O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, abril 26, 2013

NON ME TOQUES O CARALLO... ISTA FINDE DE ENGANCHADA DE PONTEVEDRA A CARBALLO!!






















Sen pausa nen tregua , a Conferencia RíasBaixas volta á carga iste sábado na pista de Terra de Pontevedra e faráo nas  instalacions do Instituto da Xunqueira fronte a donde se apresentara o disco República Billarda naquel mítico Culturgal de fai uns anos. Fai tan só unha semana palanadores dista conferencia estiveron desputando o Xerro do Salnés na pista das Angustias de Xil cos referenciais Casilledou coma única franquicia da conferencia que se atreveu a participar no referencial Barathon de Furanchos, un feito que de seguro lles dará forza e impulso a cada un dos seus golpexos para de novo repetir no mais alto do podium da Xunqueira. A cita iste sábado apartires das 16:30 / Contacto: 659.553543















E coa forza indíxena do máxico líquido das tazas no corpo durante o Barathon celebrado no Xerro do Salnés cando surxíu dun xerro ante varios palanadores e palanadoras o deus Billarda para encarregarlle a Serxio unha mision divina, realizar iste domingo o I Aberto de Billarda nas Terras de Bergantiños , é pois que apartires das 16 h. tes unha cita coa história no campo de futbol de Gontade, alí se darán cita tod@s os activistas LNB da zona para organizar o asedio con paláns e billardas ó responsábeis da masacre ecolóxica de Corcoesto , será pois unha xornada de festa e exaltación vitalista do entorno e dos manxares que iste nos ofrece polo que serán os irmans da referencial asoación de soberanía alimentar CARNELAO , os encargados da entrega e xestion do maxestuoso premio para o campión ou campioa do Aberto que será nada máis e anda menos que un espectacular Bolo de pan de Carballo e media dúcia de sardiñas , productos ambos típicos e definitorios ó máximo dista poderosa vila da ogallá futura Conferência Bergantinhos / Contacto:  695.446713