O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, janeiro 16, 2013

A LNB ULTIMA O ESPECTACULAR LANZAMENTO SIMULTANEO DO PRIMEIRO CARNÉ DE BILLARDEIR@ OFICIAL E DO AGARDADÍSIMO ALMANAKE INDIXENISTA DE PAREDE!!
















Adolfo Mena González foi a identidade que tivo que utilizar o Che Guevara no seu pasaporte falso co que esquivar os controis do imperialismo cando dende Cuba se dirixíu ó inferno de Bolivia , nun contexto coma o actual donde o cerco represivo é se cadra máis sutil mais  moito máis feroz que incluso o que reinaba na latinoamérica revolucionara dos anos 60 , a LNB para que os palaandores e palanadoras da LNB poidan autoafirmarse tamén fóra das pista ten xa en imprenta a primeira edición dos espectaculares carnets oficiais de palanadores e palanadoras da LNB , un paso adiante histórico en cuxa portada aparece o berro: eu apoio á LNB!! e na parte traseira terá un almanake de peto para que poidas marcar as datas dos Abertos , mais non só queda ahí a cousa .... xa que canda ó cartón LNB virá a agardadísima versión indixenista do  xa mítico Almanke-LNB de parede que invadirá dende iste mesmo fin de semana todos os fogares , tendas e bares do país que por tan só dous euros cada estalo queiran amosar o seu compromiso total e implicacion absoluta coa causa billardeira....no noso facebook oficial e no mail [ovaral@hotmail.com] podes facer xa as tùas reservas!!











E ó carón do espectacular disco-sorpresa homenaxe ós padriños do Rock Galego apresentado iste luns no Planeta Furancho da RGM  que amosa como os galegos cantamos , danzamos e nos emocionamos dende fai 25 anos cos estalos de Zenzär , non che pode faltar no teu peto o carné de billardeir@ oficial e na túa parede o espectauclar e indixenista Alamanke-LNB , porque a mesma forza que fai 25 anos impulsou ós de Cerceda  a saltaren ó esceario foi a mesma que fixo que as billarda sairán da cova do esquencemento ...Varados polos Padriños!!

1 Comments:

  • At 12:21 PM, Anonymous Anônimo said…

    Poderase usar este carnet coma o primeiro DNI galego?

     

Postar um comentário

<< Home