O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, julho 18, 2013

BOIKOTE ÁS FESTAS SEN BILLARDA.....ES DAKÍ OU VES Ó ABERTO??
















Festas moitas pero por desgraza aínda sen billarda moitas... niste contexto de foguetes estourando no ar , con diversos colectivos esixindo música e activiades cuturais autóctona nos programas festeiros das vilas , aldeas e cidades do país non podemos mais que incidir no chamamento á cordura ás diferentes cominsión de festas para que inclúan Abertos e actividades billardeiras como acontece por exemplo nas festas do Carme iste sábado en Marín . Unha vez máis o comando Lipi-Lape da LNB soubo actuar como corresponde e deu un poderoso puñetazo riba da mesa para que as billardas estoruen no chamado día do nen@ no Parque Padre Eguren.
















Imaxe ista . coma o resto das tomadas no Aberto de Dena celebrado o sábado pasado , no que os paláns e billardas se misturan baixo o sol do verán coas colchonetas , postos de feira e demáis atraccións de festa . Ise é o pulso e o impulso necesario que a nosa revolución precisa, o trepidante ritmo co que a serpe multicor da LNB repta polo país adiante para fundirse e socializar de xeito real o conflicto billardeiro que latexante está en cada un dos nosos golpexos


















Un impulso á accion e visibilizacion do noso deporte nacional que está presente tamén na espectacular actualización das láminas do dossier LNB que xa se expuxeron algunha vez nas pistas de xogo e que agora están en fase de revision para dirixir a calquera colectivo ou institución que queira colaborar coa LNB , niso están os armadanzas da Conf. Bergantinhos que xa se botaron mans á obra para xestionar un explosivo Billarda All Stars 2014 que vai quitar o hipo. Billarda nas festas Sempre , Adiante co Varal!!