O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, janeiro 13, 2013

LUIS CAMIÑA E XERMÁN VILUBA , O TSUNAMI LIPI-LAPE ARRASOU CERCEDA E CASTROFEITO E O RAPOSO DE LOURENZÁ ATACA POR SORPRESA O GALIÑEIRO DE CASTRO!!

















Espectacular imaxe que amosa á perfección o grao de implicación e sufrimento que soportan cada un dos estamentos da LNB á hora de sacar adiante un Aberto en condicións tan extremas e adversas coma as que se deron en Castro Ribeiras de Lea donde iste sábado se deputou o xa mítico e máis que consolidade Aberto da Galiña de Mos dista ves transladado á explñanada do mercado gandeiro. En primeiro plano os resposábeis deportivos ultimando as táboas de competicion  de preto medio cento de valentes que desafiraron os elementos e a tontería para loitaren na pista nun novo aberto puntuábel na Norleste, nun segundo plano podemos ver a Mario do Cadaval , quen xetionou en Castro a desputa do torneo e que pese a ter uns condicionates persoais fixo o imposíbel por estar con toda a serpe multicor da LNB desfrutando ate o final diste xélido e fantástico torneo e ó fondo da imaxes a tribo toda disposta mollarse en sangue e suor e chuvia para sacar o Aberto adiante.

















Situáronde dúas pistas , a principal fronte á entrada  do mercado de gando donde á postre se desputaría a espectacular final a tres...


















E unha pista B situada na parte lateral do mercado gandeiro que acolleu carreiras para axilizar a marcha da pista principal , unha das palanadoras que desputou algunha das súas enganchadas foi a Xefa , a campioa do espectacular Aberto da Auténtica desputado o pasado 29 de Decembro en Pontevedra no marco do partidos xestionaod por siareiras galegas Galiza-Curdistam...

FINAL ABERTO DA AUTÉNTICA - PONTEVEDRA [ GALIZA - CURDISTAM ]


E capturadas polo enviao especial de Tele-Varal ó Curdistam galaiko , Manolo Outeiro, chegan as  espectaculares imaxes da final na que Xefa se fai coa botella de Licor Café que a acredita coma capioa da edición 2012 do Aberto da Auténtica nun contexto de eufora absoluta e dunha abalancha humana que pide billarda a berros nas rúas e nos campos de futbol do páis, é por elo que xunto a siareir@s a LNB seguirá insistindo ate a extenuacion para que a billarda entre nos estadios de futbol das equipas de primeira e do resto de categorías para no descanso dos partidos deputar Abertinhos e concurso de varados ... ver que clube se atreve a dar o paso ó fronte??

PODIUM CASTROFEITO [ CONF. CENTRO ]















E simultaneo á desputa da Galiña de Mos en Castrodfeito pero a cuberto , realizábase unha nova enganchade regular na área estornela donde se estreaban en competicion oficila varios palanadores dos Gharabotos e con fame tal que Luis Camiña e a súa compañeira recén chegados do seu exilio bélit en Barcelona arrasaban no centro asaltando o podium coma forza e empurre do tsunami lipi-lape.

ENTREGA DA GALIÑA DE MOS Ó MONTEIRO DE CASTRO RIBEIRAS DE LEA!! 

















Un podium imposíbel instalado na entrada do mercado gandeiro de Castro o que acolleu a espectacular cerimonia de entrega de Galiñas de Mos ó campión e segundo clasificado no Aberto . E foi nunha emocionante final a tres entre Oscar de Tropa Lixiera , Coedo de Billardeiros Musicais e Xermán da EkipA Bítere a que catapultou ó palanador da Ekipa á gloria máxima coma posuidor da galiña de Mos e da Monteira de Tenda Galiza coma vencedor do Aberto. Ráchase así coa lenda que dicía que iste palanador só  gañaba nos tempos do bipartito cando os grises de Quintana asaltaban con pelotas de goma e gases lacrimóxenos os bailes dos xubilados e as pistas da LNB. Meción moi especial a Mario do Cadaval que xestionou a organización do Aberto e que coincidíndolle incluso motivos persoais de sobra para avandoar a pista estivo ate o ultimo instante coa tribo LNB compartindo e pondo o seu preciado gran de area no desenrolo diste soño conxunto chamado billarda.

FINALISTAS DO ABERTO DA COCHIKEIRA [ CONF. NOROESTE ]

















E para os que non queiran unha cunca...cunca e media!! , iso foi o que deberon pensar tanto Daniel de Billardeiros Musicias coma Luis Camiña de Gharabotos , ambos o sábado en Castro Ribeiras de Lea e Castrofeito respectivamante que nun dubidaron o domingo en achegarse en sesión matutina a terras da Cachukeira para a deputa dun novo Aberto puntuábel na Conferencia NorOeste. E dito e feito , ambos palaandores chegaban pois coa boneca quente polo que sen contemplacións cos aborixes atlánticos citáronse na final para dilucidar se o retorno dende o Pavillón do Piñeiro cara Marín ou Ribadeo sería máis dóce ou máis amargo. E como indica a espectacular foto-finish do Piñeiro en Cerceda foi Luis Camiña quen  abrazou a gloria por segunda vez nunha mesma find. un feito que o consagra entre os grandes da LNB e que o sitúa coma claro favorito no vindeiro aberto do 19 de xeneiro en marón donde exercerá de local nun novo estalo puntuábel da Conf. Rías baixas....