O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

segunda-feira, julho 08, 2013

PESADELOS DE ANHO>> DO #CarnelaoAnhofest Ó INCENDIARIO ESPECTÁCULO DE ROCK E CONTRADANZA " BATXATA INDÍXENA"!!
















Espectacular imaxe que adianta a serie de brutais estalos do primeiro FotoKol Billlardeiro realizado durante a desputa do Año da LNB , atentos ás redes anti-sociais da LNB porque por ahí asomarán os xostregazos!!



















E se antes do Interparroquial falabamos de "Soños do Año" o xá mítico cadro no que Muriego plasmaba na súa arrepiante e intensa espera antes de saltar ó campo de xogo , a mesma noite unha vez rematada a desputa do Año no Campo da Vía  foron a moitos os palanadores e palanadoras que tiveron o mesmo e desacougante pesadelo " LNB #CarnelaoAnhoFest" , ista imaxe comprimida en flashes eran os estalos que chegaban ó subconciente dos activistas LNB que tiveron toda a xornada convivindo unha experiencia tan intensa co Año   que se negan a admitir que o fin das ostinidades marcara o fin da relación palanador-animal..



















Sen dúbida o LNB #CarnelaoAnhoFest sería o marco perfecto para que os Ex-Tension Agraria desenrolase con toda a plenitude e dimension o incendiario espectáculo que preparan riba dos escearios , co Año da LNB apadriñando Ex-Tension apresentan ó novo e vello mundo, o nome de algo para o que moi poucos , a un e outro lado do océano están preparados ...Pagarédelo coa salú se non vedes " BATXATA INDÍXENA"

3 Comments:

  • At 9:21 AM, Anonymous Anônimo said…

    O año da foto é de verdade ou é photoshop??

     
  • At 11:57 AM, Anonymous Anônimo said…

    coma todo o que arrodéa o mundo da billarda é auténtico e anti-natural!!

     
  • At 2:03 PM, Anonymous Anônimo said…

    o do anho é verdade. foi num concerto no brasil em que tocou Ilegível

     

Postar um comentário

<< Home