O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sábado, março 30, 2013

TRIVES INSCRIBE O SEU NOME COMA REFERENTE MUNDIAL DA BILLARDA E DO BARATHÓN!!














Exitazo sen paliativos, o pasado xoves Trives e Montevideo unidos por un mesmo grolo xa que son os dous grande referentes mundiais do Barathon , un xeito diferente e análoga á LNB de entender o desporto , un Barathon que rematou no lusco e fusco cun Abertinho de Bilharda que venceu Alejandro que agarra co puño o valiosísimo trofeo , unha victoria que o ven a reconcilar coa billarda despois da súa particiación no mítico Aberto do Ancares do Fegalcat donde quedou á portas da gloria e de abrazar cheque.















Ambientazo en todo o percorrido no que os Baratletas non deixaron nen un intre de hidratarse , o pobo de Trives viveu unha xornada histórica e acende a mecha para que outras vilas e cidades do país se animen a combatir a crise e o desastío como fixeron istes emprendedores e billardeiros ourensáns.















O barathón un desporto que coma a billarda é por esencia radicalmente mixto, amosou ás claras a forza e puxanza das barathetas que rendiron a un nivel fantástico .
















A entrega de premios e diplomas converteuse nunha auténtica e incontrolábel festa que deu paso á desputa do Abertinho diante da porta do Bar Vía Nova , un intre no que moitos barathelas co bico quente e o corpo morno decidiron recuncar o circuito pero inxerindo cubalibres. Unha aposta fortísima cara ó absimo mortal do Ultra-Barathon que non puido ser completado por nengun dos particiantes.














Éxtase total que producíu case o desfalecemento de varios Baratletas-palanadores que retaron a proba ó lime das forzas , aquí podemos ver a extremecedora imaxe do campión do Abertinho pensando se pedir outra ronda ou gardar os cartos para mercar un libro que proximamente editará xerais. Barathon sempre, Adiante co Varal!!