O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, março 18, 2013

XERAIS ULTIMA O LANZAMENTO DUNHA BOMBA DE RELOXERÍA CONTRA A ESENCIA DO XOGO E DO DEPORTE TRADICIONAL!!















Refregade os ollos porque o que estades a ver non é froito dunha alucinacion polo inxesta masiva de licor café  senón que é a realidade pura e dura coa que a editorial xerais se atreve a lanzar a campaña promoción do libro "Tastarabás" , unha suposta enciclopedia de mais de 1.000 páxinas entorno ós brinquedos tradicionais e uso lúdico da natureza. O do autor carece totalmente de importancia cando o prezo dista obra é de 48 euros se se pide por adiantado e 80 se se merca na libraría cando iste brinquedo literairo esteña nas súas estanterías. Con ista publicacion xerais dá un perigosísimo paso cara ó precipicio situando ós xogos e deportes de esencia tradicional nun inaudito estatus de elitismo ó caron do padel ou golf ó cal só poden aceder ises imbéciles e escuros cuxo peto llo permita , un insulto a todos os activistas reais "dos que se mollan" de verdade cando xogan ou practican o seu deporte tradicional preferido de xeito regular cada fin de semana
















Cada colexio , centro de ensino ou biblioteca pública que pense en adquirir iste Corán para pudrir nas súas estanterías que reflexione antes se non lle sería mellor realizar un Aberto de Billarda ou calquera outra actividade coa que a comunidade se sinta viva e partícipe dun proxecto lúdico-deportivo propio e contemporaneo e sobre todo que para realizalo non sexa necesario linchar centos de árbores para imprimir máis de mil páxinas.Ti decides , podes ir xa reservando o libro no seu correo ( xerais@xerais.es ) ou amosar o teu malestar dirixíndote á editorial ou deixando no seu Twitter ou facefook oficial  o estalo  : Pola dignidade do xogo e do deporte tradicional , Billarda Sempre!!

16 Comments:

  • At 11:34 PM, Blogger Cosme da Órrea said…

    Recordo cando o bipartito intentou tirar para diante cunha iniciativa que levantou entre os/as que andamos mergullados no patrimonio lúdico unhas expectativas extraordinarias. Era o Plan Estratéxico dos Xogos e Deportes Populares e Tradicionais, que despois, claro, pasou a mellor vida.

    Algúns/has pasaramos moitas horas tratando de colaborar naquilo. O que se prevía era que se ían poñer en marcha unha manchea de iniciativas que ían situar Galicia na vangarda da preservación e posta en valor do patrimonio lúdico. Pero resulta que viñan as eleccións e o bipartito tivo unha idea nefasta –polos resultados que tal idea tivo, non tanto pola idea en si, que non tiña fallo...-. Esa idea foi a de convocar todas as asociacións, clubs, entidades... que andamos nisto. E aquilo, debemos recoñecelo, acabou como o rosario da aurora, sen que sequera puidésemos falar algunhas persoas que tiñamos intención de facelo por estar mergullados na pomada durante moito tempo. Houbo tres –lémbroas ben- intervencións lamentables.

    Non interesa darlles voltas, pero unha delas, despois de ler este desafortunadísimo comentario sobre o Tastarabás, si que vén ao caso. Todos/as sabemos –e calámolo, porque respectamos o seu traballo- que a LNB foi alí simplemente promocionarse... e o único que se lle ocorreu dicir naquel acto do que tantas persoas esperabamos tanto... foi que había un aberto de billarda nonseionde e nonseiaquehora. Para esa viaxe non facían falta alforxas. Se non se quería participar naquilo, nin se quería colaborar en nada, sobraban altofalantes para anunciar “abertos” sen rebentar o que outros/as estaban intentando crear.

    Ata agora no noso país, todos e todas os que estamos mergullados nisto da recuperación e posta en valor do xogo tradicional, apoiamos cegamente os uns/has aos outros/as... esteamos plenamente de acordo co que se fai ou non. Eu por exemplo –e é a primeira vez na que me permito tal licenza, e teño calado bocas ao respecto máis dunha vez- nada dixen nunca sobre a “americanización” que a LNB fai co noso deporte nacional. Nin penso facer a máis mínima referencia máis veces, pode quen isto lea perder coidado.

    Pregúntolle ao Varal: Tedes o Tastarabás nas mans? Sabedes de que vai esta película ou tocades de oído? Coñecedes a filosofía que se agacha detrás desta obra? Coñecedes o Antón Cortizas? Contestade cando teñades vagar, porque creo que haberá moita xente interesada en coñecer estes detalles para saber interpretar as –disimulade pola expresión- auténticas barbaridades que dicides aquí.

    O Tastarabás foi construído, peza a peza, polo Antón cunha dedicación de practicamente unha década. E cunha única finalidade: conseguir que os xoguetes –os enredos, que os xogos xa están medianamente recompilados- non pasasen á historia sen ter opción de permanecer na memoria colectiva viva deste pobo que foi quen de crealos. E fíxoo deixando de lado, as máis das veces, a súa faceta de escritor, aquela da que –esta si- podería ter sacado algún rendemento económico, moi acaído por certo, nestes tempos de crise. Alcumalo de libro sagrado que vai durmir nos andeis, creo que só deixa en evidencia o profundo descoñecemento da obra por parte de quen escribe o comentario.

    80 euros? Unha cantidade de diñeiro dura, certamente. Indubidable. Pero, imos con outra vertente do asunto: atopouse editor, nestes tempos, para unha obra que será un fito na historia de Galicia, na historia deste país. Podería ter habido algunha outra opción de edición e de divulgación do traballo –lembro que o Antón, por exemplo, reconstruíu os xoguetes un a un- do autor? Igual si, non o sei.

    Esquecía presentarme. O meu nome é Paco Veiga, son membro da Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional, aínda que me gustaría destacar que este comentario o escribo, estritamente, a título persoal.

     
  • At 11:11 AM, Anonymous Anônimo said…

    Ola!
    eu preséntome antes de nada. Son Marcos de Remourelle.
    Eu estiven alí naquela reunión do bipartito en Santiago, e certamente, non me recordo o que houbo de lamentable. o que lembro foi o resultado. Nefasto.
    Que a LNB foi promocionarse alí?cada un é libre de pensar o q queira. agora ben, paréceme un acto de inorancia chegar a isa conclusión. Non lembro o q se dixo alí, lembro que había á tarde un aberto e faríaselle a promoción oportuna, o cal me parece lóxico.
    E ademáis, creo q ta moi ben decir as cousas nun auditorio e tentar recuperar xogos tradicionais, pero se tes a oportunidade de practicalos un par de horas despois non a perdas.
    A LNB cada fin de semana, ben sexa nunha zona ou noutra de Galiza, ou en varias ten competicións regulares. Si, todolos fins de semana, e no verán tamén, onde participan nen@s da zona e de fóra que nunca viron a billarda e síntense atraídos por ela.
    Iso é promocionarse ou facer unha labor de recuperación do deporte tradicional?
    Americanización??noto certamente un gran descoñecemento da LNB pola súa parte. Anímoo a que se achegue a algún aberto. Dividese en conferencias ou ligas ou chamelle como prefira pra evitar longos desprazamentos á hora de xogar. ou é comodo cada fin de semana pra alguén de ribadeo ir a pontevedra ou a vigo?
    Porque nós non pedimos un peso pra viaxar, nin pra iso nin pra outra cousa...non como moita outra xente que si defende o tradicional. Non poño obxecion a iso, so digo o q fai a LNB.
    E Tastarabas . . . pois non o vin . . . e posiblemente sexa unha obra mestra. Non se me ocorre negalo, sobre todo descoñecendoo, pero quen o vai ler?as nais van regalarllo aos seus fillos por reis?a xente vai ir pagar oitenta euros as librerias?ahí case lle podo asegurar o resultado. Sen negar nunca a categoría da obra e o traballo realizado, pero quedará sen ser coñecido pola xente.
    Un saúdo

     
  • At 7:04 PM, Anonymous Anônimo said…

    Sen ánimo de botar máis leña ao lume, algúns pensamos que un post de este tipo non debería de escribirse á lixeira, porque demostra un descoñecemento da traxectoria do autor do libro, Antón Cortizas, e de Paco Veiga, e o seu labor na loita pola recuperación e defensa do xogo tradicional, icluída a LNB.
    Lamentamos que, lonxe de sumar esforzos a prol do noso patrimonio lúdico, comentarios deste tipo desmerezan o traballo convencido de quen loita pola nosa cultura.
    Xan Méndez, David Canoura, Luisa Martínez

     
  • At 7:30 PM, Anonymous Anônimo said…

    Unha cousa que non me gusta moito é que me den leccións de como loitar ou non loitar pola cultura ou pola tradición. Igual que eu non as dou. asi que, non comentar á lixeira.
    Porque creo que a min non me coñecedes de nada.
    Marcos

     
  • At 8:17 PM, Anonymous Anônimo said…

    Ainda hai xente que pensa que a billarda é algo inventado por galegos? Deporte nacional di o outro.... A billarda xógase en todo o mundo

     
  • At 10:07 PM, Anonymous Anônimo said…

    un libro por oitenta euros??jajaja.xente lerda a que pensa que o vai mercar alguen, por ben que teña

     
  • At 10:16 PM, Anonymous Anônimo said…

    eses libros acabarán no outlet de a nosa terra

     
  • At 12:22 AM, Anonymous Anônimo said…

    A pena que sinto o ler todo isto,é que a xente que practicamos xogos tradicionais (como é o meu caso coa billarda) vamos no mesmo saco da asociación LNB. Eu non sei si merece a pena ou non, mercar o libro,supoño que si (opinión persoal), o que si teño moi claro e que cando se fala en representación dunha asociación non se poden dar opinións persoais. As veces, é triste que che digan pola calle que estamos dacordo co que nesta páxina se pon, por simplemente xogar a billarda. Sintoo moito a quen non lle guste a miña opinión,pero creo que así o único que se vai conseguir e acabar con estas cousas tan xeniais que nos regala a nosa cultura. Markytos

     
  • At 10:14 AM, Anonymous Anônimo said…

    Manifestar o meu apoio incondicional a Antón Cortizas polas súas obras, Chirlosmirlos e Trastarabás, entre outras. Detrás, desa obra hai unha inxente cantidade de traballo e esforzo por achegarnos ás galegas e galegos a primeira obra desas características escrita en galego. Pensar no prezo de algo é moi lícito, pero tamén hai que saber o que se merca, un libro desas características, nese formato ten un prezo moi axustado, e si as cousas cando se queren en exclusiva hai que pagalas. En especial, pra permitir á xente que siga facendo este tipo de traballos. Lembrar que un libro pode durar toda a vida, e que nos permite coñecer cousas novas e distintas que axudan a abrir a mente das persoas e libéralas da ignoracia.

    Mesturar, elitismo, pádel, golf, Corán, deforestación e xogo popular, permítanme dicir que é unha das cousas máis ridículas que foron escritas en moito tempo, por non dicir que é unha auténtica falta de respecto cara a propia LNB. Dende logo fraco favor lle fan ao seu colectivo manifestacións deste tipo. Din que a ignorancia é moi atrevida, neste caso faise certo este dito.

    Os libros mércanse para ser lidos e dende logo nos centros escolares os libros non se pudren e menos este tipo de material, porque grazas a estes libros os profesores e mestres incorporan nas súas clases moitos xogos e enredos que axudan a dinamizar a vida dun centro escolar.
    Por suposto, se algún centro escolar tiña na mente chamarvos pra facer algunha xornada sobre a billarda, despois de ler esta entrada vaino pensar dúas veces, porque comentarios así fai que se aprece máis un libro que a un talibán do xogo da billarda, que por certo non é algo exclusivo da LNB, afortunadamente.

    Debe ser que o autor do blogue, non sabe como está o mundo editorial, porque é de admirar que as editoriais como Xerais, sigan apostando por publicar este tipo de contidos, BRAVO POR XERAIS E ANTÓN CORTIZAS.

    Se o que quería a LNB era promocionarse, acaba de facelo dun xeito penoso, agardo que algún día teñan a oportunidade de valorar o traballo dun autor que pon todo o seu interese en seguir divulgando o noso patrimonio lúdico.

    Apolinar Varela.

     
  • At 4:45 PM, Anonymous Anônimo said…

    Eu xa encarguei un exemplar do Tastarabás. Dicirvos que é un gran libro, contén un gran traballo de investigación e considero qué é unha obra que sen dúbida colaborará a preservar o noso patrimonio lúdico e cultural. Anímovos a que o merquedes e dende logo non pode faltar en ningunha biblioteca de ensino. No meu centro de traballo tamén o mercamos, xa que temos entre os nosos obxectivos investigar estratexias de recuperación e posta en práctica do noso patrimonio lúdico e este libro será de gran axuda.
    María Vidal

     
  • At 5:58 PM, Anonymous Anônimo said…

    Sigo autenticamente alucinado coa obsesión que tedes por decir que a LNB se "intenta promocionar" con todo o que escribe. Realmente a ignoracia si que é atrevida.

    Dentro duns anos, dous ou tres, quizais catro...facede unha enquisa por galiza adiante a ver si máis xente coñece a Liga Nacional de Billarda ou o Tastarabás.
    E non é por competir con ninguén. O libro seguro que ten un contido impresionante.

     
  • At 1:21 PM, Anonymous Anônimo said…

    Son Apolinar.

    En resposta ao comentario das 5,58 pm.


    A ignorancia é a que demostrou vostede ao facer semellantes comparacións e analoxías, desprezando o traballo dun gran investigador do patrimonio lúdico galego e mundial e o apoio dunha editorial como Xerais en publicar un libro destas características.

    Ignorancia a súa en comparalo co pádel e co golf, porque para empezar os xogos populares non son deportes. Lembrarlle, que o pádel non é un deporte de élite, hai milleiros de persoas espallados polo mundo, que xogan ao pádel e non son ricos. Existen pistas municipais ben baratiñas e de balde para poder xogar e as palas tamén se poden mercar por prezos be xeitosos. Para xogar ao Golf, tampouco fai falla ser multimillonario hai campos municipais que permiten xogar a todo o mundo e campos privados onde pode ir todo o mundo sen que sexas Tiger Woods. Non se deixe enganar por todo o que sae na televisión, que non sempre reflicte a realidade dos deportes.
    Podo comprender que faga esa comparación cos deportes porque na súa liga practican a PSEUDOBILLARDA en pavillóns e pistas deportivas e xogan unha billarda estereotipada, nada que ver coa estornela popular.

    Ignorancia é chamar "imbéciles escuros" á xente que merca un libro porque apreza o coñecemento e traballo doutra xente e queren saber máis sobre un tema, está claro que vostede é deses que falan sen saber. Debería gastar uns poucos cartos en mercar algún libro que seguro lle abre novas perspectivas sobre a vida en xeral, se me permite voulle recomendar un, TASTARABÁS de Antón Cortizas da Editorial Xerais.

    Ignorancia é dicir que un libro pode ser causa de deforestación (Sei que é unha exaseración porén é intolerable igualmente) por esa regra de tres a LNB anda a maltratar as nosas fragas e bosques, porque ata o día de hoxe o palán e a billa son de madeira, ao mellor na LNB xa están pensando en innovar cos materiais e facelos de "keblar" ou fibra de carbono, son ignorante no tema.

     
  • At 1:22 PM, Anonymous Anônimo said…

    Continúo a resposta ao comentario das 5,58 pm.

    Ignorancia é tratar ao libro de Tastarabás de xeito despectivo comparándoo co Corán, aclararlle que son as sagradas escrituras dunha cultura polo que a comparación é un erro absoluto, porque está facendo unha interpretación do libro que nada ten que ver coa realidade, porque o adoctrinamento faise nos templos relixiosos, non por ler un libro, sexa a Biblia, o Corán ou calquera outro.

    Ignorancia é asumir que a unha liga de billarda a coñecen por toda Galiza. Deberían ir preguntar aos centros escolares de Galiza a ver se coñecen os libros de Antón Cortizas a ver que lle contestaban e pode preguntar de paso se coñecen a LNB.
    Que por certo algún interese debe ter esta obra mestra cando lle adican unha entrevista a Antón Cortizas na RTVG, pode vela integra no seguinte enlace:

    http://www.crtvg.es/crtvg/canles-tematicas/corte-a-corte/entrevista-a-anton-cortizas-que-presenta-a-enciclopedia-de-xogos-populares.

    Ignorancia a que lle permite a vostede en erixirse en "activista real" dos xogos populares, debe pensar vostede que é o único que se adica a facer algo en relación cos xogos populares. Como dicía miña avoa: "hai máis burros que o de Agualada". Aquí lle deixo uns poucos enlaces para que vexa que non é vostede o único:

    http://www.crtvg.es/tvg/programas/top-10

    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/santiago/2013/03/24/destacan-labor-galego-da-asociacion-do-xogo-popular/0003_201303S24C129913.htm

    http://www.lavozdegalicia.es/noticia/carballo/2012/09/17/xogo-e-dos-mellores-recursos-formativos-cos-contamos/0003_201209C17C4992.htm

    http://www.nova-escola-galega.org/WebDefault.aspx?MenuInd=1&MenuId=290&Lng=gl-ES&tl=0

    Por certo promoción pouca lle fai vostede a LNB é ao contrario, desprestixa ao seu colectivo. Afortunadamente non todos serán coma vostede e saberán aprezar a calidade dos traballos da xente e pagarán por telo libro e desfrutalo.

    Xa pra rematar explicarlle o que é ignorancia segundo a definición do dicionario Xerais da Lingua: descoñecemento dun asunto, noticia ou materia determinada. Polo que se ve sabe moito de billarda mais do resto permítame que dubide, un consello debería mercar o libro e ver que paga a pena pagar polas cousas boas de verdade.

    Un saúdo.

     
  • At 1:18 PM, Anonymous Anônimo said…

    Boas, son marcos.
    cada día que pasa me queda máis claro a grandísima labor que está a facer a LNB por todo o país adiante, porque mira que perdiche tempo buscando enlaces pra comparar a LNB coa asociación á que vostede pertence.
    Eu simplemente son un xogador de billarda,e como tal, considerome partícipe e aporto o meu gran de area pra que esta maravilla de xogo tradicional siga vivo.
    Pseudobillarda?pois como vostede lle queira chamar.
    Desde aqui convídoo a vir este sábado a Bretoña e participar da xornada de liga e verá o ben q o pasa.
    Un xogo popular non pode ser un deporte?vaia a euskadi e preguntelle aos pelotaris.

    Se vostede sigue a pensar que o tastarabas será un éxito de ventas e q a maioria dos nenos e nenas galegos o van coñecer e ter nas súas mans . . . siga disfrutando!

     
  • At 9:48 AM, Anonymous Anônimo said…

    Ola, bo día.

    Son Alberto Casal Lamas, e escríbolles en representación de Brinquedia, a Rede Galega do Xogo Tradicional. O motivo desta comunicación e a fonda preocupación e pesar que nos causou a lectura do seu blog no tocante á publicación do “Tastarabás” de Antón Cortizas Amado.

    Entendemos e respectamos a liberdade de opinión, por suposto, pero sempre que non poña en perigo a convivencia de persoas que perseguen un mesmo obxectivo: a protección e divulgación do noso patrimonio lúdico. Emporiso, e do mesmo xeito que respectamos o seu xeito de dignificar os nosos xogos, fagan vostedes o mesmo coa labor inxente que ven desenvolvendo o noso prezado Antón dende hai moitos anos.

    Agardamos que as diversas iniciativas neste eido que teñen lugar no noso país podan ser incluíntes e que os esforzos se poidan sumar positivamente, sen desacreditarse ou anularse.

    Grazas de antemán polo seu compromiso futuro á convivencia e o respecto. Un saúdo

     
  • At 4:46 AM, Blogger raybanoutlet001 said…

Postar um comentário

<< Home