O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, abril 22, 2013

O FUTURO NON É DOS VALENTES , SENÓN DOS QUE CONSIGAN ERGUERSE DESPOIS DA MÁXICA XORNADA DO XERRO 2013!!


Unha espectacular nova edición do Xerro do Salnés que fixo que o brilo se apoderara dos nosos ollos , a cálida cor violeta dos nosos dentes e a cor marela sueva das nosas billardas e dos poderosos dragóns que tod@s levamos dentro.


Ás 8 da mañá do sábado 20 a Guagua da LNB partía da estacion de Buses de Ribadeo cargada de ilusions para ó medio día , despois da parada técnica na estación de buses de Compostela incorporar á tripulacion os activistas LNB  que habitan na estornópolis , arribar fronte á mítica Capela das Angustias donde Abel , detras do mostrador da Taberna da Cancela , agardaba á expedición coas cuncas arebosar coas que celebrar o xa mítico bautismo de tinto co que se incia o Barathon Furancheiro

















Un barathon que tivo un coma gran mestre de cerimonisas a Xosé Miguel,  o gran palanador da Faisca que introducíu ista práctica directamente importada da cidade uruguaia de Montevideo  que fai unhas semanas tivo a súa primeira irrupcion na Galiza co Barathon de Trives e que con ista accion furancheira no Xerro acada o seu asentamento defintivo coma desporto de risco nas tascas do país.


















Foron varios baratletas do Faisca , entre os que se atopaba Viana,  un dos grandes referentes do activismo deportivo galego, os que buscaron o calor do mundo animal aloumiñando un gato raxado diante dun dos furanchos tentando conseguir a súa forza e sabedoría mentras moitos dos Baratletas entre os que se atopaban moitos dos membros do polémico grupo de soberanía alimentar  Carnelao que ante isas tenras imaxes se lles ocorreu prantexar a posíbel primeria xornada de degustación da empanada de gato galego.


















Unha parada que deu lugar a unha das que de seguro se convertiran en mìticas imaxes diste Xerro co reencontro de átomos que resumen a durísima história da LNB .  O carón dos barricos , o  impulso da Galiza Mutante e Indíxena , o poder nuclear da necesiadade irracional de camiñar e dirixir os pasos cara o norte obedecendo unicamente o murmuio das tripas e os desexos do urco billardeiro.

















A chegada ó ecuador do Barathon marcouna a irrupción do pelotón de palanadores e palanadoras nun dos Furanchos míticos donde a LNB cunha enorme mesa perfecta para oa abitollamento a base de petiscos de chourizos con que acompañar o exquisito líquido tinguido das tazas.

















Un espazo que xa se comenta e con moita razón que para vindeiras edicions do Xerro acolla o xantar de irmandade a base de empanadas e tortillas para evitar así o desprazamento ó restaurante e poder así desfrutar aínda máis do mergullo no océano do Furanchos

















Apoloxía cantareira co Anti-Koro da LNB entoando cantosgalaiko-norkoreanos dirixidos maxistralmente por Suso dos Remourelle Bulls coma antesala brutal da espectacular apresentacion do Cartaz oficial do Play Off Nacional 2013. 

















Unha xoia de enormes kilates realizado polo fotógrafo experimental Nachok que versa sobre o estado migratorio no que estamos inmersos..

















De Conxo a Marrozos pasando por Xil , unha ecuación que Tonho Randeeira tranquibíu no seu valiosísimo caderno de vaixe no que tranquibíu as sensacion que a vision lle transmitíu xusto no intre de ser destapado por Sak e Franco na cerimonia de presentacion oficial.

















Xantar de irmandade e camiño para a pista de xogo montado toda a expedicion na xa mítica Guagua da LNB , aquí pódese ver ó comandante Viana despois tomando asento despois de felicitar ó chofer-árbitro da Guagua co que entablou unha enorme amizade e que aprobeitou para en nome do Faisca transladar toda a solidaridade ó alcalde da vila da mariña na que está asentada a A.C.D O Varal.

















E coma cando nun marathon se ven ós etíopes que cruzan a meta e seguen correndo cara o hotel , no Barathon tamén hai superdotados que pese a rematar a proba non poden dar á tecla de stop e seguen inmersos na competición ate que a vella peneira a noite.
















Un día ó contrario que noutras edicions amosou unhas condicions metereolóxica inmellorábeis para a practica do desporto nacinal .

















A tribo da Conf. Rías Baixas estivo en todo momento ó pé do canón para que os palanadores e palanadoras de outras conferencias se sentiran confortábeis e cómodos na mítica pista das Angustias.


















Angustioso final para unha espectacular sesion de chistes galego- potugueses na que o seleccionador nacional xunto co palanador local despregaron un espectacular repertorio que nengún dos seguidores do Luar poderán desfrutar por mor do boikote ós palanadores nos casting dise programa que impide que o humor billardeiro asalte os fogares galegos

















E estar como estamos nas terras do homisferio sur non podiamos esquencer ó irmáns da Conf. Andaluza que ollan cara Marrozos para estar canda nós no Play Off Nacional xa que na campo de herba do Toxo Verde de Cádiz se vai desputar ista edición o mítico Aberto da Repesca.
















No ultimo estudo xeral de medios non se calibrou o impacto sobre as audiencias da nova irrupcion de Radio Cabalinho nas pistas da LNB , entrevistas , música galega e deliro a pé de pista como condimentos a unha espectacular nova edicion do Xerro do Salnés.


















Un Aberto do Xerro que de novo rematou en victoria dunha gran palanadora , o Xerro viña dende Ribadeo en poder de Geni e rematou nas mans da xoven promesa da LNB chamada Sofía. Non é unha casualidade que no Xerro se reivindiquen os productos da canteira en vista do colapso motriz que produce a inmersion furancheira, @s que si que deberan porse a tremer son todos ises palanadores e palanadoras que alteran a competición do Xerro manténdose alleos á anti-lei seca e deciden coller o palán sen inxerir as tres cuncas mínimas estipuladas como xesto de compromiso e apoio ó comercio local. Xerro , Furanchos e Billarda Sempre, Adiante co Varal!!

26 Comments:

  • At 4:56 PM, Anonymous Anônimo said…

    E Otero qué! E Otero qué! E Otero qué!!!

     
  • At 4:56 PM, Anonymous Anônimo said…

    Otero come herba.

     
  • At 4:57 PM, Anonymous Anônimo said…

    Otero vegano.

     
  • At 4:57 PM, Anonymous Anônimo said…

    Otero farlopero.

     
  • At 4:57 PM, Anonymous Anônimo said…

    Otero borracho.

     
  • At 6:47 PM, Anonymous Anônimo said…

    Otero PRESIDENTE!!

     
  • At 6:54 PM, Anonymous Anônimo said…

    Otero volve... os fillos queren pan e a nai quere leite

     
  • At 7:24 PM, Anonymous Anônimo said…

    Otero deixa os gatos, se aínda nom conseguiches criar um ser híbrido coas que levas feito a causa está perdida.

     
  • At 9:00 PM, Anonymous Anônimo said…

    Otero dimisión!

     
  • At 2:02 AM, Anonymous Anônimo said…

    Otero tocacús.

     
  • At 3:51 PM, Anonymous Anônimo said…

    Otero apalpador!

     
  • At 3:52 PM, Anonymous Anônimo said…

    Xan Rodinho lolololo! Xan Rodinho lolololo! Xan Rodinho lololo!!!!

     
  • At 9:34 PM, Anonymous Anônimo said…

    Otero come tofu

     
  • At 10:27 PM, Anonymous Anônimo said…

    Otero vaise disfrazar de porco na matanza.

     
  • At 12:10 PM, Anonymous Anônimo said…

    O problema non é dos que xogan sen beber, o problema é dos que permiten que xoguen.

     
  • At 1:43 PM, Anonymous Anônimo said…

    Tódolos anos igual, moita norma, non se pode xogar sen beber, non sei que non sei canto e cada vez esa norma é máis ignorada, non sei para que se fai o xerro do salnés, porque o espíritu desta xornada xa hai que se foi ao garete. Que gracia ten aparecer ás catro da tarde, este aberto non puntúa por algo, pois xa está non ides gañar nada por xogar sobrios, só que se perda a razón de ser do Xerro do Salnés. Hai ducias de abertos ao ano nos que poder ir con ese roio de competitividade absurdo que traedes tamén ao Xerro.

     
  • At 1:45 PM, Anonymous Anônimo said…

    Abstemios paredón!

    Franco, Franco, Franco! (Ese si que bebe)

     
  • At 1:54 PM, Anonymous Anônimo said…

    Villarino non gañou porque non había alcol de premio.

     
  • At 2:47 PM, Anonymous Anônimo said…

    Dende que chegaron os Rodiños estase perdendo a esencia do xerro do salnés.

     
  • At 7:59 PM, Anonymous Anônimo said…

    Rodinho coma Otero é vegano! Iso vai contra natura.

     
  • At 8:48 PM, Anonymous Anônimo said…

    Otero está perdido desde que é coma os Rodinho é só come herba, leitugas e tofu.

     
  • At 8:50 PM, Anonymous Anônimo said…

    Otero pederasta!

     
  • At 8:51 PM, Anonymous Anônimo said…

    Otero selección.

     
  • At 8:51 PM, Anonymous Anônimo said…

    http://www.youtube.com/watch?v=xMewaufqszQ

     
  • At 8:51 PM, Anonymous Anônimo said…

    Otero eres Dios.

     
  • At 8:52 PM, Anonymous Anônimo said…

    Otero eres Lotina, a conferencia sur está botada a perder.

     

Postar um comentário

<< Home