O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, maio 28, 2013

AS CONFERENCIAS ANDALUCÍA E A BERGANTINHOS ... AS BRUTAIS REVELACIÓNS DISTE PLAY OFF NACIONAL 2013!!

















Atraveso do seu web-blog e polo seu representente e mentor na Galiza, Luis Camiña , sabiamos do gran nivel e compromiso billardeiro da equipa e dos palanadores que chegaban  a Marrozos representando a conferencia do sur máis extremo , dende o seu campo base chamado Toxo Verde en Cádiz , desembarcaron xa o sábado en Ponteareas para desputar o traingular internacional ( Galiza-EuskalHerria-Andalucía) e o posterior Aberto puntuábel da Conferencia Sur para ó día seguinte en Marrozos mergullarse na gran muiñada do Play Off Nacional 2013.

















UNha festa por todo alto que por suposto non podía esquencer  o conflicto social e ecolóxico que se está a producir en todo o país coa instalacion de minas de tipo diverso que aproveitando a situacion de crise galopante van converter  noso entorno nun Chernobil galaico. Ise berro desesperado da terra foi e é un dos desencadeantes principais da irrupcion en escea da Conferência Bergantinhos , que fai unha semanas tivo a súa apresentacion mundial cun Aberto en Carballo e que en Marrozos chegou para a presentar a súa segunda accion que será iste sábado en Corcoesto.

















Unha Conferencia Andalucía que non veu cos petos baleiros nen moito menos senón que troixo as alforxas ben cargadas para aguantar sen problemas os embites da alta competicion. Por unha banda a poderosoa Manzanilla ,  a potente brevaxe con denominacion de orixe ToxoVerde que encandilou ós palanadores e palanadoras que o probaron , incluidos os esixentes membros do xuri gatronómico MIlloCorvo-Carnelao.



















E non viñeron as botellas de manzanilla sóas senón que o fixeron acompañados duns espectaculares e cruxentes Chicarróns tradicionais de porco , os primos carnais dos torrrezmos galegos saciaron a fame dos famentos palanadores e palanadoras que se achegaron ate o set de soberanía alimentar andaluza.

















Unha maxistral alimentacion que por desgraza non tivo a súa translación e brilo desexado na pista de xogo como si acontecera o día anterior en Ponteareas donde o gran palanador andaluz de orixe Salvadoreña Edson acadou un espectacular terceiro posto no podium.


















E naturalente non só Corcoesto senón tamén o desastre que se cerne entorno ás prospeccions mineiras na Terra Cha Luguesa foron os focos que alumearon a pista de Marrozos alertando do perigo que a iste país lle ben enriba se non tomamos medidas ..e unha delas é sen dúbida é a resposta por medio do berro e o alzamento billardeiro , iste sábado en Corcoesto e o domingo en Muimenta co Aberto da Filloa coordiando pola equipa local Carabullo no marco das actividades de Xotramu2013. Minas Non, Manzanilla, Chicarrons e Billarda Sempre!!

2 Comments:

  • At 4:50 PM, Anonymous Anônimo said…

    si, claro. non á mina, pero si a marrozos cheo de lixo e de botellas de cerveza... hipócritas

     
  • At 8:38 PM, Anonymous Anônimo said…

    Como se nota que nom quedaches a recoller coma os hipócritas que ti dis, que deixaron Marrozos máis limpo ca cando chegamos.

    Que afición hai neste País por falar de balde.

     

Postar um comentário

<< Home