O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, junho 20, 2013

COLLE O PALÁN, RACHA A BATUTA E OUSA ARRINCARTE EN CONTRATEMPOS!!



E MOITO OJITO...PORQUE VEÑEN ILEGALIZARNOS- ise é un dos espectaculares samplers do video-estalo producido por Tele-Varal de apoio e promoción do Aberto de Billarda na gran Festa da República Galega que terá lugar iste vindeiro sábado 29 de Xuño en Ordes.  














Un brutal puzzle de sensacions cuxa base poética ten a súa orixe no video da Festa da República Galega realizado polo irmán BOCI xa sobre  a edición do ano pasado e unhabrutal e incendiaria base sonora producida nun zulo de Burela de Cabo polo activista blues e funk-metal " O Comandante Suso" un histórico militante do kalashnikov de seis cordas e un cordoncelo na referencial banda bi-polar  "Tom&Jerry" con campo base mariña da lugo e cuxa lenda de músico salvaxe e implacábel  nista segunda década do século 21 está a ampliarse fulgurantemente por todo o país adiante baixo o cinematográfico e sanguinario alcume do" Mariachi da LNB".