O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, abril 23, 2013

MIGUEL ALONSO ACADA O PREMIO "LIDERA FERROL" CO MÍTICO TEMA "DÍAS RAROS" DO REPÚBLICA BILLARDA!!
















Arrincábaos a semana co doce sabor aínda das tazas do Xerro nos beizos e coa fenomenal nova do premio "Lidera Ferrol" na categoría de música para o cantautor urbano Miguel Alonso con tema "Días Raros" , unha auténtica xoia que formou parte do disco dóbel República Billarda . Hoxe martes ás 14:30 h. Miguel Alonso estará nos micros de RadioVoz  comentando a história dista xa histórica cancion da música galega de temática intimo-billardeira con adicatoria especial para toda a tribo LNB sen a cal Días Raros nunca tería existido- M. Alonso >>  “ Lidera Ferrol” é un certame que organiza o Concello de Ferrol dende o ano pasado, ao estilo un pouco dos Galiza Crea (agora Xuventude Crea), con diferentes modalidades. Estou moi contento de recibir o primeiro premio este ano, xa que o pasado presentei unha canción de “A noite dos cans” e nada me deron!!! Así que é maravilloso que o premio o leve “Días raros”, que é unha auténtica rareza do meu repertorio pero que cada vez se abre máis paso tamén nos directos. O premio tamén é un pouco da xente que fixo “República Billarda” xa que sen eles non a tería escrito fai un par de anos, un inverno en Granada. Graciñas a todos!
















Miguel Alonso incorporou Días Raros ó seu myspace oficial mais no bandcamp do República Billarda podedes desfrutar con iste tema e co resto dos incluidos no referencial puzzle sonoro billardeiro que deixou fonda pegada no subconsciente colectivo...Días Raros e República Billarda Sempre, adiante o Varado Indixenista!!