O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, janeiro 07, 2013

ESPECTACULAR ESTREO DO WEB-BLOG DO "BRUAR DOS BULLS" E ABERTINHO DE REISES EN BUEU....TINTA FEMIA, CACHIZAS E FILOSOFÍA BULLS A REGOS!!














Unhas das achegas mais agardadas no poderoso e indomábel entramado diital na arañeira dixital da LNB para iste 2013 acaba de ver a luz , unha peticion a berros dos centos de suscriptores semanais vía e-mail da referencial publicacion O Bruar dos Bulls abducidos polo corrosivo e agresivo humor e xeito de contar do incendiaro voceiro dos Remourelle Bulls que istes día se fai realidade . A mítica equipa da Norleste dende a pasada tempada decidíu dar un paso ó fronte e acompañar cada un dos seus golpexos nas pistas do país cos golpexos literarios e filosóficos dos seus referenciais palanadores e palanadoras , unha publicacion que lanza e estrea  formato web-blog con espetacular deseño e perfecta definicion das imprescidíbeis seccions que compoñen o Bruar de Sempre. IMOS INDO...IMOS VENDO.Dálle ó clik e sumerxete na indescriptíbel Bruar dos Bulls-Experience!!  

ANTES DE EMBARCAR PARA AS MALDIVAS ...TINTA FEMIA E CACHIZA NO ABERTINHO DOS REISES EN BUEU 















E despois do explosivo Abertinho dos callos na Norleste o sur colle relevo e o palán para en Bueu recordarlle ó rei e ós reises de oriente cun palán na man e cunha botella de tinta femia na outra que iste é a terra do Apalpador  e o país da Cachiza , espectacular o maxistral crónico de Manuel Outeiro teclexado cos dedos recen lambidos despois de meterlle o dente ó espectacular roscón gañado por Benito >>  Foi unha tarde de sol e cachizas. As tres e media comenzou na antiga estacada (vello secadoiro dos aparellos) o Abertiño dos Reises. Xente de Bueu e Marín na desputa do rosco de ovos e fariña con faba incluida. O gañador foi Benito que embarcará para as Malvinas o vindeiro Martes, para unha maré de seis meses. Botarémolo de menos. Foi segundo Ricard que levou para casa dúas botellas de Tinta Femia de Cela e terceira Lú que gañou unha botella de licor de noces para asentar a barriga e saca-la friaxe. Brais, Yu e Martiño subiron o podio da categoría infantil e cada un apañou unha pequena caixa de lambetadas. O rosco chegou para todos e a faba tocoulle a Martiño que fixo unha festa pola súa sorte.