O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, maio 21, 2013

O "GALIZA - EUSKALHERRIA" DE PONTEAREAS MARCARÁ O ARRINQUE DA GRAN FESTA DO PLAY OFF NACIONAL DE MARROZOS!!!


































O que avisa non é traidor...a Conferencia Sur non está disposta ó ninguneo que iste tempada as latitudes billardeiras do norte fixeron do seu suposto letargo e en Marrozos están dispostos todos os seus palanadores e palanadoras a deixar constancia dilo , será a conferencia da que mais quentes chegen as súas bonecas xa que tan só unhas horas antes da loita pola Coroza unha vez máis doada polos irmáns do Restaurante da Gata Meiga de Poio , estarán desputando o derradeiro Aberto puntuábel en Ponte-Areias que terá coma colofón brutal a nova xeira da Auténtica dirixida polo emisario de Flores , Serxio da Faisca,  no internacional Galiza - EuskalHerria que vai por os pelos de punta á afeccion de ambolos dous paises con ista accción de apoio ó desenrolo soberanista. Será pois un novo punto de inflexion no encontro de dúas civilizacion irmáns a de Billarda e da Txirikila que fronte a fronte e disparando cara un mesmo Varal prepararán os pateiros da conferencia sur para o asalto ó Play Off Nacional de Marrozos , impresionante ademáis o montón de colectivos que grazas á xestion de Santi ,  apoian e se sitúan na órbita da LNB pondo o seu gran de area para que o Galiza-EuskalHerria sáia adiante e rache as cadeas do fundamentalismo na poderosa vola de Ponte-Areias...Bilharda e Txirikila Sempre!!

















E atencion porque a entrada a toda mecha da Conferencia Sur e a irrupcion en Marrozos da Conf. Anadalucía , a alianza co universo Bélit, Txirikia e Liriu acende as ánsias e integracion das terras do Bierzo da boráxine da LNB , foi o nao pasado Viladepaus a vila que recibíu o primeir impacto billardeira da LNB un semente que vai brotar de xeito brutal iste vindeiro 13 de Xullo en Ponferrada no explosivo Master5 do Bierzo en Ponferrada no primeiro gran torneo por equipos nisas latitudes que pode se a primeira pedra para o edifico da futura e tan desexada Conferencia Bierzo da LNB...Botelos e Billarda Sempre , Adiante co Varal!!

12 Comments:

  • At 5:13 PM, Anonymous Anônimo said…

    Tiago, merca outra remesa de LK que vem um auténtico, o Ble!

     
  • At 5:45 PM, Anonymous Anônimo said…

    http://www.youtube.com/watch?v=pQvms6lmYec

    Aberto de Corcoesto xa.

     
  • At 6:15 PM, Anonymous Anônimo said…

    Hai mais abertos en 7 días na LNB-Sur que en toda a tempada. Otero deixa as drogas e colle o palán.

     
  • At 6:16 PM, Anonymous Anônimo said…

    Dende que Otero se fixo vegano desapareceu a LNB-Sur.

     
  • At 7:13 PM, Anonymous Anônimo said…

    Mostra clara de que os veganos som um atranco em qualquer ambito.

    Esperemos que carnelao nos salve.

     
  • At 9:57 AM, Anonymous Anônimo said…

    O mais importante para o sábado: Traerán os vascos o barril de sidra?

     
  • At 1:13 PM, Anonymous Anônimo said…

    Vai haber abertos da sur ata que se clasifique Otero?

     
  • At 1:30 PM, Anonymous Anônimo said…

    ¿como e iso de que Geni xogue con outro equipo na final de equipos?

     
  • At 2:06 PM, Anonymous Anônimo said…

    Pois Geni xoga cos Billardeiros porque nos falta un xugador, e como as normas que existen para a final non poñen nada o respecto de cambios de xugadores,pois fichou polo noso equipo. O día que se poñan unhas normas en común para todos pois igual non se pode facer. Temos que aproveitar. Son Markytos Sr. Anónimo.

     
  • At 2:28 PM, Anonymous Anônimo said…

    E a xente que se clasificou por varios sitios pode ceder esos postos as persoas que queiran?? Por que conferencia se clasifican??

     
  • At 3:32 PM, Anonymous Anônimo said…

    Nas normas da vosa conferencia norleste pon claramente que un xogador non pode trocar de equipo unha vez iniciada a competicion

     
  • At 6:41 PM, Anonymous Anônimo said…

    A mellor conferencia que é a Bergantiños non estará representada en Marrozos. Gran perda para a LNB.

     

Postar um comentário

<< Home