O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quarta-feira, abril 17, 2013

O "ALCALDE ESTORNIJA" DE VILLENA , A REFERENCIA ABSOLUTA PARA CALQUERA ALCALDE OU ALCALDESA QUE QUEIRA APOIAR REALMENTE O DEPORTE DA BILLARDA!!



De novo volta a tediosa cantinela do despilfarro dun concello galego ò apuntarse á moda de  construír pistas de padel coma se o mundo se acabase, iste vez é Melide que apoiado polo deputacion da Coruña , bota a casa pola fiestra para apoiar ise deporte . Xa se escribiron ríos de tinta sobre ise afan padelista dos nosos dirixentes máis pola penínsua adiante aínda podemos atopar honrosas excepcions entre o denostado gremio de alcaldes , falamos do referencial alcalde de Villena, concello do Pais Valenciano do cal sen sabermos en impornos a a súa adcripción temos que abrazar a súa filosofía de compromiso total coa billarda á atreverse a nunha entrevista en television a lanzar a idea de utilizar a praza de toros da vila para xogar á estornija , denominación do deporte da billarda nisas terras , que nise concello goza dunha exelente saúde.



Ogallá que algún alcalde ou alcaldesa do país tivese isa forza , empurre e compromiso co deposte da billarda , lamentabelemente ise elemento non parece estar no ADN de nengún dos nosos dirixentes , é un feito que actos como o apoio do concello de Barreiros para a viaxe dos activistas da Conf. Norleste á desputa do Xerro do Salnés é xesto que todos os concellos nos que se deputan Abertos deberían de cando menos imitar. Sexa como for non podemos máis que sentirnos orgullosos do Alcalde Estornija de Villena mentras agardamos a irrupción do noso Alcalde Billarda...Estornija e Billarda Sempre!! 

2 Comments:

  • At 12:24 PM, Anonymous Anônimo said…

    Virá o alcalde de Barreiros ao xerro do Salnés na guagua LNB???

    Pegaría moito coa xente do Faísca o alcalde de Barreiros, pensan igual

    http://ccaa.elpais.com/ccaa/2013/04/15/galicia/1366047207_868728.html

     
  • At 3:57 PM, Anonymous Anônimo said…

    non creo, porque en faísca son moi feministas. Non queren xogar nunha das poucas ligas deportivas oficiais

     

Postar um comentário

<< Home