O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, março 14, 2013

VI ABERTO DA CIDADE DE LUGO....NABOS , RON E BILLARDAS!!

















Todo listo e disposto para iste sábado deslizar as billarda sobre a leira de navos sintéticos na Piringalla no novo Aberto da cidade de Lugo , un luxazo de espazo que no caso de termos dificulatades metereolóxicas haberá agocho no pavillón do I.E.S Anxel Fole a escasos metros da debandita pista . Será de novo un Aberto dises que deixan pegada e mías ainda porque os activiasta do MadiaLeva andan metinando no deseño dun mural xigante ó pe da pista con motivos billardeiros para deixar claro ante os ollos da cidadanía que unha outra muralla art´sitico bilalrdeira é posíbel. E non só iso xa que depois do exitazo do I Abertinho Bolivariano celebrado o martes en Ribadeo a xente de MadiaLeva vai incluir no lote de premios unha espectacular botella de Ron Venezolano para homenaxear ó gran comandante Hugo Chavez  falecido por mor da bacina letal docapitalismo salvaxe tal e como afirma o presindente Nicolás Maduro.

EX-TENSION AGRARIA COS PALÁNS NUN BATUXO DE FONMIÑA A BRAGA!!



















E coma previo de absoluto luxo ista quinta feira tando Nicolás Maduro dende o seu despacho presidencial en Caracas coma ti na túa casa estexas donde esteñas poderás sintonizar aparitres das 20 h . ( hora galega e portuguesa ) o referencial programa da Radio Univerdiaria do Minho que se emite dende Braga donde os Ex-Tension Agraria , grupo de rock Indixenista formado nas pistas da LNB que fartos do boikote da radio pública galega e dos medios nacionais en xeral , fai uns días depois dun ensaio no seu zulo en Bretoña camiño de Meira para rebaixar as botellas de Licor café inxeriadas botéronse a beber en FonMiñá en aparecerán iste xoxes en Braga nas ondas da Radio Universiataria do Minho >>  www.rum.pt ( sintoniza o seu dial)

...E DE BRAGA A DUBROVNIC Ó GRAN TORNEO DO NIÑO DA CIGOÑA!!













De seguro que depois do bautismo de sangue billardeiro no ar de Braga perpetrado pola accion de Ex-Tension e do pintor Pirucha que foi quen preparou o fogueira o bruar das bilalrda virán en breve nise tan desexado e agardadísmo primeiro Aberto da LNB en terras lusas , unha ansia de encontro e irmandade entre civilizacions billardeiras que nos leva de novo á entrada de Bretoña , a vila luguesa donde nun poste da luz aniña unha cigña que de seguro será o emblema que porte a LNB cando nun futuro próximo poidamos xestionar a presentacia dun comando billardeiro na gran competición do universo Pandolo que se desputa na  cidade Croata de Dubrovnik e leva o nome de " Torneo do Niño de Cigoña".