSOLUTA EN CASTRO DE RIBEIRAS DE LEA NO ABERTO PUNTUÁBEL DA CONF. NORLESTE


















Con máis coidados paliativos que o mesmísimo ex-presidente da xunta , está a viver a galiña de Mos que iste vindeiro sábado en Castro de Ribeiras de Lea vai ser a gran protagonista na desputa dunha nova xornada puntuábel na Conferencia Norleste. Todos recordamos que o ano pasado os primeiros clasificados nas diferentes categoráis trouxeran ovos aínda que desgraciadamente moitos sairan chocos, agardamos que nista ocasión o galo non falle nas súas tentativas e consolide a súa proposta...brindamos por elo!!!

segunda-feira, janeiro 09, 2012

LABAZADA....NON IMOS PARAR ATE XOGAR EN TODAS PARTES!!


Nen a Formula1 nen o futbol millonario van impedir que xoguemos a diario ... istas extremedoras e incendiarias verbas inxertadas na letra diste referencial tema do República Billarda dos irmáns de LABAZADA , é unha das lanzadeiras básicas que a LNB utilizou para establecer as súas coordenadas básicas de actuación abrindo camiño a paus e a Labazadas, é por elo que de seguro iste grupo converxerá con nós nos escearios e nas pistas e ademáis é o elexio para baixo a espectacular máscara construida no laboratorio de Formas , Paláns e Billardas de Meira anunciar o inico de contactos formais para celebración do primeiro gran Aberto de Billarda nas terras irmáns do Bierzo....non imos parar ate xogar en todas partes!!

domingo, janeiro 08, 2012

BASILIO DOS TROULEIROS, AMOSA NO SALNÉS O GRAN POTENCIAL DA CONF. CENTRO CARA Ó DESAFÍO FINAL DE CONXO!!!

















O cerco xudicial arxentino está a ser defintivo para que quizais os vindeiro días sexan os cluciais para  o  descorrrer definitivo dun catarro que dura case 90 anos,  por fin xuices  natualmente de fóra do estado español , implicado coa verdadeiro e implacábel xustiza , unha xustiza revolucionaria que ista fin de semana no Salnés coam epicentro do universo billardeiro e naturlamento os focos dos corresposnais de guerra estiveron alí para amosar o brutal da proposota

















E como é xa norma iste domingo contra-programando á igrexa católica , ás 12 h desputoriso en San xenxo un novo Aberto puntuábel da Conferencia Salnés no que Basilio, o gran palanador do Pino e gran estrela da Confencia Centro , saíu vencedor incrementando as ansias do retorno á competición depois do Lock Out invernal na referencial área estornela.















Mais o sábado deputouse no Beluso en Bueu a primeiro partido da competición por equipas entre os combinados do Sanés e do Morrazo>>  O partido estivo moi equilibrado até as dúas últimas carrerias, haí os do Salnés demostraron a súa experiencia. Ademais tiveron a Cheli do Marrazo como reforzo. o resultado foi de:  SALNES  76 - MORRAZO  62 ( polémica chegou en torno ás anotacións das puntuacións polo que na volta o Morrazo avisa que levará os panaies )  . O rematar, grande PAPADA  a conta de Corredoira. 


REPÚBLICA BILLARDA , ILEGÍVEL... BERRA OU MORRE!!



E atención porque dende o universo Salnés chega tamén o brutal estorido de Ilegível , que inauguran a xeira de novos video-estalos extraídos do disco República Billarda construídos na poderosa e sempre explosiva forxa dixital dos irmáns de Tropa-Lixeira....Anímate, faino por Noos!

sábado, janeiro 07, 2012

REPÚBLICA BILLARDA.....SONS , LETRAS E ACTITUDES EXEMPLARES!!
















-Saludos desde Washington rapaces, os quiero informar que cualquiera poseedor del disco República Billarda que sepa que está ejerciendo la misma presión que yo para derribar esa obsoleta institución que no representa a nadie ni a nada llamada monarquia, muy pronto podreis disfrutar de una nueva serie de video-clips de temas incluidos en este fantástico disco doble lleno de trigo limpio , y recordad que gracias al RB y  a mi ya no necesitareis quemar mas fotos, atentamente - I.U

sexta-feira, janeiro 06, 2012

PALANOTRÖNIC PROTAGONIZA O NOVO ESTREO MUNDIAL DOS SUIZO-GALEGOS "I LOVE I DO"!!


A meu Palanotrónic, ainda me acordo, cando baixabas polo monte abaixo, e viñasme ti dicindo.Bota carne no pote, Marianiña, bota carne no pote, Marianá, un molete enteiro. enservelletado, unha bota con viño, chupáená! . Para poder ilustrar minimamente iste impactante estalo de ciencia ficción criado polos Mafiosos Don Mangante e Chapuceiro que actuando baixo as señas do seu impactante proxecto políglota chantado no mesmo corazón da Suiza-Francófona  I Love I Do , inauguran iste xénero de auténtica serie B no universo billardaerio polo que obrigatoriamente temos que acudir a clásicos  da embergadura de Fuxan os Ventos para arroxar luz na mesmísima cova dun ciber palanador galego chamado Palanotrönic. Estreo mundial simultaneo do video-estalo de I Love I Do pertencente ó disco República Billarda , realizado nunha data tan especial coma a anteriormente coñecida coma 6 de Xaneiro , e dicimos isto porque a LNB xa pode dicer que se vai rexir por un calendario allternativo  " 12 meses 12 denominacións billardeiras" con Almanake que se ditribuirá nos sucesivos Top-Mantelos e que ó igual ca Palantrönic no cinema de serie B europeio vai constituír unha fenda insalvábel para todos os que participen del. 5 de Cachiza día no que unha chamada do rei Gaspar a Planatrónic despois de remata a cabalgata logrou rebaixar a tensión para selar un alto o lume para que o zapatillas e zocas das crianças galegas puideran ser abastecidas , é por elo que ó estreo de Palanotrönic ista find sumaranse uns brutais agasallos máis en forma de video-estalo que selaran ista transitoria calma tensa. E despois da celebración da primeira volta da competición por equipas Copa Ría de Pontevedra entre combiandos do Morrazo e Salnés esta domingo en San Xenxo as billarda continúan no ar nunha nova enganchada puntuábel na Conf. Salnés.E o vento decia, pronto hai de volver!, pra tira-la fame, pra poder comer...

quarta-feira, janeiro 04, 2012

TRES CONTRA UN....DEIXA ZOCAS NO CANTO DE ZAPATOS PARA QUE PALANOTRÖNIC CHE DEIXE OS AGASALLOS!!












Iste Natal non podía faltar, despois de amosar os dentes recordándonos cada hora na nosa Emisora Oficial Temática,  Radio-Musica en Galego , Palanotrönic dá un paso máis ó fronte para recoller o relevo do Apalpador e converterse no cibor-palanador capaz de enfrontarse a ises tres estranos que iste venres van vir colonozar os fogares galegos con agasallos estranos e anti-naturais . O noso ciber-Planador chega disposto a prantar pesegueiros fronte a ises tres reises en camelos que non só non van agasallarvos co República Billarda senón que volo tentarán roubar xunto cos paláns e billardas. Palanotrönic propón que deixedes zocas no canto de zapatos ou zapatillas para que os reises magos saiban que non son benvidos e para que o cibor-palanador máxico da LNB poida deixarvos os auténticos agasallos nise noite máxica. E para apoiar iste brutal acción dende Xenebra , I Love I Do , rapeiros adscritos dende crianças ós carbóns dos reis magos e confesos seguidores de Palanotrönic I Love I Do preparan coma vinganza e en apoio ó acción do Ciber-Planador o estreo mundial simultaneo do explosivo video-clip do seu espectacular estalo do República Billarda adicado a Palanotrönic....Palanotrönic Sempre , adiate I love I do!!

terça-feira, janeiro 03, 2012

FELIZIANO-ROCK , A CONTUNDENTE RESPOSTA Á PATÉTICA MENSAXE DE ANINOVO FEIJOÓ!!


O público famento necesita alternativas, alternativas reais e voces comprometidas, alleas á patraña da fusión de consellarías , caixas e merdas disas....colle o teu palán e okupa wall-streat, o banco da esquina ou o que che déa a puta gaña mais non te quedes na casa e nen por un instante penses que está todo perdido porque a revolución nen vai ser televisada nen sequera twitteada polo agora máis ca nunca afía o túa brosa e sinte a mensaxe de aninivo que lanzou o cantante de Extension Agraria na súa brutal intervención cos Scream no LezianoRock na sala Omega de Meira. Extension Agraria ....porque vai correr o sangue a regos de Bretoña ó Val de Ellas!! 

REPÚBLICA BILLARDA IRROMPE NO EO-NAVIA DA MAN DE "OS FOLKGAZIS" E DA SÚA NOVA VOZ-BILLARDEIRA!!


















O imparábel proxecto global de inmersión billardeira é un feito que como se pode constatar xa en cada recuncho do páis estoura en tódolos frontes, se prendes a televisión, na radio , na rede....xa naide nen nada está libre do bruar das billarda e màis agora que co República Billarda coma punta de lanza podemos confimar  oficialmente que a palanadora ribadende  Ruth Martín pasa a porse ó fronte para ser a voz e instrumentista de Os Folkazais , o referencial grupo da Veiga xa prepara novo disco e novos concertos no que de seguro xa aparecerá a explosivo estalo billardeiro que xa ultiman para a nova tirada do República Billarda . Atencion porque o proxecto sonoro da LNB non é nen moito menos un disco que vaia quedar só niso , é un proxecto de intervención e interrelación continuo cos grupos galegos e internacionais cos que compartimos filosofía de acción común , Folgazais xa cos bois xunguidos , Tumba e Dalle preparando a semente billardeira para unirse á xeira son tan só a punta de lanza dun brutal tsunami de bandas . músicos e artistas que desexan sumar o seu puño e voz á República Billarda nun aterrador proxecto que xa se postula coma a primeira gran intersección de bandas galegas e internacionais disparando cara un mesmo Varal ....República Billarda, + longe , + forte!!

segunda-feira, janeiro 02, 2012

RODRIGO CASTAÑAL DE EXTENSIÓN AGRARIA E OS REMOURELLE BULLS AMOSAN OS DENTES COA SÚA BRUTAL ENTRADA DE ANO!!!

















O Feliziano Rock de Meira fixo saltar todas as alarmas sobre a capacidade brutal dun proxecto e dunha posta en escea que Rodrigo Castañal cantante de Extencion Agraria xunto co baixista dos Pan Z , realizaron durante a actuación de Scream durante o explosivo festival rock na sala Omega de Meira. Acción sen precedentes que  sevíu para amosar ante unha pasmada audiencia a placaxe dun cantande implacábel que afía xa as billardas para asaltar ós escearios liderando ós aterradores Extención Agraria , gadañas , sachos , galletas , marras e brosas para coa camiseta dos Khrmers Vermellos de Pol Pot combatir o imperio de perversion e luxuria tecnolóxica de Steve Jobs . Os Remourelle Bulls , coma Rodrigo enriba do esceario , exemplificaron á perfeccion isa capacidade de implicación e compromiso a feixes que a LNB necesita , non hai calendario á bondo niste noso almanaque de paixón polo que a celebración dunha nova edición do Abertinho de Aninovo en Remourelle consolida unha proposta absolutamente esnaquizadora que tivo incluso participantes que non puideron chegar tan arriba xeograficamente pero que realizaron en Ribadeo o quencemento necesario para que ista nova acción lostrego puidera ter lugar...e para combater a tonterías mediática das promesas de incio de ano , esquence a lingua imperial e aprende arxina para relacionarte de xeito natual , billarda sempre , adiante co Varal!!

domingo, janeiro 01, 2012

ALMUINHA CONVERTE MARÍN EN PUNTO DE CRIANÇAS CEIVES POLA ACCIÓN DO APALPADOR E OS SEUS GAITEIRINHOS!!!!


Impactantes imaxes as que nos ofrecen os corresponsáis de guerra de Tele-Varal dende as trinchieiras da Conferencia Sur. Marín coordinado polos irmáns de Alumuinha, como podedes ver niste brutal documento en exclusiva mundial , foi un dos focos de intervención nos que o Apalpador contou con toda a infraestructura billardeira de apoio. 















As rúas de Marin e do país enteiro tinxíronse do vermello das barvas e cabelo do Apalpador que non podía fallar á cita anual con todas as crianças que o agardan cada vez con máis ansia e emoción.

E para escorrentar a friaxe e persoaxes alleos ó Natal galego , o Apalpador fai unha pausa no seu apoteósico discorrer pola rúas de Marín para encher a pipa e darle unhas caladas para coller azos cunha fondas caladas do relado do povo. 

Intensidade en emoción a feixes durante a preparación do repertorio do Apalpador e os seus gaiteirinhos- 















-Hai xente que quere trocarme por un impostor que non se preocupa polas nosas cousas , nen pola nosa natureza en pola nosa fala , igual ca ises tres que veñen o 6 de xaneiro, tamén din que veñen en camelos, a quen lle colle na cabeza , nen que isto fose un deserto, de ser por eles de seguro que sería un deserto porque só queren  construír rúas e centros comerciais donde antes había castiñeiros e queren vender turron en vez de castañas, mais os nenos e nenas da galiza non se deixan enganar [ extraída da entrevista ó Apalpador no Novas da Galiza-109 ]...Apalpador Sempre , Adiante co Varal!!