O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

terça-feira, julho 30, 2013

ISTE VERÁN EN CADA PARROQUIA.....FESTA INDIXENISTA OU BARBÁRIE!!















O que comezou sendo unha brincadeira fai un tempo comeza a pouco a povo tomar forma no subconsciente colectivo de multitude de palanadoras , palanadores e xente afín á nosa revolucion que xa está farta de celebrar festas vacías de contido ou que artificialmente son celebracions absurdas e cun noxento tinte comercial e de época . Diversos colectivos pola soberanía deportiva ,alimentar , cultural e social impulsados polos últimos acontecementos  de acotamento do esparcimento á xunventude alegre e combativa surxe a idea da celebracion da posibel gran Festa do Indixenismo Galego .














Por desgraza as comisions de festas do país permanecen xordas ó laio indixenista dos veciñ@s esixindo a brutal combinacion de sesions vermuts e verbeas animadas con música de grupos, orquestras coma Alcazar e dj indixenistas xunto coa Billarda e futbol gaélico coma actividades deportivas xunto cun cátering e instalación de Cantinas coordinado polos referenciais Carnelao ...dende logo a pataca quente está no teito dos centos de comision de festas das parroquias e vilas do país ... cando che veñan pedir á casa esixe Festa Indixenista ou senón bótaos a patadas e a palanazos na cabeza!!