O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, março 25, 2013

NA FIND. DO CORRALIÑO CHIPRIOTA .....A LNB RESPÓSTALLE Á TROIKA CON VIÑO E BILLARDA EN BARRANTES!!

















Viño e billarda ... o coctel molotov máis perigoso que se pode xerar istes días de confusión estourou iste sábado nas terras do Umia , sen tregua e sen pausa a Conf. RíasBaixas non se atemorizou ante a cuivia e o mal tempo , quentou o corpo cos mellores brevases brancos e tintos e baixo as euralitas do pavillon de Barrantes despachou unha a nova e emocionante engancha puntuábel.

















Nunha find. de tension máxima na eurozoa coa Troika amizando ós irmáns Chipriotas a LNB lanzou billardas contra o corraliño que hoxe azouta á illa mediterranea e que mañá amiaza xa con por o nó o noso pescozo.

















Casilledin confirmase coa xestion e organizacion diste Aberto coma unha das referencias fundamentais e referenciais a nivel nacional da LNB xa que afianzan o seu proxecto billardeiro nas terras do Umia sobre o pilar de ser un unha das franquicias con máis palanadores e palanadores militando activamente en cada torneo .

















Xogaban na casa e ante o seu público e os Caselledin non defraudaron o coparon o pódium por completo con Fariña no máis alto respetando ós seus adversarios e compañeiros non como aconteceu iste domingo no desporto irmán da Formula1 donde Vettel e Webber ambos de red bull case se lían a paus primeiro no asfalto e logo no pódium . Casilledin, Billarda Sempre!!