O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, janeiro 09, 2013

ISTE SÁBADO CONSEGUE EN CASTRO RIBEIRAS DE LEA O"ALMANAKE-2013 DA LNB" PARA PODER GUINDARES NA TÚA CASA UNHA FIESTRA PERPÉTUA CARA O INDIXENISMO GZ!!

















Botellas baleiras de viño e licor café ó carón dunha billarda pedindo un varado a berros, cando un palanador ou palanadora inxire ises brevaxes antes de zouparlle á billarda realiza unha das máis poderosas e tribais cerimonias de conexion cos espíritos das ancestros , acción ista vital para que estoure o indíxena que levas dentro...Indixenismo GZ , o colectivo viral xurdido aprincipios do 2013 de xeito natural , ceibe e exponatáneo para esnaquizar a patadas  os chantos das reservas nos que a civilizacion capitalista e occidental nos condeou a existir e relacionarnos,  dende a súa irrupcion Indixenismo Gz deixou claro seu comprimiso total e absoluto coa LNB , o deporte da billarda segundo eles mesmos afirman é o único nacional , natural e polo tanto indíxena de toda a tribo galega,  é por elo que no Aberto de Castro de Ribeiras de Lea se apresentará  o espectacular Alamanake-LNB 2013 producido polo creatividade e o xenio e inxenio de Indixenismo GZ que por tan só 2 euros poderás aquirir para adosar na parede da túa casa unha "Fiestra de Liberdade" pola que ceibar o Mapuche galego que levas dentro...Indixenismo Sempre , Adiante co varal!!