O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, maio 27, 2013

DANIEL DE BILLARDEIROS MUSICAIS ....COROCEIRO NACIONAL #MARROZOS2013!!



















A Brisa do Eo saudou a Daniel iste domingo 26 de Maio a primeira hora da mañá , con paso firme e pulso rexo o palanador dos Billardeiros Musicais erguía a ollada na procura dun Varal situado e centos de km e dunha  Coroza cuxa vestidura suporía a súa entrada definitiva no olimpo dos deuses do noso deporte nacional .A escalofriante ollada  do Coroceiro Nacional saínte xunto coa entrega do trofeo-nómade que acredita os nomes dos campións nacionais por parte do seu propio fillo Markitos ,  auténtico mito da LNB e anteriormente tamén campión nacional ,  selan unha das imaxes máis potentes de todas cantas se teñen producido na história da LNB . Marrozos foi o lugar e Daniel o Coroceiro Nacional...Billarda Sempre, Noraboa ó novo Coroceiro Nacional!!

















Unha Coroza que chegou ó corpo de Daniel despois de que dende o medio día as billardas dos palanadores e palanadoras bruaran na terra batída con herbas polo medio no espectacular marco da brava parroquia de Marrozos ( Compostela )  que iste xa histórico 26 de Maio acolleu a gran muiñada do Play Off Nacional 2013.

REYES DE OS OUTROS, CAMPIOA NACIONAL FEMINA!!




















UNha gran muiñada que se iniciada ás 12 h coa espectacular final feminina que logrou enferborozar ós centos de saiareir@s que ateigaron a pista de xogo seguindo minuto a minito a loita das palanadoras na pista  ó igual que o facían os milleiros de afeccionados pegados ó seus computadores ou dispositivos móbiles medianta e espectacular cobertura retransmitindo os resutados en tempo real o Varal-Facebook dende a mesma pista de Marrozos. Foi unha final de infarte e sobre todo das que fan afeccion Chefa e Reyes atopábanse nunha final a fume de caroxo a 3 carreiras .A palanadora de Corredoiras arrincaba gañanando a primeira xeira pero nun arrebato de xenio a de Os Outros reivindicábese e reivindaba á súa franquicia que iste ano deixará de competir gañando as súas carreiras restantes e convertindose na gran Campioa Nacional Feminina 2013. Especial mension ás dúas fantásticas  afeccions que ambalas dúas tiveron apoiando o seu xogo .. Billarda Sempre, Noraboa Reyes Campioa Nacional Feminina 2013!!



















UNha terra batida cuxas herbas foron pouco a pouco pedendo fronte ó implacábel paso dos palanadores e palanadoras no descorrer da competicion, impresionate imaxes da espectacular final Absoluta , era Gines o palanador dos Furabolos o ultimo escoio para Daniel poder enfurdar a Coroza..e vaia como chegaba o palanador dos do Pino

GINES DE FURABOLOS CAMPIÓN NACIONAL DE VARADOS!!


















De proclamarse tan só unha horas antes Campión Nacional de Varados con dúas espectacular dianas ...

FURABOLOS DO PINO , CAMPIÓNS NACIONAIS POR EQUIPAS!!




















E de ser un dos pilares básicos na impresionante victoria do míticos Furabolos que despois de varias míticas finais en Conxo elexiron Marrozos , a terra nai dunha das súas grandes estrela Basilio, para diante do seu público proclamárense Campións Nacionais por Equipas




















Qué comerían todos ises grandes campiöns nacionais?? é un misterio para todos menos para o espectacular e alebrestrado Xuri do xa super-consolidado e imprescindíbel concurso MIlloCorvo-Carnelao de Tortillas do Play Off Nacional . Unha palestra gastrómica que busca o riso e a vértixe do estourido gustativo nas moas, unha travesía polos sabores das diferentes conferencia que quedou plasmada na libreta de puntuacións que do gran Chef da Faisca Viana que situou á exquisita creación de Begoña de Corredeoiras coma a merecedora do gran premio MilloCorvo-Carnelao 2013.



















E unha vez máis . a sepre multicor da LNB ten que agradecer infinitamente a  Mario de Xogos Tradicionais de Conxo , a súa implicacion total  co proxecto billardeiro xa que foi el quen realizou todas as xestións necesarias para que iste Play Off Nacional 2013 puidera realizarse e saír a adiante e incluso foi que dispuxo as mesas para o espectacular xantar de irmandade.



















Un Play Off Nacional que se recordará por moitas cousas entre elas a espectacular fervenza de ideas previa que situou a filosofía diste grande proxecto en marcha no centro da diana  .. os porqués de estarmos cos paláns nas mans e as billardas afiadas. Atentos ás pantallas e sumerxete na gran arañeira dixital da LNB ....porque todos os camiños levan a #Marrozos2013!!

6 Comments:

  • At 2:04 PM, Anonymous Anônimo said…

    Gran deporte este da billarda que nunca deixa de sorprender. En tódolos deportes sempre se pasa o testigo de pais a fillos. Pois onte pasouse o testigo do fillo ao pai. Parabéns a todos por facer posíbel este deporte. Xose Miguel Faísca.

     
  • At 2:31 PM, Anonymous Anônimo said…

    O mais importante de onte non foi quen gañou, senón quen perdeu. Perderon tódolos veganos.

     
  • At 2:32 PM, Anonymous Anônimo said…

    Rubén Otero pasou de campion nacional a nin clasificarse por pasarse a ser vegano.

     
  • At 5:11 PM, Anonymous Anônimo said…

    http://armatucoso.com/desmotivaciones/a-evolucion-de-daniel-1700736/

     
  • At 5:50 PM, Anonymous Anônimo said…

    Vaia cara a de Otero vendo con envexa ao novo coroceiro nacional.

     
  • At 7:57 PM, Anonymous Anônimo said…

    Co Pintos na rúa a luita continúa!

     

Postar um comentário

<< Home