O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

domingo, julho 21, 2013

#faitedaLNB PORQUE É BO SABER QUE EXISTEN OUTROS PLANETAS!!

















A terra quere billarda e a serpe multicor da LNB abraza o palán para botarse ás rúas e corredoiras do país na procura dos fament@s activistas sementando o asfalto , cemento, pedra ou prado . O #faitedaLNB é o berro que o inunda todo e que resoa en cada golpexo dos Abertos de verán desafiando a música dos coches electricos , cabaliños e tómbolas...
















O latexo salvaxe das billardas ó carón do cantábrico foi o exemplo perfecto da gran xornada vivida no peirao de Foz , os chicharros lanhados e o deporte nacional voltaban abrazarse e facíano no contexto da festa da Patria que abarrotoru os servidores e a pista de xogo , a LNB puxo en practica un áxil e dinámico sistema de xogo por grupos que desembocou nunha gran final. Entender que a billarda se ten que mimetizar co medio no que se realiza a accion foi a base do impresionante éxito , palanadores e palanadoras de media europa tiveron o seu bautismo de sangue coa billarda e levaron unha das tarxetas LNB para que poidan seguir polas vías dixitais a actualidade e entrares en contacto cando o vexan oportuno . O exemplo maís claro da dimensión  disto foi a implicación de Antonio , palandor aborixe de Vilalba que acadou o segundo posto no pódium chicharreiro que viven en Santurzi , EiskalHerria, en cuxo centro social da comunidade galega vai quedar exposta a espectacular pedra-trofeo entregada por Tonho Randeeria en representacion da LNB . E o triunfo niste gran Aberto e con el a tan desexada caixa de Cicharros lanhados foi para Nacho de ExTension Billarda que recibíu o gran manxar e a pedra-trofeo de mans de David en representacion dos organizadores da festa da Patria. Coma  peixe na auga turba así se desenvolveu en Foz e se desfixo Nacho dos seus rivais nunha final a dúas carreiras que resolveu pola vía do cloroformeo deixando tirados no asfato ós seus rivais con sendos directos ó fígado en forma de consecutivos Varados


















Arderon os corpos e os paláns ó carón da praia de Baltar na Pastoriza donde se celebrou unha nova edición do Aberto do Xabarín, unha loita que sitou fronte a fronte a grandes estrelas do nos deporte nacional ó caron doutros debutantes niste noso grande círculo clandestino. Arrincouse coma sempre , bastante  máis tarde da hora prevista pola organización , iso unido a unha gran participacion motivou que o Torneo rematara ben metidos na noitiña .... unha luz do lusco e fusco perfecta para coroar co gran premio Carnelao do Xabarín ó artista multidiciplinar e palanador dos Gharabotos Luis Pirucha. 
















Unha presencia a do escritor experimental autor de obras coma " A menina com nome de cadela " que estivo moi presente tamén no terceiro tempo do Aberto de Foz xa que foi o contexto elexido para a presentaciós de dúas das súas incendiarias obras que están deixando en evidencia isa escombreira chamada sistema editorial galego. Unha escombreira que extende o seu fedor de podredume tamén á escena musical xa que istes dias coa presentacion do cartaz do festival Arreocabo de Vivieiro podemos ver coma unha institución con capital nacionalista apoia a demencial política trilingüe da Xunta apresentando un cartaz con grupos que cantan en español. inglés e galego...coma sempre os arxina-falantes quedan excluiudos , menos mal que a LNB aproveita as viaxes para cos paláns e os libros de Pirucha abrir camiño no medio diste grande aramio de espiños estructural...  

















Simultaneo ós Aberto no hemisferio Norte desenrolouse a multitudinario Aberto das festas do Carme en Marin donde a semente Lipi-Lape nos cenrtros de ensino da zoa deixase sentir coa gran presencia de palanadores e palanadoras de primeiro dente.

















O parque eguren amosaba un espectacular aspecto que demostra ás claras e pegada da LNB en Marín que serve para coller impulso cara o gran desafío que ten ante si a referencial Conf. Sur. pese a estar en loita unhas das grandes estrelas do deporte da billarda e dos bolos celtas no páis , Gines, o actual campión nacional de Varados non puido saborear o doce trago da vistoria que foi para op gran harmonicista e palanador local Gelín.













Pechaba a frenética find. o Aberto das Festas de Vilalonga , espectacular paraxe para encher o ceo azul de billardas coa que desafiar o asedio das gaivotas , chulísimo trofeo o diste Aberto no corazón das. RíasBaixas que continúa coa fenomenal  filosofía do facémolo nós mesmos ...Billarda Sempre, Adiante co Varal!!

1 Comments:

  • At 10:06 PM, Anonymous Anônimo said…

    Volve a ganhar o Faísca!

    Grande Gelín!!!

     

Postar um comentário

<< Home