O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, janeiro 11, 2013

SÁBADO ABERTO DA GALIÑA DE MOS EN CASTRO R. DE LEA , ABERTO DE CASTROFEITO NA CONF. CENTRO E O DOMINGO... ABERTO NA COCHIKEIRA NA CONF. NOROESTE!!


































Despois do espectacular arrinque de ano co explosivo Abertinho dos Callos de Aninovo en Ribaeu a Conf. NorLeste afronte iste sábado un novo estalo puntuábel no xa mítico campo de futbol de Castro Ribeiras de Lea donde se loitará de novo polo fantástico exemplar de Galiña de Mos , un aberto xestionado polos irmáns do Clube de Bolos O Cadaval que promete emcións fortes inclusive se a climatoloxía se pon doente, é por elo que coa LNB non hai marcha atrás , palanadores e palaandoras que vaian preparados para o peor  dos escearios posíbeis... botas , catiscas , traxes de auga e paraugas de seguro que serán armamentos complementarios e necesiaro á hora de combater no terro de xogo os adversarios e o temporal. A cita ás 15:30 no Antigo campo de futbo de Castro . Por mor dun problema de imprenta non se poderá producir a presentacion do agardadísm Alamanke-LNB xestionado polos irmáns de IndixenismoGZ , mais que naide se desespere que en breve haberá sorpresas-  Prégase puntualidade en Castro para aproveitar as raiolas de luz natural . / Contacto: 626.375161


































E non só a NorLeste estreo o ano iste sábado , a conferencia centro bótase á pista de xogo iste sábado tamén na pista da Madalena en Castrofeito , a cita apartires das 16 h e como se pode intuír os condicionates climatolóxicos tamén serán un handicap naista novo aberto puntuábel na área estornela polo que... palanadores e palanadoras , paláns e paraugas en alto para resistirmos o temporal!!- Contacto: 654.232108


































E de seguro que algúns palandores e palandoras tanto da NorLeste coma do Centro  que aproveitarán o domingo para botarse ó monte e achegarse á Cochikeira para participar coa tribo da NorOeste nunha nova enganchada regular en Cerceda , será en sesion de mañá ás 11:30 H. no Pavillón do Piñeiro , ali agardan as poderosas milicias de Lucerna cos brazos abertos e os paláns preparados a todo o indixenismo billardeiro do páis enteiro- Contacto: 687.607477