O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, agosto 08, 2013

FACHENDA GALEGA .... XOGA Á BILLARDA E LANZA O TEU DNI O MÁIS LONXE POSÍBEL!!



As múltiples facianas dos activistas billardeiro-musicais non deixan de sorprendernos despois de ver ó alama mater de Fachenda Galega pouco menos que sodomizar o seu palán e a súa guitarra nas festas indixenistas da Taberna da Cancela coma colofón do Xerro do Salnés asoma istes días á rede cunha impactante intervencion sonora acompañando á espectacular voz de Tania M. Fandiño cuxa combinacion de ambos sobre o esceario enche de calidez e sensibilidade o corazón da máis salvaxe das bestas bravas .



Un palanador dos referenciais ·"case lle din" que de seguro ó igual ca moitos dos outros gostarían de estar tamén na espectacular proba de lanzamento de DNI que se celebrou en Tavérnoles , unha especialidade que  impulsada polos irmáns da Asemble Nacional Catalana arrasa en catalonia cun novo record nacional  situado en 27,54 m e que da man da LNB prepara xa a súa priemira gran tirada na Galiza , nista find de infarto no Aberto do festival 27373 Begonte , no Aberto de Sabucedo , no Aberto de Chans...e nos que vaian surxundo debaixo das pedras , palanadores e palanadoras van ir quientando a boneca para o gran torneo de lanzamento de DNI español nas pistas da LNB, non hai mellor preparacion que mentras se agarda o turno de carreira quentar os músculos arrebolando o mais lonxe posíbel o DNI para deixarlle sitio á tua única identidade indíxena...Billarda Sempre , Adiante co Cané de identidade LNB!!