O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, julho 30, 2012

MÉXICO 68 ?? NON A PASTORIZA 2012 NO ABERTO DO REQUEIXO!!

















Sobran motivos para que calquera palanador ou palanadora que suba a un pódium sexa iste cal sexa co puño ergueito enfundado nunha luba negra , Charli o gran palanador dos Spartak de Muimenta confirmou na  Pastoriza nunha nova edición do Aberto do Requeixo o seu fantástico momento de forma depois de vencer no Aberto do Xabaril de Baltar asaltoi iste domingo tamén a máxica porcion do branco manxar afianzando a súa candidatura para na tempada regular asaltar tamén o máis alto da clasificación rachando os binominos ribadenses para volcar a romana cara as bravas e indomábeis terras de Muimenta.













Tommie Smith e John Carlo foron os velocistas estadounidenses dos 200 metros que ergueron o puño en sinal de protesta pola secesion racial que se vivía no seu país tivo a complicidade do atleta australiano Peter Norman que aínda que no alzou o puño si lucíu unha pegatina en solidaridade coa causa defendida polos seus compañeiros na pista de velocidade. Charli e Juan son os Tommie e J.Carlo da NorLeste acompañados por Luis Bateas , o noso P.Norman da Conf. Salnés que no podium recollen o guante dos activictas afroamericanos para denuncar por exemplo o expolio legal que os alcaldes de todos os concellos do páis están a realizar ó pobo galego cos seus desorbitados soldos de sátrapas parroquiais amparados por unha constitución e un sistema democrático a toda luces arcaico e obsoleto que pide a berros a queima de instituciíons e cargos electos...LUBAS VEMELLAS E PALÁNS ERGUEITOS!!

domingo, julho 29, 2012

OS SERVICIOS ANTI-XURÍDICOS DA LNB PREPARADOS INTERVIR NO ESTRANO CASO DA CABRITINHA DAS OLIMPIADAS [rurais] DE MEIRA!!


















Os milleiros de usuarios do Chuza levan toda a find. exaltados por mor da terrófíca nova aparecida no portal co desacugante título de " Rouban-lhe o caralho namentres durmía" , trátase dun home chines que foi capado  por uns descoñececidos encarapuchados que entraron na súa casa a iso das catro da mañá para aproveitando o seu profundo colocarlle un bolsa na caluga e extraerlle o seu membro viril. Un feito que só pode ser equiparábel á dor infinda que a LNB sinte ante o acontecido iste sábado no Aberto do Cabritinha no marco das Olimpiadas Rurais celebradas en Meira donde o gañador do gran Torneo Daniel dos B.M despois de sacar a foto co tan desaxado animal foi despouido do mesmo en troco por unhaa empanadas e un fantástico queixo . Os servizos anti-xurídicos da LNB xa teñen as brosas e coitelos preparados para dirixirse a Londres auténticos responábeis diste despropósito olimpico en Meira para axusticiar como corresponde ós membros do comité olimpico internacional , priemeiro foi Korea do Norte co desaire das bandeiras e agora é a LNB co atraco do perico!!
















E simultaneo ó Aberto da Cabritinha en Meira en Bueu , nun marco espectacular celebrábase o xa m´ñitico Aberto de verán na vila do Morrazo puntuábel ademáis para o circuito estival da Chaqueta de Lá.

















Xan Rodiño okupou o máis alto dun podium tomado polos Bateas amosando a boa forma dos actuais campións nacionais niste multitudinario aberto no Hemisferio Sul . E atención porque iste domingo na Pastoriza nova edición do Aberto do Requeixo no circuito de velocidade da vila chairega , un requeixo feito de leite ecolóxico de vaca e non de boi como se viña comentando ó finmalizar o aberto olimpico da Cabritinha de Miera

sábado, julho 28, 2012

A BILLARDA COMA O APALPADOR.....DO COUREL Á GENTALHA DO PICHEL

















Dende o principio dos tempos os Ex_Tension Agraria entenderon que os escearios son demáis dun con xunto de palés dispostos para subir e bourear enriba deles incitrando á revolucion e o aperamento , nha plataforma brutal para a exposición de arte alternativo fóra dos arcaicos e obsoletos conductos oficiais , é por elo que a aposta do referencial local Compostelan da Gentalha do Pichel por ser a sede para amosar ó mundo a espectacular Zoca do campi@n do Aberto do Día da Patria enche de raiba e carraxe necesaria a toda a serpe multicor para cargar do veleno necesario en cada unha das súas incesantes incursións na capital galega e no resto de aldeias , vilas e cidade do páis enteiro....

HISTÓRICA IMAXE DO I ABERTO DO OSO PARDO DO COUREL!!
















E para mostra a histórica acción billardeira realizada no Courel tan só uns días antes do Aberto da Patria cando diante da mesmísima casa do Apalpador, figura referencial e absolutamente impresecindíbel ó igual ca o Escumoso Bieiteiro do Natal Galego recuperada precisamente pola comisión de história da Gentalha do Pichel , as billardas da LNB nun Aberto coordiando polos irmáns de Xotramu de Muimenta e máis os membros da A.C A Coroa de Folgoso do Courel puxeron en marcha o pasado domingo 19 de xullo o I Aberto do Oso Pardo do Courel reivindicando a protección e a repoboación diste animal autóctono acurralado pola infamia do expolio do seu hábitat natural....COUREL E GENTALHA SEMPRE, ADIANTE CO VARAL!!

sexta-feira, julho 27, 2012

CABRAS , REQUEIXO , CHAQUETA DE LÁ... COMEZA UNHA FIND. DE LOITA, BILLARDA E ESMORGA A EITO!!


















O eixo do carro da LNB continúa rinchando na Cachaira marcando indiscutibelmente a pauta no universo billardeiro , iste sábado en Meira no marco das Olimpiadas Rurais que deixa en cuieiros o tinglado capitalista de Londres terá un dos seus puntos álxidos coa desputa do Aberto de Billarda da Cabra Chairega un brutal estourido que arrincará a iso das 17 h . Info e Inscripción: 686.458560  - E simultaneo á ista acción no hemisferio Sul Aberto puntuábel para a Chaqueta da Lä en Bueu>>  658.491908



















Que desputache a cabra e non tiveche sorte, ou estiveche vivindo a tope o Expresions Simultaneas de Meira  coas actuación de Terbutalina , Labregos no tempo dos Sputniks e ós PanZ e tes unha resaca de cabalo e necesitas algo a toda velocidade para reporte..non te preocupes , a iso das 16:30 no circuito da Pastoriza tes ó teu alcande a mellor das menciñas posíbees coas que combater a terríbel doenza dunha terríbel noite de troula e loita..falamos naturalemente dun auténtico manxar froito das terras coa segunda das populacións de vacas máis numerosas por habitantes do país , O ABERTO DO REQUEIXO DA PASTORIZA xógase iste domingo no circuito de velocidade polo que colle o palán e bótate á estrada a toda velocidade e en direción contraria. Info e Inscripción>> 699.362061


















E nas terra da Conferencia Centro iste sábado. tamén preparan o corpo para darlle troula da boa donde as estornelas moi posíbelmente invadan tamén o ar cun posíbel Abertinho no marco da espectacular Romaría Galega de Pontraga, un dos epicentros da área estornela donde cos banda sonora dos Pelexos , Pan Quente , A Orquestra os Modernos e os Zanfonistas da Pontraga vai ser moi complicado que as billarda poidan estar quedan e non se reviren para desfrutar de tanta festa comso vai haber en Tordoia. Info e Inscripción>> 654.232108

COME, FALA E LOITA ....A TURBADORA CONEXION CHOLLIMA NO DÍA DA PATRIA!!


















NOVO PUÑETAZO RIBA DA MESA REPLETA DE CHURRASCO UN DÍA DA PATRIA NO QUE OS PALÁNS , BILLARDAS E BANDEIRAS SE MESTURARON NA BRUTAL INICIATIVA DA LNB DE CONSUMO DE PRODUCTOS NACIONAIS . BROCHE FINAL NO CAMPOSANTO DE BONAVAL DONDE A ZOCA DO ABERTO DE BILLARDA SAÍU DISPARADA COMA POR UN MEIGALLO CARA Á GENTALHA DO PICHEL DONDE REPOUSA E ESTÁ A DISPOSICIÓN INCLUSO DO GAÑADOR DO ABERTO LUIS BATEAS PARA QUE POIDA REALIZAR A INCRIPCION LAPIDARIA QUE NECESITA.















UNHA LAPIDACIÓN QUE O FEIXISMO OLIMPICO TENTOU REALIZAR COA SELECCION DA IRMÁ KOREA DO NORTE A CUXO EQUIPO DE FUTBOL FEMININO NOS MARCADORES ELECTRÓNICOS UTILIZARON A BANDEIRA DA NOXENTA KOREA CAPITALISTA NEGÁNDOSE COMO NON PODÍA SER DOUTRO XEITO AS XOGADORAS A SALTAR Ó TERREO DE XOGO ATE QUE A SÚA BANDEIRA CHOLLIMA LUCIRA NAS PANTALLAS. UN ATAQUE SEN PRECEDENTES A UNHA DELEGACIÓN E UNHA FILOSOFÍA DUN PAÍS INCÓMODO NUN DÍA DA PATRIA NO QUE ADEMÁIS O SEU NOVO PRESIDENTE, O XOVEN KIM JUNG UN ANUNCIABA OFICIALMENTE A SÚA BODA . CHOLLIMA SEMPRE, ADIANTE CO VARAL!!

quarta-feira, julho 25, 2012

AS BALCOADAS PATRIÓTICAS DA LNB SÚMANASE Á MANI E Ó ABERTO AUTOXESIONADO EN COMPOSTELA!!

















EXITAZO SEN PRECEDENTES DA KEDADA ALTER-NATIVA EN COMPOSTELA XESTIONADA POLA LNB PARA A MANI DE CONSUMO DE VIÑOS E TAPAS EN LOCAIS QUE UTILICEN O IDIOMA GALEGO , UNHA ACCIÓN QUE FOI APOIADA EN CENTOS DE PUNTOS DO COA BALCOADA PATRIÓTICA DA LNB INUNDANDO BALCÓNS DO PAÍS ENTEIRO COAS SEÑAS DE IDENTIDADE DUN TERRA E DUNHA REVOLUCIÓN IMPARÁBEL...BILLARDA , PATRIA E LOITA!!!

terça-feira, julho 24, 2012

A LNB LANZA A KEDADA PARA A CELEBRACIÓN ALTER-NATIVA E INTEGRAL DO DÍA DA PATRIA...MANIFA , XANTAR E DESPUTA DO ABERTO ZOQUEIRO EN BONAVAL!!



















Un ano máis, e van xa unha cuantas, dende que a serpe multicor da LNB decidira ensinar os dentes o día da Patria en Compostela naquela mítica acción conxunta na praza da Galiza cos irmáns de Ceivar portando a histórica faixa co lema de BILLARDA,  PATRIA E LOITA  e cos golpexos ó xefe do estado no centro da diana no mítico set LNB instalado na Alameda desatando un bruar que segue hoxe máis vixente ca nunca. É por elo que nun contexto coma o actual de diversidade manifesta para celebrar iste 25 de Xullo , a LNB non pode quedar de brazos cruzados e coma entidade social punteira na vangarda galega lanza o seu plan de acción alternativo ós cúmio de micro-formigueiros que van infestar Compostela iste mércores día da Patria>  Este ano haberá mais manifestacións e actos diversos no día da Patria que os anos anteriores. Entón en vez de traballar a prol da unidade os galegos estamos aínda mais divididos co que o enemigo será cada vez mais forte, porque se cada un tira do carro nunha dirección ao final o carro non avanza. Acudir a calquer manifestación desfai mais do que fai. Porque acabas alimentando a cada organización e ao seu ego para continuar en solitario. 



















A LNB propón que na mañán do 25 de xullo entre as 11 da mañán e as 3 da tarde todalas personas comprometidas con Galiza as pasen tomando cañas, viños, refrescos e pinchos (de productos exclusivamente  polo casco vello de Compostela en locais que apoien o noso idioma) . Que nos tempos de crise debemos fomentar o consumo de productos galegos para crear traballo na Galiza. 





Así que o Día da patria pasao defendendo o teu país do acoso do estado e dos mercados  disfrutando do noso día polo casco vello de compostela e as 5 da tarde desputar o mítico Aberto Zoqueiro do día da patria en Bonaval , e non te preocupes se lle arrincas un ollo a calquera dos que estaña por alí instalado...BILLARDA, PATRIA E LOITA!! ÚNETE Á SERPE DA LNB PARA DESFRUTAR DUN AUTÉNTICO DÍA DA PATRIA>> 627.780891

segunda-feira, julho 23, 2012

A REVOLTA DO FUTBOL GAÉLICO EN NARÓN E DAS PALANADORAS NO ABERTO DO UMIAROCK!!
















Rock, billarda e a salvaxe fauna do río Umia foi a combinación brutal que estourou iste sábado en Barrantes nunha nova edicion do UmiaRock na que botaba andar por primeira vez un explosivo e multitudinario Aberto de Billarda.














Un día antes , o venres en Narón Siareiros e a F. Artábria artellaban unha accion histórica para o desporte galego...

















As seleccións nacionais de Galiza e a Bretanha de Futbol gaélico fronte a fronte nun partido punta de lanza para rachar o aramio de espiños legal co que estado español impide a participación das seleccions nacionais galegas a nivel internacional.

















Palanadores e palanadoras da LNB plagaron as gradas do estadio de Narón no que se desputaba o internacional apoiando coa firmeza caracterísca da LNB unha iniciativa na que a Auténtica está directamente implicada.

E en Narón ó día seguinte do gran sucesso internacional explosivo Aberto de Billarda simultaneo ó do Festival do UmiaRock no que Xna Rodiño se impuxo no bautimos billardeiro en Barrantes>> Neste aberto, as mulleres bateronnos a base de ben. Na clasificación xeral nos 8 primeiros postos 3 mulleres, e dúas delas no 2º e 4º posto. A triunfadora da tarde foi Cheli de "gharaboto" que foi a gañadora de mulleres e 2ª na xeral. En oitavos eliminou a Iván, coroceiro nacional 2011, a Angel en cuartos, o seu marido e top-tem Luis Camiña en semifinais (xa non queda un anaco de respecto no matrimonio, nin polos maiores) 
XERAL         1º Xan      2ª Cheli    3º Luis Camiña   4ª Lu      8ª Elena  15ª Chefa
MULLERES   1ª Cheli    2ª Lu        3ª Elena
NENOS        1º Xavi    

OS GADANHEIROS DA LNB IRROMPEN EN ESCEA PARA ABRIR O CONCERTO DE Ex-TENSION AGRARIA NO FESTIVAL DA CHAIRA!!


































IMPRESIONANTE E ALEBRESTRADA IMAXE DA BRUTAL IRRUPCIÓN DOS GADANHEIROS DA LNB NO ARRINQUE D  MULTITUDINARIO CONCERTO DE Ex_Tension Agraria NO FESTIVAL DA CHAIRA . PON FIN UN GRUPO GALEGO QUE INCITA ÓS FOGARES A ARMARSE PARA DEFENDERSE DO EXPOLIO POLÍTICO , XUDICAL E BANCARIO Ó QUE TEMOS QUE FACER FRONTE....A POR ELES , PAGARANO COA SALÚ!!








E ten só unhas horas antes de que os GADANHEIROS tomaran o esceario da Chaira en Baltar nas estradas asturianas da cidade de Xixón  , o Ciclista-LNB Rubén Sanchez demarraba a tan só uns metros da meta para imporse nun novo spring que o situou no máis alto do pódium nista carreira. Nun contexto tan deplorábel como é a entramado comercial e politicamente ultra-correcto que é o Tour ter representándonos nas rúas da península a un ciclista tan íntegro e honesto cama Rubén , ó que podemos considerar tamén coma o gran Gadanheiro da ruta, é un enorme luxazo. Noraboa Rubén por iste gran triufo e adiante con toda a forza e alento en cada pedalada da tribo LNB!! 
















Arrincaba o festival cunha espectacular sesion vermú e co intervencion do grupo e música e baile tradicional da Pastoriza donde un Gadanheiro da LNB xunto cos resto do grupo marcaban o ritmo que irremediabelmente os conduciría cara ó brilo da follas das gadañas xa entra a madrugada.


















Posibelemente ista nova eidión do Aberto do xabarilo do festival da Chaira fora o máis intenso e máis multitudinario de todos cantos se levan celebrado convertindo pois a ista cita nun punto de encontro inexcusábel para os palanadores e palanadoras da zona en conflicto.


















Mais ista edición a LNB quixo dar un paso máis e utilizando ós palanadores militantes na referencial equipa do Muralla Rugby Clube , realizouse un pequeno staff técnico de achegamento ó pase de balón....

















que desembocou nunha brutal Pachanga na que membros de Ex_Tension Agraria participaron activamente xunto con palanadores e máis xente que estaba no concerto que tdesfrutou da súa primeiro practica diste desporto irmáns grazas á iniciativa da LNB e dos xogadores do Muralla integrado no universo billardeiro.




















Mellor quencemento imposíbel, despois dunha placaxes e uns ensaios por fin Paulo , o palanador aborixe de Ponteceso e xogador do Muralla RC.  collía nas súas mans a gadanha que horas máis tarde ía acender o rebelde agradi@ que tod@s levamos dentro,



Avanzaba a aberto con palanadoras aferradas na liña de enfronte tntando asaltar o mais alto do pódium que suporía coller o xabaril polo pescozo, foi iste un intre no que toda a pista apoiaba o golpe de Lola cando se pensou na posibilidade dun aberto da Basoira de Xestas en consonacia á liña marcada noutras conferencias...como Lola ben sabe , experimentos con gaseosa e a poder ser La Pitusa de Meira!!



Un Aberto cuxa intensidade cobraba a súa primeira víctima no tramo
 final do torneo xa que cando Marcos se dispuña a desputarlle a Luis Bateas o pase ás roldas finais un palán ceivo lanzado por Borja de Madia Leva propioune na perna unha importante ferida que aínda que non foi a nada máis aló da dor do instante si nos fai intensifiacar o chamamanto á utilización de cordas de seguridade nos paláns.  

Foron pois as Siareiras Galegas quen ante o cúmulo de lesions mentras celebraban a pé de pista a gran victoria da selecicon galega de futbol gaélico fronte á Bretaña no partido celebrado no festival da terra e da lingua de Narón , amimaban firme e intensamente.

Foi o gran palanador CHARLIE  dos Spartak de Muimenta , quen venceu nunha desputada e intensa final do Aberto do Xabaril con Xose de Tropa Lixeira mentras que o terceiro premio que foi unha espectacular botella do tan preciado Champange galego Escumoso Bieiteiro foi para Luis de Bateas .


E nista instantaneo podemos ver a Dora , a palanadora de Nogueira de Muñiz productora do magnífico Escumos Bieiteiro,  como comunica a varios membros da LNB as malas novas dunha colleita moi escasa para aforntal a gran campaña de Natal , é por elo que está explicando os segredos da eleboración para unha posíbel nova planta de produccion e embotellamento en Remourelle ...seguiremos informando!!

Precisamente produccion e embotellamento sábe son os fortes distes dous grandes palanadores sentados nun sofá a ceo descuberno no salon improvisado na merenda dos Tropa Lixiera do festivla da Chaira . rematado o Aberto o seleccionador nacional despois da micro-sesion de chistes no esceario foi ver e cambiar impresions cos seus pupilos ,a tención porque Richard o palanador e artista do TL está a coller moitos visos coma posíbel novo capitan da Auténtica .  

Faltaba cada vez menso o reloxo de area verqía e cada vez había menos marxe para o erro , xantar de irmandade no backstage de Ex-Tension Agraria cos gadañeiros adoecendo por enfundaren os carapuchos , coller as gadañas e saír ó esceario segarlle a caluga do primeiro que se puxera por diante!!


Impresionate imaxe de Suso transmitindo calma ós Ex_Tension Agraria . o gran palanador dos Remourelle Bulls sabedor da importancia da actuación , faille unha fregas transquilizadoras a Alex , un dos guitarristas da banda galego-arxina de Bretonha que nise instante ó igual que o resto da banda debecía por entrar en combate. 

Un combate contracultural no que xa están inmersos ista brutal parella creativo coñecida xa popularmente coma os Ri-PI , expuxeron no esceario de Ex_Tension seu explosivo " Homem que parte as pernas ao tentar materse porque a corda era demasiado longa" maisd na pista de xogo da LNb xa estám matinado novas acción conxuntas que van marcar época na arte de vangarda galega e europeia...NOM NOM NOM, PARCELARIA NOM!!

domingo, julho 22, 2012

Ex_TENSION AGRARIA E A LNB....PRÁNTALLE LUME Ó MONTE DE CÁLITROS QUE HABITA DENTRO DE TI!!


A TERRA CHA E O PAÍS ENTEIRO TREMEU ISTE XA HISTÓRICO SÁBADO 21 DE XULLO COA IRRUPCIÓN DA PLATAFORMA BILLARDEIRO-CONTRACULTURAL DA LNB QUE AMIAZA XA CON SER O ÚNICO XEITO DE DEFENSA REAL ANTE O ACOSO XUDICIAL POLÍTICO E BANCARIO Ó POBO GALEGO.


Mantras no UmiaRock de Barrantes se desputaba o Aberto do Río Umia , en Xuvia as billarda asubiaban no Aberto ärtabro do Festival da Terra e da Lingua e en Baltar arrincana o multitudinaro Aberto do Festival da Chaira , na Zona Vella de Vigo , palanadores e palanadoras da LNB participaban no explosivo LipDub Terra no que como non podía ser doutro xeito o conflicto billardeiro aparece perfectamente reflexado e representado polos activistas do Centro Social da Faisca.

E mentras en Vigo as billardas e bandeiras da LNB tomaban as rúas en Baltar Pastoriza , o selecionador Nacional Manolo Flores despois de comunicar persoalmente con Pinto por telefono para coñecer de primeira man como fora o LipDub  e entregar a espectacular escultura de Xabaril a Charly dos Spartak de Muimenta coma campión do Aberto , subía ó esceario principal do festival no medio dunha incendiaria aclamación popular que pedía a berros unha nova micro-sesión de chistes do selecionador. Absolutamente deplorábel a actitude do equipo de son que se negou o acender os micros para Flores mais nada pode parar nen a Flores nen ó exercito LNB polo que realizou a sesión a pelo dando así un exemplo de forza e impulso salvaxe para executar unha sesión que moi pronto poderedes desfrutar en Tele-Varal. 


Flores marcou o paso e o camiño para que Ex_Tensión Agraria  unha horas máis tarde asaltaran o esceario guiados polo brilo da follas das gadañas portadas polo GADANHEIROS DA LNB . Ataque Escampe e Bastards on Paradise subiron antes de que a superbanda galego-arxina de Bretonha abriran lume e incendiaran os montes de cálitro que cada un dos asistentes levaba dentro.


Algo mais ca público é o que acompaña á Ex_Tension en cada unha das súas incendiarias accións sonoras, anti-fans comprometidos cun xeito e filosofía de expresión aldraxada polos medios e canles convencinais , donde van crean conflicto .... incluso cos membros do equipo de sonido que despois de negarlle os micros a Flores amiazaron deixar sen luz a Ex_Tension no medio do concerto antes as maxistrais interaccións cos anti-fans en escea. 

Unha interacción que unha vez máis se puido ver no esceario xa que o palanador e pintor Pirucha estreou unha nova e apabuinate obra titulada " Homem que partíu as pernas ao tentar matarse  porque a corda era demasiado longa" froito da súa colabroación co gran palanador de Tropa-Liciera Richard que foi quen lle puxo o título ó cadro antes de que iste existira. Se estás farto de convencionalismos na música ,  na arte e no desporto...Ex_tension Agraia é o teu grupo e a LNB a túa Fronte!!

sexta-feira, julho 20, 2012

DO XABARIL DE BALTAR Ó OSO PARDO DO COUREL , E DO ABERTO DO UMIA-ROCK Ó FESTIVAL DA TERRA E DA LINGUA DE NARÓN!!
















Fai esactamente un ano estabamos compatindo espazo e brindando con Escumoso Bieiteiro con Antóm Santos, o activista galego  actuamente na cadea polo único delito da súa militancia galega , estará ó igual que a compañeira María do Madia Leva tamén presa , presentes ambos en cada golpexo do palán contra a billarda no campo de xogo de Baltar e tamén riba do esceario donde os Ex_Tension Agraria tamén de seguro fan algún recordamento distes dous compañeiro retidos polo estado e máis cando dende o seu aprexamento en Aranjuez , Antóm , ven de publicar un espectacular artigo no Novas da Galiza diste mes de xullo titulado" Desporto na Galiza , de ontem a hoje (I)" donde de novo sitúa á estornela coma o deporte nacional aldraxado sistematicamente polos estudos históricos que a sitúa coma unha practica pre-deportiva , unha lamentábel eiva que a LNB dendo o seu inico tenta correxir pondo no centro da diana a historiadores , catedráticos ou analistas que se atrevan e custior a máxima da bilalrda como desporto nacional galego. Iste sábado de novo estaremos en Baltar para que chova chuzos de punta coma o ano pasado , troe ou arda o sol nas nosas costas voltar celebrar e desfutar coa forza dun xabaril ferido diste Aberto do Festival da Chaira que se converteu xa nunha das citas ineludíbeis diste verán fatal billardeiro. Info e inscipción >>605.316896















E non só haberá billarda para quenta ros corpos antes de que Ex_Tension Agraria invadan o esceario , ca que os irmáns do Muralla Rugby Clube con xogadores con pasaporte-LNB exercerán de mestres de  cirimonia na brutal Pachanga Rugby  7 na pista anexa ó Aberto de Billarda, un luxazo e un xeito de celebrar a boa saude diste desporto irmán e diste disciplina a 7 cuxa selección galega ven de imporse no super-seven Cidade de Uvieu. Info e inscripción >> 670.058670



















E a acción arrinca xa o no lusco e fusco do venres, un estalo o internacional de futbol gaélico entre Galiza e Bretaña con repercusión internacional que pode ademáis capitalizar as ansias de competición oficial dunha seleccion galega de seu xa que o selección galega de futbol gaélico é a punta de lanza que Siareiros Galegos vai utilizar para darlle á brosada ó cerco de aramios do estado español . A cita no marco do Festival da Terra e da Lingua  ás 21 h no campo de futbol do Cavadal de Narón.

















E depois do futbol galélico ó día seguinte o playmobil que levas dentro vaiche seguir pedindo tralla polo que no Paseo Marítimo de Xuvia donde se desenrola o festival propiamente dito , explosiva nova edición do pater de tódolos Abertos de Verán , será apartires das 17:30 h. e coordiando pola tribo Bezouqueira en colaboración coa Fundaçom Artabria quen porán en órbita un ano máis o explosivo Aberto Ártabro de Bilharda. Info e inscripción>>650.731353

















E simultaneo a todo ó carón do río Umia en Barrantes no serán antes do inico do festival Umia-Rock donde os Composteláns LABAZADA destrocen o esceario coa súa furia e carraxe billardeira no serán será a tribo LNB quen invada o espazo festivaleiro cunha primeira edición do que seguro será unha cita fixa en vindeiro anos no calendario estival da LNB , apartires das 19 h. I Aberto do Río Umia ...Fachenda Galega e billardeira a feixes!!. Info e inscripción>> 637.564377



















De seguro que no río Umia os Osos Pardos autóctonos galegos atoparían un hábitat perfecto para sobreviver comendo as fantásticas troias e anguías , mais a codicia humana recluíu ista espcie ós límites ilegais do noso páis incluso afastnadoo ista animal do seu hábeitat natural que son as montañas do Courel donde iste domingo a LNB vai realizar unha acción absoñutamente histórica coa posta en marcha do primeiro Aberto de Billarda do Oso Pardo nas terras de Uxío Novoneyra. En colaboración cos irmáns da A.C A Coroa de Folgoso do Courel e dos activistas de Xotramu un comando LNB vai establecer no marco da xornada de xogos populares o que será o primeiro campo base billardeiro nun dos puntos máis álxidos xunto cos Ancares da cultura indixenista galega. O premio será un espectacular lote de productos confeccionado coas fantásticas castañas autóctonas de Folgoso do Courel. Info e Inscripción >> 676.597050

quarta-feira, julho 18, 2012

FACHENGA GALEGA E BILLARDEIRA ...ISTE SÁBADO "ABERTO DO RÍO UMIA" NO UMIA-ROCK EN BARRANTES!!


































Non pode haber mistura máis explosiva Rock , Billarda e Barrantes , o conxuncion demoniáca terá lugar iste sábado na segunda edición do Umia Rock donde os combativos e billardeiro LABAZADA estará riba do esceario apresentndo temas do seu espectacular novo disco , e atención proque o Aberto de Billarda promete ser dos que fan hostória xa que abaneando a árbore está ise referente absoluto do universo musical e deportivo da LNB chamado Manuel Abuín, o alma mater de Fachenda Galega estará xunto cunha tribo infernal de neo-palanadores da AC Herminio Barreiro para recibir ó exercito nómade de activistas LNB que a partires das 19 h . se acheguen á Carballeira desputar o explosivo "Aberto do Río Umia". Info e inscripición >>  637.564377




E se desfrutache coma un can cun oso na boca co espectacular Lipdub billardeiro xestado na terra batida de Conxo iste sábado tes unha cita ineludíbel se andas polas terras do sul para achegarte apartires das 17:30 h. á zoa vella de Vigo donde os centros sociais da cidade realizarán o espectacular LipDub Terra , utilizando o tema dos Dakidarria . Bou Eva, A faisca e Revolta son os centros sociais que coordinan ista brutal acción visual ... colle os paláns , a  billarda e a bandeira da patria e tira para a zona vella!!