O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, maio 20, 2013

A LNB APRESENTA O "PLAY OFF NACIONAL-MARROZOS2013" EN GIRONA NO TORNEO DE BÉLIT "TOT BÉLIT - CASANOVA TEAM"!!

















Ista fin de semana Luis Camiña , o gran palanador dos "gharabotos" realizou unha vez máis a tarefa de embaixador internacional da LNB ista vez nas terras dos Paisos Cataláns participando en Girona nun espectacular Torneo de Bélit entre as equipas de "Tot Bélit" e " Casanova Team".
           















Por suposto Luis Camiña aproveitou a súa militancia Bélit para apresentar a todo universo bélit a nova edicion do Play Off Nacional de Billarda que iste vindeiro domingo convertirá á parroquia Compostelá de Marrozos no epicentro mundial do deporto do carabulo polo ar. Non deixou pasar o gran palanador de Gharabotos a ocasion de comentar a impactante experiencia da primeira Conferencia externa que participará niste Play Offs Nacionais con todos os dereitos e obrigas ó igual que calquera conferencia asentada en chan galego , é ista  explicou Luis ós seus compañeiros do belit, unha experiencia aberta para ó igual que o tour de Francia fai etapas en Holanda, Bélxica , Inglaterra ou Euskalherria ampliar a dimension billardeira ó igual que a LNB matina dende fai tempo participar cunha equipa de su no gran campionat del Mund de Bélit.  
















E como non podía ser doutro xeito a chuvia despedíu ós xogadores , un torneo con pouso internaciona e internacionalista que non fixo máis que acender a mecha cara á brutal colision de comboios que iste sábado vai acontecer en Ponteareas co brutal partido entre as seleccions nacionais de Galiza e EuskalHerria que terá como gran previo o derradeiro Aberto puntuábel da Conf. Sur...Adiante co Play Off Nacional , Txirikila , Bélit e Billarda Sempre!!!

7 Comments:

  • At 9:05 PM, Anonymous Anônimo said…

    A informaçao é erronea. Nao Barcelona, senao que Girona.

     
  • At 12:54 PM, Anonymous Anônimo said…

    De onde saca os cartos Luis Camiña? Andalucía, Cataluña. Outro que vive da billarda.

     
  • At 2:49 PM, Anonymous Anônimo said…

    Prexuvilados e activistas billardeiros!!!

     
  • At 3:28 PM, Anonymous Anônimo said…

    Viaxo con dietas e desprazamento pago a conta do I.S.M. con 44 anos cotizados a S.S.

     
  • At 4:48 PM, Anonymous Anônimo said…

    Vende pastis nos abertos.

     
  • At 5:32 PM, Anonymous Anônimo said…

    É certo que Luis Camiña alimentase so cos productos dos premios que gaña na LNB?

     
  • At 7:08 PM, Anonymous Anônimo said…

    Isso fazia antes otero pero agora que deixou de ganhar fixo-se vegano.

     

Postar um comentário

<< Home