O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, junho 11, 2013

O CASTRÓN ALADO DE RIBADEO E O AÑO MOURO DO INTERPARROQUIAL DA LNB....A DEVESA PREPÁRASE PARA RECIBIR AS BRUTAIS AS EMBESTIDAS!!

Istes días coñeceuse a sentencia pola cal o Museo Provincial de Lugo pode perder varias das súas principais  e máis representativas pezas , entre eslas destacna o Torques de Burela , o mais grande atopado na Galiza e a espectacular figura do " Cordeiro alado de Ribadeo" reclamados pola familia do artista que doou istas xoias ó Museo xestionado pola Deputacion de Lugo, unha institucion que acelera os as xestions de negociacion coa familia posuidora dos dereitos que tamén esixe un feixazo de cartos amparados na lexítima resolucion xudicial. Nunintre no que xa se ultiman os preparativos na campo de futbol da Devesa para acoller a nova edicion do explosivo Torneo por equipas do Interparroquial-2013 o Año Mouro da LNB emerxe cun espectacular alaido como é O Castrón alado de Ribadeo cuxos cornos teñen en xaque á unha antaño todo poderosa institucions que hoxe está en vías de extinción...















Un Interparroquial-2013 para o que a Conf. Norleste ultima todos os preparativos e para o que , atentos ás pantallas , moi pronto se confirmará a data para que todas as equipas poidan ir afiando as billarda e os coitelos porque atencion , iste ano o Año do Interparroquial e o Castrón alado de Ribadeo chegan ó campo de xogo da Devesa dispostos a tomarse a xustiza pola man e vingarse de palanadores e palanadoras facendo correr a sangue a regos.... Interparroquial Sempre, Adiante co Varal!!