O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, fevereiro 25, 2013

MONDOÑEDO , CASTROFEITO E CAMBRE ....APOLOXÍA DA BILLARDA E DO TRIATLON GALEGO!!

















Cando un palanador ten unhas necesitades básicas que cubrir e a súa Conferencia continúa aletargada ate os  primeiros quentes primaverais , é normal que busque fóra o que non lle poden dar na casa . Ledica absoluta na pista da Alamenda de Mondoñedo cando se achegaba o gran palanador Gil e mito da Conferencia Sur acompañado da representante LNB nas Pontes a competiren nunha nova edicion do Aberto da Tarta autóctona.  

















[  foto: Nachok.net  Un arrinque de tarde en Mondoñedo que mataría á noite cunha brutal apoloxía sonora da Billarda e do Triatlon Galego [comer, beber e foder ] durante a incendiaria actuacion do grupo deformado nas pistas da LNB Ex-Tension Agraria. 
















Golpes coordinados iste 23 F que tiña á tribo estornela competindo simultaneamente na pista de Castrofeito na que a forza das palanadoras se víu de novo reforzada co retorno á competicion de Ana , a gran palanadora de Cospeiro, chimpou de novo á gran lagoa billardeira da conferencia centro coma unha das espectaculares ras da súa poderosa terra mae.
















A xelidez dunha tarde que fixo lucir na pista s billarda laranxa cando unha tromba de granizo fixo acto de presenza diante da igrexa dos Remedios dende onde a tribo Norleste lanzaba a paus.
















Un frío que non botou para atrás tampouco á tribo  estornela que desafíou á friaxe na mítica pista a ceo aberto da Madalena , espectacular a imaxe do gran palanador Basilio mutado en temíbel Tigre Blaugrana.



















Sen dúbida un dos momentos máis intensos da xornada en Mondoñedo foi a entrega de premios donde naturalmente nengún membro do governo local se atreveu a pasar , no seu lugar auténticos indíxenas mindonieneses exerceron de "zumbador@s do caneco" , Carlos Aguiar palanador de Troitas Bravas e Merce Teijeiro , activista LNB e licenciada en linguas mortas , conduciron unha histórica entrega de premios á que curiosamente faltou o gran seleccionador nacional Flores que nise intre estaba difrazado ó seu can Pinto , unha perfomance que moi pronto poderemos desfrutar. Marcos dos Bulls , Eric dos Outros 3º 2º respeitivamente asistiron á "goiada" protagoniaza por Merce ó entregarlle a Charly de Carabullo o gran campión do Aberto , a espectacular Tarta de Mondoñedo acompañado da gran botella XXL doada polo activista LNB Txomin do Baleco que estaba destinada para a equipa campioa que foron os poderos Os Outros.
















Pillado directamento do facbook dos referenciais Furabolos iste é o pódium do 23 F en Castrofeito >> Os premios ante a crise da 5ª xornada de liga da conferencia centro foron para: 1º posto Rubén López dos Trouleiros, 2º posto Rubén de Trouleiros, 3º Xan de Furabolos, e para 1ª muller Carmela de Trouleiros. (arrasaron os trouleiros)

















E no lusco e fusco impresionte accion na praza do Concello de Mondoñedo co Abertinho do Botelo mentras Ex-Tension Agraia cargaba as armas para a brutal Foliada-Rock da noite. Moito máis ca un deporte , unha infranqueábel alianza se xesta nas pistas da LNB , despois do Abertinho repor forzas cunha táboas no Baleco e coa Moral polos aires todos para o Bar Porriño!!




















Ate a madrugada durou o lume billardeiro en Mondoñedo que alumeo o arrinque o domingo pola mañá dunha nova xornada puntábel na Conferencia NorOeste anunciada por un dos máis impactantes cartaces de cantos se teñen feito na LNB. Final tres carreiros entre dous non-nativos , Daniel e Franco de Roteiros diputáronse a gloria , cunha carreira gañada por cada un, Daniel dende a saída deixa a súa billarda ás portas do varal , mais a sangue fría do italo-galego fixeron que a súa resposta fora das que fan história , un Varado e para a Ribadeo co triunfo baixo o brazo. O problema é que quen o tiña que levar ó campión de volta era o propio Daniel no seu carro , pena de non termos contratado a Método-3 para poder sentir a conversa.















Ate o de agora non se inventaron as pantallas que transmitan olor. mais ista espectacular imaxe do premio acadado polo palanador e productor Eric de Os Outros , unha tarta de Mondoñedo producida pola espectacular pasteleiría Cabaleiros de Lourenzá , amiga e colaboradora da LNB. Uns durísimos 23 e 24 F dos que saimos con forza a feixes e Moral Alta!!

2 Comments:

Postar um comentário

<< Home