O VARAL

EDITADO POLA LNB [ Liga Nacional de Billarda ] >>>>>> ovaral@hotmail.com

quinta-feira, agosto 22, 2013

UNHA MATRIA , UN DESPORTO , UNHA LOITA ....E UNHA ÚNICA BANDEIRA!!

















Alebrestradas e impactantes imaxes capturadas en Begonde durante a celebración do explosivo Festival de 27375 . alí estiveron os indomábeis activistas LNB realizando un incendiario Aberto cuxas lapas saltaron ó esceario alimentado un xa próximo mencer vermello e billardeiro...

















Poucas banderas se poden abrazar xa sen medo a lixarse ...sen dúbida a da LNB é unha delas , así o demostrou Bocixa durante a brutal actuacion de Zënzar en Begonte e así o certifica a actuación de cada unha das palanadoras , palanadores e Conferencias nistes anos de intensa andaina polo país adiante...e atencion porque A Pontenova , Angueiros en Quiroga , O Incio no festival Terra Brava serán algunhas das próximas paradas billardeiro-festivaleiras ó carón da Pastoriza e do posíbel chimpo ó outro lado da ponte dos Santos.