O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, janeiro 24, 2013

UN PAÍS , SEIS CONFERENCIAS ... AMOSA O TEU APOIO Á "Liga Nacional de Billarda" ADQUIRINDO E AGASALLANDO O ESPECTACULAR ALMANAKE E CARNÉ OFICIAL DA LNB!!























Cun impactante deseño obra da máxia do gran batería e palanador de ExTension Billarda , Nacho Eiros , chega a nova e agardadísma edición do Almanake-LNB ista vez co selo dos irmáns de Indixenismo GZ que foron os que impulsaron e nos vacinaron coa forza siux necesaria dende os prados da reserva na que habitan arrodeados por sumieres de espiños electrificados para que ti poidas desfrutar e guindar o Almanke LNB na túa casa para escorentar todos os meigallos . Mais ista vez o Alamanke non ve só senón que ven acompañado dun alebrestrado cané de palanador e palanadora oficial que aspira a convertarse nise auténtico e tan desexazo carné galego que sustitúa nos tódolos requerimentos de identidade ó antinatural DNI con selo do estado.














Refrega os ollos e fai caso ó teu peto e carteira que che piden a berros que introduzas neles o CARNÉ BILLARDEIR@ OFICIAL no que ademais poderás organizar a túa presenza en todos os Abertos da LNB. Son xa moitos os palanadores e palanadoras que están preparando viaxes e contan con ensinar coma única identificacion posíbel o Carné LNB entre eles un comando billardeiro cara Beltfast dirixido polo palanador de Carabullo Tino que exercerá de lanzadeira e canda o carné xa ten na maletas os paláns e billardas para iste venres sáir pitando e tentar armala...un país seis conferencias, billarda sempre!!

2 Comments:

Postar um comentário

<< Home