O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, maio 13, 2013

ISTE XOVES OS TREZE-CATORCE DE SALCEDA INVADEN O COLEXIO ALTAMIRA CUNHA NOVA ACCIÓN DE "SEMENTE BILLARDEIRA" NUN CENTRO DE ENSINO GALEGO!!
















A boráxine billardeira teima unha vez máis en derribar barreiras , ista vez será o vindeiro xoves nunha accion coordianada pola referenciais Treze-Catorce de Salceda ,  a poderoso colectivo socio-cultural  que ven de incendiar o horizonte do sul galego cunha nova edicion do seu explosivo festival-Rock no que o Caimán do Río Tea voltou a ensinar o dentes para celebrar os 20 anos de inmersión sonora , van coller os paláns e invadir de pinchas o Colexio Altamira cunha brutal acción nas aulas dirixida ás crianças para que teñan ise tan necesario primeiro contacto co noso deporte nacional que lles facilirte a inmediata entrada nas pistas da LNB.

















Unha accion nun cerntro de ensino dos activistas billardeir@s de treze-catorce que ven a complementar a inciendiaria Palestra-LNB que dirixíu o Filloa de Sangue David Fontán no Colexio Maior Fonseca de Compostela. Alí houbo máis que palabras ó igual que de seguro vai haber en Salceda donde tamén se celebrará un Abertinho de Bilharda para que o berro dos nenos e nenas a prol da oficialidade do noso deporte nacional eclosione nas paredes do Colexio Altamira...estudantes con paláns á rúa , a loita continúa!!