O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

sexta-feira, julho 19, 2013

XABARÍNS, CHICHARROS LAÑADOS , PRAIA , SOL E LIPI-PAPE...ADIANTE A SOBERANÍA DEPORTIVA , SOCIAL E ALIMENTAR!!











Iste fin de semana concentracion ó máximo para afrontar en condicións o Alpe d´huez do sábado pola tarde que ten un im importantísmo compoñente Carnelao que non vai deixar a  naide indiferente. Co exitazo das chourizadas contra a corrupción xestadas pola brúxula hiperactiva e famente da soberanía alimentar coma telón de fondo, iste sábado arrincará apatrires das 16:30 h. no festival da Chaira na Pastoriza un dos míticos Abertos que segundo informan os organizadores terán como premio un espectacular exemplar de xabarín que recibirá o campión ou campioa uns meses máis tarde xa listo para inxerir ou chorizar. Unhas espectaculares estatuiñas serán os trofeos que acrediten máis para diante o posuidor ou posuidora das bolsas do conxelador.
















E de costa imposibel da praia fluval de Baltar ó Atlántico piscina de Marín donde un pouco máis tarde a iso das 18 h. arrincará no Parque Eguren o II Aberto de Lipi-Lape das Festa do Carme. Alí seguro se darán cita  grandes estrelas da Conf. Sur e Rías Baixas que medirán niste Aberto de pretempada como están as forzas nun contexto estival no que as transfusions de sangue e a dopaxe de todo tipo de sustancias están totalmente permitidas.


















E un pouco máis tade ca en Marín, mais iste vez na beira cantábrica do páis , concretamente no Peirao da vila de Foz , a iso das 19 h. os chicharros e as billardas voltarán  voar de novo xuntos,  despois dunha parálise de varios anos a serpe multicor volta chicarrizarse e faino por primeira vez no contexto da Festa da Patria donde as estreleiras , chicharros e estornelas inundarán o ceo co que desafiar o turismo colonial que inunda a mariña toda.
















Unha terrorífica plaga que en igual ou maior medida se cabe  soporta o enclave do Salnés donde iste domingo apartires das 17 h. se celerará unha nova edición do Aberto das Festas de Vilalonga que por mor dun problema final se translada ó aparcadoiro do novo campo municipal do Revel , todo listo pois para por mar , terra ou ar ista find. acudir ós Abertos da LNb e ceivar o sioux que levas dentro..Billarda Sempre , Adiante co Varal!!