O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, julho 25, 2013

A LNB HOMENAXÉA ÁS VÍTIMAS DO COMBOIO CUNHA ACCIÓN NO OBRADOIRO COORDINADA POR UN PALANADOR E USUARIO DA LIÑA!!






















Co pranto e o loito por dentro @s activistas da LNB non recuaron e en homenaxe
ás ate o de agora 79 vítimas do comboio Madrid-Ferrol descarrilado botáronse ás rúas de Compostela, iste tráxico día da Patria quedará grabado a ferro quente nos subconsciente colectivo dos habitantes da capital galega en agradecemento ós palanadores e palanadoras xa que a LNB e Carnelao foron os dous únicos colectivos sociais que non só mantiveron a concetracion da mañá e o Aberto de billarda en Belvís no serán senón que en homenaxe ós desaparecidos e as súas familias as billarda invadiron a praza do Obradoiro pondo guinda a uns actos cargados cunha simboloxía brutal xa que foron coordinados polo palanador aborixe de San Xoan de Río (Ourense) usuario tódolos domingo da liña estrelada .




















Os activistas LNB sentiron a flor de pel o calor e o agrecedemento do pobo Compostelán e dos centos de visitantes desanxelados que paseaban coa ollada perdida polas rúa de pedra e que viron nos paláns e billardas que lles ofrecían os militantes billardeiros unha luz de espranza á que aferrarse ente o deslaio .



















As lastras do Obradoiro foron testigos da dor da LNB ante o terríbel suceso e nelas quedaron as pegadas para nun futuro próximo afrontar unha acción na sen dúbida máis emblemática das prazas de Compostela



















Unha opción , a de utilizar o Obradoiro, á que o propio concello da capital galega nos obriga ante a incomprensíbel negativa á utilizacion do campo siténtico de Belvís que obrigou ós membros da LNB a improvisar un espazo na explanada de herba para entes de subir ó Obradoiro desputar o Aberto Zoqueiro do día da Patria



















Foron moitos os nenos e nenas que de súpeto se atoparon, sen pensalo , co deporte nacional galego, unha sorte para eles e grazas á LNB que nun día da Patria con tan dramáticos tintes poder atopar unha luz de espranza.



















Tratábase de tentar meter a billarda na porta da Catedral , unha metáfora que sintetiza o grao de enteireza co que a sepre multicor da LNB afronta iste grande pesar ante a traxedia. Jose Antonio de Burgos foi quen máis preto deixou a billarda da Porta polo que recibíu a bendicion en forma de aperta de Xosé Miguel , o palanador e usuario da liña estrelada que maxistralmente representou niste día a todos os palador@s e pasaxeiros...Billarda Sempre, Traxedias Nunca Máis!!